Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

República [en España]
Estamos a vivir un momento histórico (e histérico) O fillo do rei quere continuar ca mesma leria que o seu pai. Non aprendeu nada nestes anos? Do pouco que se lle ve con sentido e que entendeu é que afeste da igrexa. A xente nova non quere saber nada do pederasta vaticano. Esto queda para outro post.



O rei, nomeado sucesor do franquismo polo mesmo Franco e posto aceptado por el, quere que todo sega igual. Vese que non houbo en case 40 anos suficiente aínda. Temos a un home que nada fixo pola democracia e desentendeuse dos cidadáns. So lle importa vivir á conta nosa e encher os seus petos. O fillo, paspán coma el, quere o posto. Para que? Xa debera saber que hai cousas que non se poden herdar. A honradez é unha e intelixencia outra. Na familia real non teñen ningunha das dúas, tampouco vergonza.



República Española

O herdeiro do franquismo négase a condear o franquismo e ata nega a persecución do galego, o euskara e o catalá. Como bo franquista a culpa foi sempre dos rojos, que algo farían e sempre serán sospeitosos. Pois con este homiño garantindo a impunidade dos franquistas non houbo maneira de ter un país con cultura democrática e xustiza. Pero el segue nas mesmas e pretende que lle dean impunidade total... para seguer sendo comisionista que Urdangarín non é xa da familia real... que se J!



Pero o seu fillo debera ter máis sentidiño e entender que os tempos trocaron. ¨Tivo 20 anos para facer outro país. Amosar que pretendía unha democracia e un país do século XXI. Poidera ter axudado a xente nova a formarse, crear un novo tecido social e económio. Un pais con futuro. Non fixo tal. Pensou que nas alfonbras do seu paí era máis e mellor o futuro. E agora ven ca mesma merda monárquica. Xa non cola. Internet trocouno todo e veremos que lle pasa ao rapaz e se as súa pataletas e as da trepa da muller nos deixan a todos como un país do cuarto mundo. Onde nos teñen estos metidos.


Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 17-06-2014 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal