Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

mala calidad y servicio [en publicidade]
Un pode leer a prensa iste domingo e quedar abraiado. Os publicistas están tolos?


Y todo esto a pesar de que nuestra competencia
dice que damos mala calidad y servicio

La estrella Cementos, dixit
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 28-06-2009 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
obxectos do chollo [en policía]
a policía ven-de incautar obxectos que din pertenceron aos folguitas de vigo

Entre os obxectos de presunto uso delictivo están (atención): parafusos, arandelas, tuercas... Como todo o mundo sabe nos asteleiros non hai disas cousas. E claro son obxectos que fora de toda dúbida se empregan pra montar troula



http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009062600_10_342551__Economia-Policia-Nacional-muestra-objetos-incautados-huelguistas

Sen ameijeiras a madeira segue nas mesmas berzas
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 27-06-2009 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
conxuro na noite de san xoan pra web 2.0 [en meigas]
escoitei dicir hoxe que pra ista noite buscarían conxuros na internet. E pensei eu que razón teñen. Hoxe todo o mundo está a buscar información na rede pra calquera cousa. Que menos na noite de san xoan. Algo poñerá na rede que poida ser de axuda. Dende aquí aporto o conxuro web 2.0 no século XXI. Que perdoen os vellos e puristas de isto dos meigallos. Porque meigas hainas e trasnos sobran

CONXURO WEB 2.0
Igredientes pra tres persoas (menos son parella e máis multitude)
-Unha peceira (non vale mac)
-Alcohol, que non sexa de jarrafón pero tampouco de marca
-Algo pra remexer (o líquido, se entende)
-Sucre, doce ou tamén mel
-Aljo de caña (do país)
-Especias, tamén valen se son normais
-Aljún ingrediente proprio, por iso de personalizar e customizar


UN chimpar todo no caldeiro, importante poñer cara de que se sabe o que se está a facer (lembrar alcaldes en campaña)

DOUS arremexer, tamén se di mixturar, hai quen só lle da voltas

TRES aprejuntar aos presentes que queren pouco, moito ou irán cheos

CATRO é o número máximo de voltas que se lle debe dar ao caldeiro en cada quenda

CINCO...

SEIS mal si no lo veis

SETE nin se che ocurra ser o primeiro en probar o mexunxe

OITO meijas fora!

NOVE gurús tamén fora! (vaia o demo neles)

DEZ toma outra vez

ONCE non te poñas cego

DOCE cacharos en total
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 24-06-2009 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Overbooking na rede de R [en compartir]


R in peace




Cable R acaba de dar un novo paso a ningures. Ante a evidencia de non ser quen de aumentar o servizo. Hai xa que dar conexións a 100 megas. R é caro, R é elitista. Non pode ser que unha empresa poña a funcionar un "servicio" de móbil e por unha tarxeta (só pola tarxeta) teñas que asinar un contrato de permanencia de máis dun ano!

Para despois facer spam telefónico e chamar aos clientes ofrecendo... móbil. E claro cando lles dis que tes contrato con operadores virtuais che digan:

-ah, no. Esos son más baratos. Trabajaremos para mejorar nuestra oferta

Que son máis baratos xa o sabemos todos e que vosoutros sodes máis caros tamén

pólvora mollada
agora R ven de descubrir a pólvora humedecida e ofrece compartir o teu ancho de banda. Ollo, non o deles -> o teu!

Eu vou montar negocios así. Oiga, vostede non emprega o coche? Pois llo alugo EU a outros

Ti vas a un restaurante. Pides un prato de croquetas. Ten 6 croquetas e xa che din. As que deixes no prato dámosllas ao seguinte

Vostede merca botellas de viño? Pois xa sabe. As que non remate traias de volta ao super que llas dan aos que merquen viño
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 14-06-2009 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal