Nemigo Galiza |
|
Non son partidario dos blog |
|

|
Nemigo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
RealAG sempre en GALIZA [en redacción] |
|
http://www.avoz.com/galicia/2008/06/08/0003_6886803.htm?idioma=galego
venme de sorprender (outra vez) a REAL Academia Galega dicindo que o nome da Galiza é Galicia o único, grande e libre nome é -> Galicia
G A L I C I A
Castelao errado, medio pobo galego enganado, o país en pleno proceso de catarsis ante tamaño descubrimendo da REAL academia galega.
Lembremos que se ten solicitado á carca institución posicionamentos claros en defensa da toponimia galega. Non moveron un dedo. Agora a bipartita xunta consúltalles como se chama galiza. Mira que podían consultar cousas. Pero non. Eles queren saber o nome da Galiza. E quen mellor pra dicilo que a institución "real" e franquista
Dende o autismo que caracteriza ás institucións académicas (non se enteran da sociedade, da cultura e moito menos do país.) pero saben dicir agora que isto se chama GALICIA. Manda carallo! Galicia canibal, que se dicía. E pregúntome eu: se saben que o nome é galicia porque non o dixeron antes? Claro! E que non lles preguntaron. Todo isto lembra ao chiste de ise que naceu e non choraba. Fixo a primeira comunión sen falar. Rematou os estudios sen dicir ren. Foi facer o servicio militar e volveu sen falar. Todo o mundo pensaba que era mudo. Cando tiña corenta anos dixo un día na cea:
-mamá, a sopa está fría
Todos quedaron abraiados. Sabía falar!
A nai preguntou. E porque non falaches antes?
-Todo estaba ben ata agora!
Pois nada, xa sabemos que a RAG ten lingua (agora queda por demostra que teñan cerebro)
De tódolos xeitos foi unha boa cousa que en san caetano pensaran na RAG pra saber cal é o nome da galiza. Alguén se imaxina se fixesen a consulta no blogomillo... (miedo me dan)
NOTA lembrar que a real academia galega ten como membro honorífico a un tal francisco franco baamonde claudillo de españa por la gracia de dios. Ou foi ao revés?
http://blogoteca.com/arandeeira/index.php?cod=4015
A mesa pola normalización linguistica pon un pouco de senso nas senís declaracións da REAL academia galega
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=11&idNoticia=311295&idEdicion=909
Máis exemplos de sentidiño no chollo
http://www.avoz.com/galicia/2008/06/10/00031213098270291293357.htm?idioma=galego
Paso á acción directa:
e mail enviado ao museo da REAL academia galega, copia
srs,
como vostedes ben saben francisco franco baamonde e mailo seu irmán (así como fraga iribarne) forman parte do staff da real academia galega. Gustaríame saber se isto terá remate algún día, ou ben vostedes chimpalos fora!
Tamen quixera consultarlles a vostedes sobre as súas vinculacións políticas. Hai que ser monárquico pra pertencer á REAL academia galega? Consideraron vostedes a posibilidade de chamarse REPUBLICANA academia galega?
Xa por último pedirlles escusas por non dirixirme a vostedes en inglés. Sería máis pijo e cool
SEMPRE EN GALIZA |
|
|
|
Netiqueta pra gurús [en redacción] |
|
Faise necesario e case imprescindible unha folla de ruta pra gurús na internet. Existe unha escala de valor e utilidade dos integrantes da fauna na web. Os gurús sáense de isa escala (por riba e por baixo, como o chiste ise do que caía da cama polos dous lados.)
UN autistas, os gurús non se enteran da festa
DOUS pailáns, os gurús son de lugares remotos ideas simples e mentalidade corta
TRES os gurús, non queren que os sigan. Non, non vaia a ser o demo que alguén se decate que non van a ningures
CATRO o gurú, debe opinar de todo e de todos. As súas opinións son inútiles, absurdas e sen utilidade práctica
CINCO bill gates é o referente
SEIS guindous, implorer e guord (a santisima trinidade gurú)
SETE o gurú viste como na adolescencia e non sabe da existencia de zara
OITO o gurú expansiónase fora da internet. Festas, reunións xuntanzas pra papar e encher o bandullo. Onde den de papar alí se manifesta o gurú
NOVE conceptos básicos: software libre (ideas presas)
DEZ o gurú debe ter páxina propria. Vamos como o cu (páxina e cu as emprega para o mesmo)
ONCE o gurú quixera estar subvencionado por timofónica e mocosoft
DOCE o gurú debe banear como o burro ornear e galiña cacarexar...
TRECE o gurú non ameaza... mándate á merda directamente ou máis finamente: pasa de ti (e de todo e todos)
CATORCE o único que pode expresar opinións é o gurú (pallas mentais) os demáis son trolls
QUINCE o gurú é nerd (Nerd é alguén que sabe 50 posturas diferentes pra follar pero non coñece a ningunha muller)
DEZASEIS sinxelo é o apelido de gurú (sen xeo pero con whisky)
DEZASETE o gurú gusta das leis. Que el non cumpre e cas que ameaza aos demáis
DEZAOITO o gurú ten email público. A onde lle podes mandar sempre mensaxes... que nunca responderá
DEZANOVE o gurú snifa (a rede)
DEZ E DEZ que diría o gurú
VINTE UN o gurú programará algo... que ninguén lle pediu, non serve pra nada e nada soluciona
|
|
|
|
|
|
|
|
|