Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A volta de mitrofán [en monárquico]
si amigos da fauna ibérica. Mitrofan, ise oso ruso larpeiro, borrachuzas e folgazán ex traballador de circo foi morto a mans (reales mans) de juan carlos primero de sí mismo. O rei proprio. Juan carlos primero por la gracia de dios (y ayuda del caudillo)

Pois o larperio (refírome ao oso) volve ser nova. A audiencia nacional (anterior tribunal de orde público) ven-de abrir a causa contra caduca hoy (outra vez)

http://www.lahaine.org/index.php?blog=2&title=la_audiencia_nacional_ordena_reabrir_la_




























































O texto da xudicatura é pra enmarcar di perolas como istas:


"mequetrefe" en alusión al monarca --que ataca la autoestima, indica-- y la expresión "el rey de copas", que parece denunciar, dicen los magistrados, "un hábito tóxico"

Pero aínda hai máis:

destacan también que el artículo califica a Don Juan Carlos como "sanguinario turista reincidente" lo que puede suponer "un ataque a los valores morales" de la figura del Rey dada su relevancia como Jefe del Estado, lo que conlleva "un descrédito ante la ciudadanía".

Un descredito ante la ciudadanía? Ah, pero ser designado por franco como sucesor non é descredito ningún!

Ista nova encántame (primeiro como republicano) xa que foi precisamente a primeira nova publicada neste enxendro de blog
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 19-06-2008 03:30
# Ligazón permanente a este artigo
Movimento (sic) polos Dereitos Civís discrimina ao galego [en penoso]
http://a-coruna.oferta.infojobs.net/desarrollador-web-blogger/of-i055041473024633863407000182097


Un pode ver como na empresa jalleja os traballadores son discriminados por falar galego outros din que tamén os discriminan por non falalo

E nos dous extremos saíndose da taboa polos dous lados temos ao Movimento (sic) polos dereitos civis (agora se fan chamar así) no que buscan a alguen pra traballar na súa páxina web. E que mellor xeito que buscar traballadores que facer o anuncio en castellano mesetario



Prepara un template para blogger segun los criterios de la empresa. Incluirá formularios y una pequeña tienda virtual



Isa é a descripción do chollo faltas de ortografía mesetaria incluidas
Lembremos que hai precedentes como o caso de vieiros que tamén ten publicado anuncios de traballo en castellano
Comentarios (2) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 19-06-2008 02:23
# Ligazón permanente a este artigo
República española [en terceira]























en política non é doado definirse. Refírome a auto definirse. Porque definir aos demáis é do máis sinxelo

Un exemplo: o pp é un partido de (extrema) dereita
Pero isa sería unha definición feita dende fora, allea a génova. Eles dirían que son de centro. E ate de centro esquerda :-)

Pero que un mesmo se defina políticamente non é doado. Non hai un espectro político tan amplo para iso. E moito menos opcións a votar e cas que sentirse identificado
Case todos diríamos que temos certa compoñente social, "solidaria", gustamos da xusticia, de certa igualdade (cando menos en oportunidades) etc Isas cousas que fan a sociedade "habitable"
A república no seu momento significou un avance neses obxectivos. A superación do feudalismo
No caso da españa foi moi dura a súa chegada, moi difícil. Os reis, igrexa, capital, exército... todos eles se opuxeron a ise cambio. A república gañou pero eles nunca o asumiron e moito menos aceptaron
Istes días vivimos outro episodio nesa intolerancia. A negación da realidade. Unha realidade que durante anos, poucos e a principios do século pasado, viviron na españa: a REPÚBLICA dende o 14 de abril de 1931 ao 1 de abril de 1939

Bono vennos a poñer os pes no chan (e na cabeza.) Podemos cruzar as nosas vilas, cidades e pobos e velas inzadas de mostras fascistas. Nomes de rúas, vilas, monumentos, etc Nada dixo de iso. Non. A bono lle molesta que exhiban unha bandeira republicana. Moléstalle como a aquela parella da garda civil que non vai moitos anos meteuse nun local de esquerda unida a quitar eles mesmos da fiestra unha bandeira republicana que segundo eles non se podía exhibir e así marcharon ca bandeira pra o cuartel. A bandeira foi devolta e os picoletos sancionados

Bono, superou todo iso. Ante uns ex presos políticos e víctimas do franquismo lles recrimina que amosen o que sempre defenderon: a repúbica
República pola que loitaron, ca que se sinten idenficados e pola cal tanto padeceron. Que pensará bono que ían amosar? Pois amosaron a súa vida, o que levan no corazón e defenden ca cabeza

Bono, que como di ramón tamames, xa aprendeu a dicir fascista (pra chamarllo aos demáis) díxolles a istes representantes da república-> que non volverán a entrar no congreso

Volvemos ao principio. Como se define a alguén que fala dende un cargo público contra os cidadáns? Non somos os proprios cidadáns quen eleximos aos políticos e decidimos quen entra e non no congreso?

Ao mellor (ou peor pra ti) eres ti bono quen non volta a entrar no congreso. Pero iso decidirase nas furnas

http://www.larepublica.es/forum.php3?id_article=11389#formulaire_forum
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 17-06-2008 02:54
# Ligazón permanente a este artigo
Google premio príncipe de asturias [en nun ye]
Google o presunto atopador ven de ser (en)ganado co prícipe de asturias (!)
A páxina isa que dis serve pra atopar información resultou gañadora pola súa contribución a que a información chegue a máis xente. O mesmo que fai calquera informativo do mundo pero sen publicar nada

Dende o "principado" parece ser que atopar candidatos e máis aínda gañadores está en crise. Agora se premia a unha empresa privada que non fabrica nada, non vende nada, non aporta nada novo... só che din que pode que atopes o que buscas pero... faino ti mesmo

chámalles parvos
No seu día, cando google non era nada abraiaba a páxina na que nada se amosaba. Non tiñan nin publicidade. Vamos que unha cabina de teléfono facturaba máis

Agora bótalles o can no rastro. Ata premios lles dan
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 12-06-2008 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
65 Horas semanais [en defunción]
a CE ven de aprobar a xornada laboral de 65 horas. Podería ser unha boa nova se fose as horas que van traballar os funcionarios e políticos europeos en bruxelas. Pero non, aprobaron as 65 horas pra os demáis traballadores. Eu quero ser político na CE

Como traballador son dos que vai anos que NON sei o que é unha xornada laboral de 8 horas diarias, 40 semanais e descanso sábados e domingos. Non o sei porque un traballador (en teoría) fai 160 horas ao mes e eu fago case o doble. Non compensa certamente facer tantas horas. Debera haber un termo medio. Pero como case todo necesita de control, proprio e alleo

o máis rico do cementerio
Legalmente na españa case non se poden facer horas extra. E as que se fan pois a facenda que somos "tontos" leva 1/3 porque si, porque hoy es hoy

Nin o bedel quere facer horas así e as que se fan son en cartos negros, mal pagadas peor consideradas e de dubidosa productividade. Na europa solucionaron isto pois "indo a cañón" Eles traballan 8 horas e cobran más que aquí traballando 10 ou 12. Pero non lles abonda e como a inspección funciona a "muerte" lembremos o caso dunha empresa jalleja que se foi a bélxica e puxéronse a facer o mesmo que por istas terras: horas e máis horas. Viñeron da inspección e moito saudo e amablemente lles dixeron que nada de facer tantas horas. Os jallejos puxeron medio sorriso e... nen puto caso A inspección belga voltou pola obra -> precintáronlles as máquinas e todos fora!

Na españa o máis parecido que se veu foi aparecer por alí o comité de empresa (que non a inspección de traballo) e botar aos traballadores fora do chollo por traballar domingos ou dias feirados

Na europa son coherentes: necesitan máis horas e modifican a lexislación para facelas. Os traballadores vanas cobrar
Na españa a cousa non chista así. Agora xa ten a patronal escusa pra non contratar máis xente, exprimir aos que teñen e continuar todos a mil euros os que os cobren

que tempos
Onde foi a iniciativa gabacha de poñer 35 horas semanais (cobrando menos)?
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 11-06-2008 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal