Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Che oleiros [en insulto]
"... hay personas que han venido desde cuba a esta inauguración pagando el billete de su propio bolsillo... "
(gelo dixit) Sábado, 28 de xuño de 2008



O Che

gelo é un curioso persoaxe que exerce de alcalde en Oleiros. Oleiros é un pequeno concello preto de A Coruña que soubo aproveitar isa proximidade e facer de ela o seu crecemento. Lugar residencial de moitas persoas que traballan en A Coruña e na zona próxima. Un concello que sería terreo sen uso e case sen valor pasou a ser zona cotizada e apreciada. O alcalde autoproclamado comunista nun concello de clase NON obreira. Xente q vive bastante ben en comparanza cos concellos veciños

As maiorías non son boas pra o exercicio da democracia e o respeto polos demáis. Así alternativa dos veciños (así se chaman) poido levar (e traer) oleiros durante moitos (pode que demasiados) anos

O alcalde comunista dun concello burgués, fixo e desfixo (en proporcións opinables.) En Oleiros vívese ben, iso parece. Pero gelo foi máis lonxe. Episodios como o derribo dun muro particular sen un só papel e as posteriores ameazas da policía local ao propietario remataron co alcalde en suposto fora de xogo político. Gelo volveu (a si mesmo) e con máis forza. Fixose ata promotor inmobiliario no seu proprio concello (nunca mellor dito.) Situacións absurdas como gelo dicindo que expropiaba os terrenos pra facer beirrarúas porque en oleiros o terreno era moi caro (sic) Ou dicindo que el investía os seus cartos como tódolos galegos (que máis quixeramos nós que ter o seu "ollo" pra os negocios inmobiliarios.)

O alcalde comunista (e rico) adicou rúas a Liste, á república española ao che... Non é dabomdo pra o alcalde. E decideu (nunca mellor dito) poñer unha estatua ao che. Persoaxe de dubidosa humanidade e de méritos discutibles. O alcalde se xustifica (non ten maiorías e o que lle queda) con que se puxese unha estatua á virxe non se protestaría. Boeno, descoñezo as similitudes entre a virxe e o che. Penso que a virxe non matou a ninguén. Do che non poden dicir o mesmo. Cuba é unha dictadura e o proprio che se desentendeu dela e de fidel cando viu que aquelo era máis do mesmo

180 000 euros
Agora o alcalde deixa outra mazá envenenada. Non hai unha estatua a Ganhi que ten bastantes máis méritos que o che e non matou a ninguén o che...

Protestaríamos se se pon unha estatua relixiosa nun lugar público. Pra iso están "os templos" ou as tabernas. Protestamos contra unha estatua ao che. Tamén protestaría se lla puxesen á CIA ou a Bush


GELO, PÁGALA TI E POLA NA TÚA CASA




Cámara ilegal na rotonda onde está o "monumento" a "O Ché"

falar ca boca chea sen cancelas
Por momentos a inauguración e os discursos foron subindo de despropósito. Unha presunta xornalista fichada a locutora a pé de rotonda criticaba moi solta ela aos que protestabamos contra os 180 000 euros gastados na estatua. Segundo ela o desplifarro fora máis na cidade da cultura (con dos cojones) En política habería que ter máis vergonza "el y tú más" debería ser desterrado vai moitos anos. Pero non. Dis que eu son malo... ti es peor
E o cidadán que carallo é? Paga a megalomanía de uns e outros e non pode dicir ren ou agardar que se teña sentidiño. Señora: protestamos contra a cidade da cultura, protestamos contra o monumento ao che... pero protestamos polos despilfarros e polas homenaxes a persoas de dubidosos méritos. Non protestamos porque o fagan os da dereita, os da esquerda ou os de arriba contra os de abaixo. Y quítate tú pa ponerme yo, non é a solución

O alcalde comunista de oleiros perpetrou a palabra. Falou pero non pra explicar os méritos, fazañas e bo facer do che que o farían merecedor dunha homenaxe. Non, o alcalde falou de bush, da guerra e de guantánamo. Dun satélite que foi derribado por un mísil (soa a coña e o é, pero falou diso.) Do malo que é todo iso (hai alguén que non o saiba xa?, e que carallo teñen todas isas lerias ca estatua do che?)
A dereita non ten nada que facer en oleiros, di o alcalde comunista

insulto
un picoleto despois da inauguración (con máis bos modos que idea) nos dicía aos que alí protestabamos ante a oscena exhibición dunha homenaxe a un asasino. Que asasino era un insulto e el tiña que actuar no momento que se produxesen insultos. Consultado de seguido se era insulto chamar fachas aos que alí protestabamos non houbo resposta máis que o silencio

Insulto é dicir que a isa inauguración ven xente de cuba pagando do seu propio peto o billete de avión Iso si é un insulto. Insulto á intelixencia. Insulto ao pobo cubano que pasa fame. Insulto aos que son represaliados en cuba. Insulto á liberdade

Che Guevara - Anatomía de Un Mito (Completo 1:10:08)


Fusilamientos? Sí
Fusilamos y seguiremos fusilando
Nuestra lucha es una lucha a muerte

(el che dixit)
Asamblea General de las Naciones Unidas el 11 de diciembre de 1964



O fillo de "o Che" non entende as críticas ao monumento ao seu pai en Oleiros
«Sempre aparecen inimigos ao pensamento do Che, vino varias veces, pero non recordo que pase en España» Camilo Guevara
http://www.avoz.com/galicia/2008/06/28/0003_6943500.htm?idioma=galego

reaccións delincuentes
Publica la voz de (caixa)galicia un artigo sobre a inauguración. Di nel que cando os que alí estabamos protestando contra isa homenaxe ao che e lle chamamos asasino ao che. O alcalde comunista de oleiros se dirixiu ao xefe da policía local de oleiros para que identificase a ises delincuentes

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/06/29/0003_6946282.htm?idioma=galego

Se non fose porque gelo é de sobra coñecido, el e as súas formas carentes de respeto a outras opinións e persoas (apoia á dictadura cubana por exemplo) Así que os que diciamos asasino á efixe do che somos -> delincuentes Que pouquiña memoria ten iste home. Parace ser que non quere lembrar que el chamou a Sharon asasino. Tivo que intervir o ministerio de asuntos exteriores e ata o mismísimo fraga (parece ser que cando falou con el non era fascista dos que nada teñen que facer en Oleiros) e retirou a súa campaña de insultos (?) contra o representante democráticamente elexido en Israel

http://www.libertaddigital.com/noticias/noticia_1276237753.html

http://www.lukor.com/not-esp/internacional/0411/16195742.htm

http://www.elmundo.es/2004/11/17/mundo/1720367_impresora.html

http://www.nodo50.org/unidadcivicaporlarepublica/opinion%203/intifada%20en%20oleiros.htm

E podería publicar bastantes máis enlaces do asunto. Gelo chamando ASASINO a Sharon. Ninguén lle chamou a el DELINCUENTE


hemeroteca da desfeita
Di o xornal que se independiza da mañá -> "Sólo seis exaltados vecinos, con gritos contra el régimen castrista, intentaron, sin lograrlo, entorpecer la inauguración." Asinado por PAOLA OBELLEIRO

Non sei con quen falou ista muller, debo ser un dos seis a quen non preguntou. Nada teño que ver con oleiros. Exaltados di? Estivemos calados mentras gelo despotricaba as súas pallas mentais. Só se protestou cando dixo que viñera xente de cuba pagando o billete do seu propio peto. E cando se descubreu a estatua chamando ao che o que todos que queiran saben: é un asasino Fumos nós insultados e nos tentaron agredir. Foron dúas persoas un señor maior con intoxicación e unha señora maior histérica superada polo evento que foi bater cun menor de idade por certo. En ningún momento nos achegamos ao monumento nin se impediu que outros se achegasen

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/siempre/Oleiros/libre/elpepuespgal/20080629elpgal_15/Tes

Outra vaca no millo 20 minutos
Sin embargo, una decena de personas increpó al alcalde...
Nadie "increpó" ao alcalde. Coreouse asasino dirixido ao che. Ese monumento é un insulto aos centos, miles de víctimas. Nunca se pode erixir un monumento a un asasino e moito menos facerlle unha homenaxe
http://www.20minutos.es/noticia/393961/0/che/oleiros/coruna/

Listaxe de blogs sobre iste despropósito
http://cronicasbarbaras.blogs.com/crnicas_brbaras/2008/06/el-ch%C3%A9-de-oleiros.html

Moi boa reflexión cunha conclusión moi clara: a culpa de todo isto é do PP, PSOE e BNG teñen maioría os tres. Suficiente pra chimpar a seoane pra cuba
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 27-06-2008 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Querida María Jesús [en aldea]
http://www.amesanl.org/noticias/noticia_tipo.asp?IDNOTICIA=1206

El resto de su escrito no se si se lo escribe su hijo de 2 años o es algún dialecto con el que hablan ustedes en su aldea. (sic, maria jesus dixit)

De novo nos sorprenden (cada vez menos) ca ignorancia na españa. Esta vez unha traballadora chamada María Jesús amósanos o seu nulo respeto e coñecemento da galiza



Amiga María Jesús, te escribo con la confianza que me da conocer algo Madrí y mucho Navantia

Un compañero de trabajo decía que madrí tenía el urbanismo de un campamento gitano (sic) La verdad es que bonita la ciudad no es, ni la ciudad ni sus alrededores. Y bueno de los madrileños no digo nada (no conozco ninguno, dicen que habelos hailos) tampoco los busco en el metro, allí hace tiempo que se llenó de sudacas, moros y demás (como decís vosotros)

Marijose (son las confianzas que me tomo como haces tú) mi idioma es milenario, ya se hablaba antes de que castilla fuese reino y madrí capital porque por aquel entonces ni aldea era madrí

Compañera mari, Navantia fabrica buques de guerra. Esto quizá en madrí no se entienda bien, allí el manzanares no da para mucho. Pero no hace buques por su cara bonita (si fuese por eso, los harían en la moraleja, no) Fabrica buques porque saben de su trabajo. Cuando tú sepas hacer el tuyo quizá les puedas ayudar




Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 26-06-2008 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Un lector de Xornal.com le saca los colores a los responsables de Internet [en NPI]
http://www.xornal.com/article.php?sid=20080623192200

Pensei que en telecomunicacións tiña visto e lido de todo. Pero non. A realidade superanos a todos e a todo

Os responsables de internet, que lles sacan os colores? :-)
Pero quen son os "responsables" de internet? Existen?

Como se enteren na $gae de quen son... vanos poñer finos
A partires de agora cando alguen cometa algunha desfeita na internet xa teñen que dicir: non fun eu, foron os responsables de internet!

Pra facer titulares vale calquera, iso ou os becarios seguen en prácticas

NON EXISTE NINGÚN RESPONSABLE DE INTERNET

Habería que modificiar ata a constitución española pra que houbese tal

Polo texto o pobre cliente en potencia parece ser que entende que timofónica é quen ten que darlle a conexión a internet e isa conexión ten que ser (por collóns) ADSL

NON EXISTE OBLIGACIÓN POR PARTE DE TIMOFÓNICA (NIN DE NINGÚN OPERADOR DE TELECOMUNICACIÓNS)DE DAR CONEXIÓN E MOITO MENOS VÍA ADSL

Comentarios (65) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 24-06-2008 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
Dolmen de Dombate [en restauración]

Dolmen de Dombate baixo cuberta festeira


como xa fixera máis veces achegueime ao dolmen de Dombate. Lembro de pequeno unha excursión alí. Ver aquelas pedras xuntas, un entorno rodeado de piñeiros. Subir ao dolmen e entrar nel
Vai un ano, cando estaba cuberto por un toldo penoso voltei por alí. O lugar está rodeado dun peche. Todo parecía abandonado
Este fin de semana voltei por alí. Para ver se era certo o dos traballos de investigación e a dignificación do entorno. Hai unha inmensa carpa de feira cubríndoo todo. A lo menos parece que xa se toma en serio a deputación de A Coruña Dombate. A idea que teñen é construir unha estructura de madeira sobre o Dolmen, un museo ao seu redor. Que se poida ver e que estea protexido da choiva, do sol, do vento... da xente

Dombate transmite algo. É algo sinxelo, directo, cotiá. Cas pedras cas que os nosos antergos facían os seus castros fixeron ise dolmen

Se visitas agora dombate unha amable guía che explica o que é ise monumento e o que pretende facer a deputación. Antes ca min estaba a falar con outro home que se mostraba decepcionado Decepcionar Dombate?

Historia
Cando se estaban a construir as pirámides e Stonehenge galiza entrou na historia. Ao mesmo tempo que ises pobos. Nun recuncho da Galiza os nosos devanceiros acadaron a inmortalidade
Galiza acadou conciencia de seu. O tempo pasa e eles quixeron deixar a súa pegada nel. Os seus descendentes, os demáis pobos saberían que na Galiza vai 5000 anos o tempo parouse en Cabana de Bergantiños

Dombate, o dolmen, as súas pedras, o esforzo en construir o seu monumento non daría mellor vida ao seu pobo. Non terían as súas xentes máis pra comer, nen mellores roupas, a terra non sería máis fértil o clima máis xeneroso nin os seus guerreiros máis bravos. Non necesitaban nada de iso nin pretendían demostralo

O seu esforzo. A súa organización social. O xeito en que vían o seu entorno e a súa vida. Iso é Dombate
Dende 5000 anos mandáronnos unha mensaxe. Eles non tiñan os medios dos que construiron as pirámides, nin eran tanta xente como a que fixo stonehenge pero fixeron o dixeron o mesmo -> somos inmortais

DECEPCIÓN é a cidade da cultura
DECEPCIÓN é a tvg
DECEPCIÓN é a RAG
DECEPCIÓN é o canibalismo do pobo galego
DECEPCIÓN é a ignorancia

O noso pasado nunca decepciona. O noso pobo nunca decepciona

Imaxino ao pobo que fixo Dombate. As xentes sudando baixo o sol, os cativos xogando ao redor. Os vellos mirando cos ollos húmidos como se ordenan as pedras e se honraba aos mortos. As mulleres ledas de que todos estean xuntos

Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 23-06-2008 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
Revilla teacher explicando a crise actual [en Iraq]
Impresionante o vídeo de Revilla (presidente de cantabria) explicando a crise actual. Solbes, zp e psoe que aprenda ->





Revilla non gaña nada explicando de onde ven a crise actual. De 25 dólares cando bush, blair e aznar deciden iniciar a guerra ilegal de iraq. Hoxe 140 dólares o barril

Un monstruo Revilla
Comentarios (42) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 21-06-2008 01:15
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal