Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Netiqueta pra Nerds
En textos anteriores aportaba netiquetas pra web(on) masters e spammers. Agora tócalle o turno ao lixo da web 2.0: os Nerd Son o peor do peor. Os nerd son como os políticos. Conscientes dos problemas e limitacións pero que nada fan por mellorar ou solucionar nada. Na internet: nada aportan. Son lastre

Un Nenguén se recoñece como web(on) master ou spammer. Os Nerd si se fan chamar así e se chuzan diso

Dous Nerd é alguén que sabe 50 posturas diferentes pra follar pero non coñece a nengunha muller

Tres O nerd non ten amigos, só intereses (proprios)

Catro Catro é o número de gatos e de nerds por web

Cinco Os nerd están por riba de todo e de todos. Dando polo...

Seis Os nerd non fan, non deixan facer. Non din nada, nada queren que se diga. Non ensinan, nada amosan. Nada, nada, nada... Viven das súas pallas mentais

Sete Non se chega a nerd. Se é nerd e punto

Oito O posto de nerd é incompatible con outros cargos. O nerd é un inutil a tempo completo

Nove O nerd é necesario. Igual que son necesarios os floreiros aínda que estean valeiros e non se emprguen nunca

Dez Afástate dos nerd. Un usuario preto dun nerd é o que os militares chaman: danos colaterais

Once O nerd sempre está en contra de todos e a favor de todo. O seu é a homofobia e a gacheto manía
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 07-06-2007 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal