Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

20 anos non é nada [en universidade]
hai máis de 20 anos cheguei a ese enxendro que chaman universidade. Xa estivera antes o meu irmán e algo sabía de como era aquelo. Neses tempos ou estudabas ou tiñas que facer o servizo militar. Se eras estudante podías pedir prórrogas e adiar o servizo militar. Todos probaban na universidade. Ademáis se pedías bolsa mentres se decidía se cha daban non tiñas que pagar, e cando cha denegaban marchabas sen pagar. Como se ve era un plan infalible.

Pois alí cheguei eu entre outros 100 mozos máis. Un día como outro calquera veu pola aula unha muller morena de melena rizada, beizos grosos e ollos azuis (eran azuis?) escondidos tras unhas gafas. Era unha alumna da delegación de alumnos, unha especie de representación dos estudantes. Falounos que sería bo que algúns dos novos se presentasen para representar os nosos intereses na universidade. Entón 1/3 dos votos que decidían a xestión da facultade estaba en mans dos estudantes. Eran tempos revoltos na xestión universitaria e estaban todos contra todos. A xestión era un caos, coma sempre foi e segue sendo.
Foron varios os que colleron algunha daquelas follas de inscrición. Un deles fun eu. E para completar a desfeita entreguei a folla cuberta na secretaría. Houbo eleccións e saín elixido. Creo que era o 5 en número de votos. Non me coñecía ninguén nin pensei que fora a ser elixido pero pasou. E así entre mil que eramos estábamos uns 30 no posto de delegado de estudantes. Para pasmo propio e alleo, e susto meu, tamén alí estaba eu no salón de actos formando parte da dirección da universidade. E vía case tódolos días a aquela morena de melena rizada. Podía achegarme a ela e falar algunhas frases, pero non máis. Non pedía máis. Non escapaba de min nin me ignoraba.

Era agobiante ver a falta de axuda no posto. Dende o profesorado ata o persoal administrativo andaban a paus tódolos días. Era unha liorta de demolición sen contemplacións. Así o primeiro chollo que tivemos foi a elección do director do centro. Foron reunións e máis reunións con candidatos. Os alumnos tras un longo debate votamos apoiar ao que sacase máis votos elixindo entre nós fose cal fose. Daba igual o que votases se saía outro candidato o apoiariamos. O voto era segredo, tanto entre nós como o que se faría entre profesores, persoal e alumnos. O candidato elixido a director foi o apoiado polos alumnos. E así foi como me atopei en reunións de dirección e cos problemas de tódolos días na universidade. A candidata perdedora fora apoiada maioritariamente polos profesores e iso nunca no lo perdoaron. Xa o día seguinte ás eleccións souben de que ia aquelo, un dos profesores deunos un mitin na clase apuntando directamente a min coma un dos culpables da elección. Os outros representantes de alumnos uliron a desfeita e ese día non foron a clase. Ninguén me dixo: oes, non vaias que che van zoscar. Papei eu a bronca. E xa vin entón de que ía aquelo.

Entre reunión e reunión coincidía con esta muller que me gustaba pero non pasaba de aí. Sabía que tiña noivo e estaba dous cursos por riba de min. Era inalcanzable. Pero estar preto dela xa me valía. A presión e agobio subía cada día. Non había máis que problemas na uni e xente non axudaba, ían ao seu. Lembro que para pasar de todo aquelo decidiría ir ao cine un fin de semana, era un proxecto aventureiro. Poñían no cine telma e louise. Case durmo na peli. Cando saía da sala polo pasillo central levantei a cabeza para mirar á cola de xente que había e recoñecín o seu plumífero de costas. Estaba ela alí pero eu pensaba que non me vira. E tampouco quería que me vise. Mirei a un lado e outro para buscar outra saída pero non a había. Saudoume cun sorriso, díxenlle ola e marchei de alí sen máis. Estaba soa alí, ia cunha parella amigos seus. Eu non me decatara entón, pero si me vira e fixera por saudarme. Pero non me decatei. Son un crack.

acoso e a por todas
Pasou o tempo e uns meses despois estaba no troco de clase. Coincidimos os dous nas escaleiras. Viña pensativa, saudeina e preguntoume se había clase agora. Díxenlle que si, ela nunca viña a clases de primeiro. Entrou na aula antes ca min é púxose ao fondo. Eu sentaba diante. Antes de empezar a clase achegouse a min e sentou ao meu lado. Non lle din importancia, xa tiñamos falado máis veces e estabamos cómodos xuntos, canda menos eu. Ao meu lado, mentras seguía a clase, comentabamos cousas sen importancia. Pero a cousa non quedou aí. Cada vez se achegaba máis a min. A min sorprendíame que me tocase na man e cada vez estivese máis preto de min. Pero tampouco me molestaba. Comezou a achegar a súa perna ata tocar ca miña. Non sabía se era un accidente ou intencionado. Mirei para ela e ela para min e seguiu ca súa perna xunto á miña. Eu non sabía que facer e nada podía dicir. Puxen a man no seu xeonllo e mirei para ela. Non se apartou nin dixo nada así que puxen a man entre os sus muslos e deslicei a man ata o seu xeonllo. Seguín mirando para ela de reollo por ver como reaccionaba puxo un sorriso. Eu algo tiña que dicir. Que fago? Tentei pensar algo pero non sabía que facer. Quitei a man das súas pernas e escribín na folla na que ela estaba a tomar apuntes o meu número de teléfono fixo (entón non había móbiles) e díxenlle que me chamara e que falaríamos. Gardou o papel e ao rematar a clase marchou.

Entón non souben que facer, e hoxe sei que equivoqueime. Debín saír con ela desa clase e falar nese mesmo momento con ela no pasillo. Pero a situación era totalmente imprevista para min. Non esperaba que ela tivese interese por min e moito menos que tivese iniciativa. Aproveitouse da nosa confianza? Canto lle debeu custar a un muller tímida coma ela tomar a iniciativa?

tío que me quieres decir
volvín para a casa máis contento cun cuco. Realmente abraiado que unha muller así á que todos gustaban se achegase a min. Estiven horas xunto ao teléfono. Non chamou. Que fixera mal? Onde está o erro? Non o sabía. Pero algo non fora ben, non ía a ser tan doado como pensaba.
A semana seguinte había reunión da universidade, nos volveriamos ver. Mirei a un lado a outro para vela. Cando a vin estabamos sentados no salón de actos. Ela nun lado e eu noutro. Non se ía achegar a min así que achegueime eu preto dela. Falamos de catro obviedades e nun momento da conversa díxomo: tío que me querías decir el otro día.
Sooume a: non sei que estiven facendo pero es ti o que mo tes que dicir. Non sabía onde meterme nin que facer. Volvía a estar na clase aquela ca man entre as súas pernas pero agora si que non tiña idea de que facer. Todo estaba mal.
Non sabía que quería ela e moito menos se eu debía propor algo. Estaba como un polbo nunha garaxe. Era un peixe nun estanque de tiburóns e sabíao. Non me podía equivocar e non me fiaba de ninguén.
Que quería ela? Buscaba un polvo? non o sabía e non era quen de preguntalo. Era moito risco para sabelo. Despois souben que non era eso.

A partires de aquí todo foi de mal a peor
Gustábame esa muller. Era guapa e interesante e quería coñecela. Pero tiña que facelo pola miña conta. Sen esperar que ela axudase ou canda menos que ela quixese coñecerme a min e interesarse en amosarme como era. Sabía que ela tiña interese por min e eu quería amosarlle que si me interesaba ela pero debía facelo cando puidera.
Co tempo dinme conta que ela non buscaba un polvo. Eso xa o podía ter con calquera outro. Eu nunca tivera parella, só amigas e ligues. Non sabía o que era ter noiva e moito menos ter preto unha muller tódolos días interesada en min.
Cando ao final me decatei que quería ter algo máis dela xa era case fin de curso. Era imposible achegarse a ela. Cada vez que estabamos preto e falabamos era máis frío todo. Era imposible planexar unha relación a máis falando. A esta altura xa o seu noivo sabía quen era eu e cando me vía sabía que ela estaba por alí.

Un día xa tarde, non sei se eran máis das oito da tarde, xa levaba todo o día alí e estaba totalmente esgotado veu un amigo seu preguntando por ela. Que se a vira, me preguntou. Lle dixen que non a vira pero supoñía que estaría na biblioteca. El dixo que si ca cabeza mirando para min.
Alí ninguén dicía nada. Todo o mundo tiña opinións que non daba e que non solucionaban nada. Non interesaba a opinión dos demáis. Só o que outros facían sen consultar a ninguén.
Había que falar con ela.

pois non
camiñaba cara á biblioteca como quen vai ao dentista. Sabía que me faría dano pero había que ir. E só pensaba unha cousa: vaime dicir que non.
Estaba ela na biblioteca cunha amiga que xa había tempo me puxera as tetas enriba e que as quitou cando lle puxen mirada asasina. Estaba ata os guebos de xente que non dicía nada e que pensaba que ti farías o que eles queren porque o queren eles e deciden por ti, e sábeno mellor.
Preguntoume a súa amiga porque estaba alí. Cada vez que aparecía por alí ela pensaba que estaba por vela a ela. Non era así pero tampouco llo ia dicir. Pero tampouco quería ofendela a ela nin que se puxera a mal ca outra porque me interesase a min así que decidín dicir a verdade. Eu estaba alí porque estaba na aula de arriba. Dubideino pero díxeno.
Dixo un QUE! entre indignación e sorpresa. Entón non me decatei pero ela pensara que só ía xunto a ela para botar un polvo. Parece que eu tiña que agradecer que ela fose chorar aos seus amigos sobre o nulo caso que eu lle facía. Sempre me escoitara e me seguira no que lle dicía. Pedinlle se podía saír un momento para falar con ela. Foi comigo fora da biblioteca, pero por outro camiño. Xa nin preto me quería ter afastándose de min, normalmente era eu o que apartaba dela para evitar que se botase en riba de min.

Non lembro se lle preguntei se quería saír comigo ou se quería quedar comigo pero si lembro que me dixo que xa me dixera bastante.

Estaba demasiado esgotado para responder aquelo. O seu noivo chamábase coma min e llo podía ter dito. Que se equivocaba de apelido. Pero non llo dixen. Só lle dixen que con dicir que non era suficiente.
E eso dixo: Que non!
Dixo que non e que tiña noivo e o quería. Non preguntara tanto. Dunha tallada estaba eu ko. Pero quixen atallar o seu cabreo dicindo que eu non me metía neso.
Demasiado muller cabreada para min. É que non te podes meter, me dixo. Coitelada que terminou movendo o coitelo na ferida. Din por rematada a conversa, díxenlle ata logo e marchei. Marchei convencido de que fixera o que puidera, o correcto e que me dixera o que eu xa sabía. Demasiado esgotado para a derrota.

Quería que quedaramos como amigos pero non sabía como facer eso. A semana seguinte volvemos a coincidir na biblioteca (coincidir era que ela ía pola biblioteca e alí esperaba a que fose eu). Para este día o seu amigo xa lle tiña dito que era certo o que dixen eu. Que eu estaba na aula de enriba a semana pasada e que fora el (sen dicirlle nada a ela) o que viñera a "falar comigo" para que a fora ver. Non era un intento de enganala.

Senteime ao seu carón para continuar con algúns papeis de estudos. Non me puxo mala cara nin me dixo nada. Pero alí estabamos.
Eu tiña o pack completo:
non quería ir comigo a ningures, tiña noivo e o quería. Así non empeza novela ningunha.

Eu pensei entón que era moi orgullosa ao non recoñecer que se equivocara. Agora sei que o orgulloso fun eu por non me ter desculpado.

Eu estaba frustrado, doído e pensando que era inxusto. Pero nada de iso importaba. Non podía esixir nada e se non me gustaban as súas respostas non debera ter preguntado. Eu pregunto o que me da a gana e me responden o que lle peta, todo correcto.

Cada un marchou polo seu lado sen dicir máis. E así pasou o verano eu pensando que fixera o que puidera e que nada máis se podería ter feito. Me enganaba.
Non sei de onde saquei a idea pero aproveitando que sabía a súa data de cumpreanos (non sei se foi esta a escusa) envieille un libro adicado dicíndolle algo así como que non cambiara. Cando se iniciou o seguinte curso preguntoume se fora eu quen lle regalara un libro. Cantos libros adicados lle regalaban a esta muller?
Tampouco de aquela volvemos falar de nós, nunca o fixéramos. Non había nada. Pero xa o seu noivo estaba disposto a ir a por todas e non deixaba ocasión para estar preto dela.
Non había maneira de competir. El a coñecía, sabía o que había que dicir e o que non. Eu se abría a boca metía a zoca. Cada vez coincidiamos menos. Ata que a case fin de outro curso había viaxe de estudos. Eu cheiraba o que ía pasar e así foi. O seu noivo propúxolle ir os dous xuntos unha semana a barcelona compartindo hotel. Semanas antes comezou a esquivarme e non quería que estiveramos xuntos sos. Demasiado risco. Eu deixeina facer. Ela non sabía que eu coñecía o plan. Cando volveu de barcelona pensou primeiro que me enteraría da viaxe co noivo. Pero eu non troquei de actitude e non a esquivei. Pensou que non o sabía e achegouse a min. Sería un roubo entre ladróns. Ela pensaba que me enganaba a min e eu si a enganaría a ela? Non foi tal. Cada un seguiu nas súas.

Ela terminou na universidade. Nunca souben a onde fora nin con quen.

Vai uns meses vin un folleto dun partido político. Era de fai uns 10 anos. Aparecía a súa foto nun artigo. Presentábase como candidata na lista electoral.
Na foto estaba espectacular. Sen gafas, sen o pelo rizado, con mirada directa... unha muller.

Estiven durante meses pensando se facer algo ou non.
Podería poñerme en contacto con ela?
Debería facelo?
Lembraríase de min?
Querería falar comigo?
Había algo que dicir?
Que foi dela?
Estaría casada, tería fillos?
Que tería feito ela no meu caso?
Por que se fixou en min?
Que pensou que poderíamos ter xuntos?

Sei que lle fixen dano. Que o pasou mal. Foi culpa miña e nada souben facer entón. Gustaríame terlle dito que me parecía unha muller guapa, intelixente e que me tivo gustado coñecela. Pediríalle perdón por todo o que fixen mal, que foi todo. E agradecerlle o moito que me axudou.

Sei que a ela tanto lle tiña o que pensaban os demáis. Seguía ao seu corazón e loitaba por el.

Pasaron 20 anos de todo isto e non houbo outra ocasión de falar. Non van a pasar outros 20 anos máis.

O correo que viña nese folleto non ía. Devolveu o correo que mandei pedindo algún xeito de poñerse en contacto con ela.

Nas eleccións municipais de 2019 volvía ela a presentarse noutra lista electoral e o correo si parecía funcional. Está no forno. Agora depende de que o destino volva a xogar.

E nada depende de min. Nunca dependeu nada de min. Ela decidiu entrar na miña vida como un elefante nunha cacharrería. Deu unha patada na porta e tanto lle tiña todo incluído eu. Da o destino segundas oportunidades? A min váleme con poder pagar un café a esta muller e dicirlle todo o que non lle dixen vai 20 anos. Explicarlle a soidade que alí vivín e como ela deixou esperanza nun corazón solitario e baleiro.

Toda a miña vida cambiou tras coñecela a ela. Nunca volvín a tratar unha muller do mesmo xeito. Non permitín que ningunha muller andivese a dar voltas ao redor. Se non interesaba xa non quería que perdese o tempo ou se era eu quen me achegaba a algunha non permitía andar dubidando. Se a resposta non era clara e concreta cada un ía polo seu sitio. Co tempo chegaría coñecer a unha muller que me dixo que me quería e á que puiden dicir que a quería e iso débollo a ela. Durante 11 anos fun feliz.
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 30-05-2019 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal