Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

condicións de traballo dignas [en timofónica]
as augas están revoltas nas telecomunicacións do país. Agora resulta que timofónica non é quen de manter as empresas que para ela traballan. O seu beneficio pasa por exprimir aínda máis a contratas e subcontratas.

Timofónica



O que noutro tempo fora un sector con pulo (manda carallo) agora vive horas baixas. Os recortes duns e as baixas doutros teñen sen solgos ao personal. A competitividade de telefónica pasa por pagar menos. E nin curtos (e un xeito de dicilo) nin lacazáns pagan menos e punto. Se non o queres pasarás fame. E claro, como pasa nestes casos a xente aguanta ata que as empresas reventan. Son centos as empresas que petaron por non ser quen de adaptarse a unha faixa de tarifas que só pode ser rendible en empresas con moi boa organización e mellor capacitación profesional. Un sector afeito ao enchufismo e a poñer á familia por diante de todo está inzado de lacazáns parásitos (non so aliertas e urdangarines)
Pois os ananos reveláronse, xa ves ti. E resulta que as subcontratas e os falsos autónomos non queren seguir sendo escravos nin traballar para que os encargadillos e xefes (estes si son pailáns) sigan vivindo como os borbóns. Pisando moqueta todo o día e arrimados á cafetera.

Haberá solución? Seguro que si. Timofónica sempre estivo xogando ao límite e sempre saiu ca súa. Sabe ter políticos na conta e partidos que a defendan. A máis dos servizos do PPSOE suma a CCOO e UGT, sindicatos da patronal. Vendidos deixan aos traballadores que xa os votaron arengados pola empresa e por un: es lo mejor/es lo que hay
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 14-05-2015 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal