Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O fracaso de R [en telecomunicacións]


HTML Online Editor Sample



Houbo un tempo en que padeciamos o monopolio da malvada timofónica. Esa que nada quería saber da tarifa plana e cobraba por minutos de conexión. Son dos que viviu ter que navegar ás tantas da noite por non ter outra opción. A conexión ía a 5kb de baixada e 2,5kb de subida (as cifras son certas, non correctas). Entón xurdiu unha cableira diferente (eso nos dixeron) Supoñíase que ía ser á alternativa á prepotencia de "madrí" Tiña unha tecnoloxía probada: o cable. Por entón empezou a xurdir o ADSL do que telefónica dicía non era unha tecnoloxía probada (!) Os cable modem de R ían entón a 20kb (cifra certa, non correcta) Traballando para R aprendín moitas cousas e olvidei moitas máis. Pero sempre tiven unha por certa: sería mellor que Telefónica. Coitado de min.



Non foi así e R perdeu toda a ventaxe que tiña en telecomunicacións. A tecnoloxía de cable está superada pola de fibra óptica FTTH.


R foi ben recibida polos clientes fartos da prepotencia de timofónica, dos seus prezos abusivos e dun servizo terceiro mundista. Hoxe é R a empresa burocratizada. Apostou a unha orzanización parasitaria: baseada en contratas e terceiros que non da máis de si.

 





tivo a súa oportunidade...

Non podía ser doutro xeito. R tiña como primeiros accionistas a Fenosa. E Fenosa había anos que botara aos traballadores para deixar o chollo en más de terceiros (un xeito fino de dicir ETT e subcontratas pailanas) Pois R fixo o mesmo e creáronse empresas para traballar para eles. Empresas que foron desaparecendo menos un par delas por designios internos-organizativos inexplicables. ¿Pódese premiar a incompetencia? Hoxe R non ten nada que ofrecer aos seus clientes. Non creou un tecido industrial de empresas que traballen para ela nin ofrezan servizos. Chamar a R para calquera cousa é unha perda de tempo.


Curiosamente o pouco que funciona de R non depende deles: a telefonía móbil. Precisamente ofrecer servizos de terceiros en telefonía móbil é máis rendible que o cable e require menos infraestrutura. ¿Equivocouse R? Como empresa si como negocio non.


O maior erro, na miña opinión, foi non facer precisamente o mesmo que fai en telefonía móbil: alugar rede. A súa propia rede a terceiros. Se tivese permitido que outras empresas empregasen a súa rede para ofrecer servizos hoxe teriamos mellores ofertas, eles máis ingresos e mercado e agora terían cartos para pasarse a ofrecer fibra óptica aos clientes e non ter que mentir dicindo que os seus cablemodem son de fibra óptica. ¿Con que cartos se pagarán os descos de HD?


O FTTH pode deixar a R como un convidado de pedra. Pero non nos equivoquemos poden pasar anos parasitando o mercado e sen gastar un can na súa rede.



que nos queda aos clientes?

Deberiamos aprender algo da desfeita: a empregar operadores virtuais, pasarnos a traballar con empresas que non sexan as máis grandes e o máis importante de todo: nunca pensar en que vai mellorar o servizo dunha empresa.

E agora acontece o que nunca pensei: traballo para Telefónica e R non é competencia. Pregúntome que fixen mal. Cando deixei R pensaba que a empresa tiña un bo futuro, a mellor tecnoloxía e unha dirección boa. Nos anos que pasaron dende entón tiven ofertas para volver a traballar con R pero non vía un proxecto interesante. Sería como voltar cunha ex noiva. Xa sabes o que hai e non volve ser o mesmo... Non penso que sexa un asunto de cornos pero tampouco penso que sexa unha deixada cos trastos na cabeza.


Online HTML Editor from Quackit.com





Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 25-05-2014 00:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal