Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

peidos de raposo [en web 2.0]
vai xa tempo adiquei uns post a comentar a fauna que hai na internet

básicamente na internet hai un grupo que está por riba de todos e de todo (dito tal cual) son os web(on) master. Isa chusma xa está extinta na web. Simplemente a súa prostitución de foros e webs levou ao peche das mesmas e a que ninguén queira saber nada deles nin das súas páxinas.

pero xa hai máis. Agora o ciberfascismo pasou aos blog de xeito que temos unha nova especie nos blogs. Veñen a ser os "blogueiros" que montan un blog pra facer un patio de colexio istes pailáns analfabetos que siguen na infancia e non son quen de ir a ningures (fan o ridículo en todas partes)

Pois ista chusma agora vive nos blogs 2.0 dos cales son representación.
Atoparon acubillo e "axúntanse" con máis. Forman unha especie de peido de raposo os que somos de aldea comprendemos perfectamente o exemplo. Ven a ser unha merda que cheira pouco pero non deixa de ser merda

Boeno pois aos que levamos dende sempre na web ista chusma de pailáns non son xente nova, nin dos peores. Son o que hai agora na web.
¿Que facer? Penso... ¿deberamos facer algo? ¿Debemos amosar o camiño a istes cativos descarriados? Claro que non. Mellor turrar ata quedar sen cornos que levar un corno polo cu.

Hai casos concretos. Vai unhas semanas no blog dunha azafata que nos informaba da importancia de apagar o móbil ao volar. Imposible facerlle entender á muller que os móbiles non afectan aos aparellos electrónicos de navegación e moito menos aos avións. Se fose así os misiles irían cheos de móbiles.
Non houbo maneira. Igual que poñen o uniforme len o manual de adoctrinamento e dalle pra diante.

Veño de outro foro. Iste xa ten máis delicto. Un foro feminazi. Imposible tentar amosar un punto de vista "real" O mundo está feito pra que catro amargad@s culpen aos demáis. Todo ten que ser como queren e se non é así son os outros os culpables do que pase.
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 14-05-2012 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
openstreetmap [en OSM]
Vai unhas semanas asistiamos a isas patalexas moi proprias do mundo das tecnoloxías. Un rico pelexaba con outro. Apple non quería pagar a outro que ten máis cartos: google polo seu enxendro de mapas na rede. Nós que sempre deberamos estar atentos ás desfeitas cos cartos dos ricos podiamos facer o mesmo: marchar pra non pagar.

Apple pensando no peto de todos pasouse a open street map que ven a ser a wikipedia dos mapas

OSM é unha comunidade de usarios que mapexan o territorio. Pódese aportar datos pra mellorar os mapas. Os que padecemos o GPS nos carros vemos con frustración como aínda que sabes o que está mal nos mapas non podes facer nada pra melloralos nin sequera no teu proprio GPS

Os mapas de OSM teñen moitos buratos pero a idea é boa... e necesaria.

Non emprega as coordenadas GPS de grados segundos e mintos, emprega coordenadas GPX grados e decimales pra os minutos e segundos. X Y e Z aínda que os mapas de OSM non teñen indicación de altura

O móbil con gps e un programa de mapeo como OSMTRacker permite grabar rotas e subilas con axuda de programas como merkaator onde xa podes editar e concretar mellor o aportado. A propria páxina de OSM ten un editor pra facer o chollo aportando POIs e datos máis sinxelos



Ver mapa máis grande
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 11-05-2012 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
Visita a R [en Grela]
Veño da visita guiada a R ca que a cableira nos deu a oportunidade a algúns clientes pra achegarnos máis á empresa.

As 18:30 en A Grela poidemos entrar ás instalacións de R ca puntualidade do baixo miño. Uns vinte clientes entre os cales non había ningunha muller.
Nunha sala de formación de R déronnos unha pequena charla na que nos falaron do teléfono sobre IP co que R pretende mellorar o servizo.
O novo desco de HD co que R pretende achegar a TV pra competir ca TDT HD e o novo cable modem de R. Unha nova moi necesaria pra integrar servicios de internet e tv.

Haberá futuro pra R pero non será hoxe, nin será pra iste ano... teremos que agardar ao próximo ano?

O móbil de R é outra frente na que se ve o futuro da empresa. Impensable que R teña cartos pra facer (outra) rede propia. En galiza ás de telefónica, orange e vodafone súmase á da xunta e á de abertis.... os montes jallejos teñen unha densidade de antenas superior á ocupación de zara en rebaixas

Tras un pequeno paseo poidemos ver a sala técnica onde se reciben as incidencias de avarías e as proprias instalacións, onde R ten os seus equipos.. pouca chica pra tanta rede.

Rematamos a xornada sobre as 21:00 despois de ofrecernos uns pinchos e algo pra beber. Momentos que cada un aproveitou pra preguntar o que lle interesaba ou pra dicir o que non sabía (ou ambos casos)

tecnoloxía condicionada
Quedou clara a teima que teñen en R en impoñer a súa tecnoloxía, algo que dende sempre foi así, a nula apertura da rede a equipos alleos (impensable que R permita a outros operadores empregar a súa rede) e a obsesión por ser R quen decida que equipos se empregarán e o que é moito máis importante: os que nunca serán empregados

turismo
Sería bo que a idea se institucionalizase. Pode que algún día se chegue a poñer unha xornada de portas abertas na que os clientes poidan se achegar á empresa. Identificarse máis e que os traballadores vexan que ises mamóns que non facemos máis que queixarnos ás veces temos razóns. Son as nosas empresas, os nosos traballos, nós mesmos os que padecemos que algo falle e nos deixe sen a información necesaria


R en A Grela
Comentarios (2) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 04-05-2012 00:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal