Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Latvija cena

Aparcamento do hotel, 6 da mañá

Nova etapa no chollo. Non é a primeira vez que toca traballar fora da galiza. O tempo que estiven en Portugal case o tomei como unhas vacacións, fins de semana libres e horario a elexir. Ben de soldo e a velas vir

Houbo que elexir entre voltar a traballar en Andalucia ou lanzarse a novas aventuras. No Báltico -> Latvija

Mais cartos, un chollo coñecido e moi ben pagado

Unha pranta de gas. Futura ampliacion electrica do país. Foi baixar do avión e ver o que xa nos dixeran (seis baixo cero marcaban os termómetros) o único bo de todo isto foi chegar a unha da mañá dun sábado. O domingo non traballabamos así que poidemos recuperarnos da viaxe. Saída de Compostela as oito da mañá case 7 horas en Barna no transbordo...

O luns a viaxe ao chollo púxonos na realidade. Non se pode xuzgar a capital Riga pola primeira impresión. Así que mellor centrarse na obra. Unha centran en construcción ao lado da térmica existente. 4OO megavatios. A metade da potencia que a central de gas de As Pontes. Unha turbina de gas e outra de vapor.



A fin dunha viaxe

Véñennos de confirmar a nosa volta pra Galiza. A sensación é extrana. Algún compañeiro marchara unhas semanas antes. Dicía que pra non volver nunca máis. Volvérono chamar e antes de dúas semanas estaba aquí de novo.
A ledicia de volver a casa, a frustracion de deixar atras isto... non sabemos moi ben o que e. Vinhemos traballar, chegamos a estar a menos de 10 baixo cero, con xornadas de máis de 12 horas. Agora todo iso faise máis levadeiro. A temperatura está sobre os 20 grados e brilla o sol.
TEC 2 TPP xa arrancou en probas. Nos debemos volver pra a casa. Deixar un chollo duro, unha cidade hostil, unha empresa... jalleja puñeteira (como case todas)
Calquera de nós quedaría aquí dous ou tres meses máis. É certo. O dicimos sen pensalo. Non pode ser. Foron outras obras antes e habera outras despois dista. Pode que Qtar. Pode que algún de nós nunca volte a traballar fora da casa... pode que non poidamos seguir tentando parar o presente. Que os días non pasen, que non chegue a data que pon no billete de avión. Non pode ser.

Pode que sexamos víctimas da síndrome de estocolmo ou simplemente que non queiramos volver a cambiar para seguir no mesmo
Todo é confuso, está esvaecido entre as horas de traballo, as horas de sono pendentes, a familia que agarda...
Sabemos que non voltaremos a Latvija.
Por que marchar?
Por que viñemos?
Por que non queremos voltar?
Non o sei. Escribo estas liñas pra releelas dentro dun tempo e tentar lembrar o que agora penso. Pode que así entenda

Riga
Paseo por unhas rúas que sempre me foron extrañas
Non son as miñas
non as coñezo
pero non as quero esquecer
a onde me levan?
Nalgun recuncho da miña memoria estarán sempre
penso en camiñar por elas horas
ata o mencer
Pra que?
Non as volverei ver, seino
pero non as quero olvidar
fixeronme extrano, agora
Vexo unha cidade chamada Riga
non é grande, non é pequena
non é a miña cidade, non a coñezo
son extraño
non teño tempo pra ti
doeme demasiado coñecerte máis pra perderte
necesito seguir sentíndote extraña, allea, lonxana...
Non son o mesmo que cando te coñecín
vin outras cidades grandes, pequenas, alleas...
non viven en min
escribo, me leo
non penso
tento comprender o que vivo


Comentarios (90) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 07-04-2008 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal