Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FER(timón) Chuza!(te)

Nova na web 2.0 Chuza! Trocos na cúpula da web jalleja Berto (bertiño) ven de elexir o sucesor de Ascarida: Fer(timón)

Antecedentes dos feitos
Por motivos que descoñezo bertiño nomeara a Ascarida como "Administradora" de chuza! Dende o fedello facía tales funcións. Dende o fedello administraba chuza! (sen máis comentarios.) Agora ise posto pasou a ser ocupado polo spammer Fer(timón) Iste usuario é sobradamente coñecido. El e a súa costume a mandar lixo ás páxinas de Chuza! Un manual de libro pra spammer. Véxase unha das últimas do spammer: http://chuza.org/historia/tentan-alterar-o-normal-funcionamento-de-chuza/

O enlace que aparece nisa "nova" non é o da "nova" orixinal. O que Fer(timón) mandara fora iste: http://decatroacatro.blogspot.com/2007/04/o-de-onte-foi-un-da-surrealista.html

O traxe que xorna ía levar á facultade pra o acto de licenciatura, iso é unha nova! A cousa non quedou aí. Fer(ti) acusoume a min de trocar o enlace da súa "nova." Eu nensequera tiña karma pra editar as miñas novas pero segundo el fun eu. Ista é a obxectividade e capacidade de análise do novo "administrador" de Chuza!
Véxase ao "administrador" falando sen cancelas e ca boca quente: http://chuza.org/historia/usuario-de-chuza-e-banido-de-meneame/

Como se chega a administrador de Chuza!
Ista pregunta na web 2.0 (democrática e participativa?) debería ser unha obviedade: por méritos proprios e por saber

NON TAL
Por que Fer(timón) é administrador de Chuza!?
Por que el e non outr@?
Non hai usuarios con máis méritos e capacitados en Chuza!?
Que aporta el a Chuza! que outros non poidan?
Por que Fer(timón)?

Poderíaser ter feito de outro xeito
Convocar á comunidade
Pedir axuda pra colaborar na web
Pensar en democracia, liberdade...
Que sexan os usuarios, os que aportan a Chuza! quen propoñan á persoa que administre Chuza!
Non se fixo tal. O designio foi por berto e de xeito "dixital"
Que malo ten un debate aberto sobre os obxectivos da páxina e o seu funcionamento?
Pode que usuarios capacitados queiran colaborar na web. Non o sabemos

O que puido ser
Perdeuse unha ocasión. A oportunidade da democracia e a participación. O que se dixo nos inicios da web 2.0 Unha web para os usuarios. Algo diferente a www de web(on) masters, mods, spammers e demáis merdas

Onde estamos
Agora mesmo temos a Fer(timón) ao mando do timón (quedalle... ) Unha persoa interesada en espallar lixo e con un acceso a información dos usuarios ata un nivel non concretado
Queda claro que Chuza! (a páxina) é de berto e con ela pode facer o que lle pete. Pero non é menos certo que Chuza! son os seus usuarios, os que fan que estea viva. Algo deberiamos poder dicir no rumbo e as decisións que se toman

Comentarios (5) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 30-04-2007 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Netiqueda pra spammer(da)
Faise necesario nista web 2.0 (web 6.9) Tamén coñecida como web sen contido que alguén encha a nada na que teñen os servers os web(on) master. Isa función (encher burados acalar ideas) é a dos spammers. Na www os spammers foron botados fumos nós (os usuarios) quen terminamos (fartos) deles e con eles. Nesta web 2.0 os spammers son votados e as súas "novas" chegan á portada, acadan milleiros de consultas e recadan vía adsense.

Spam (Stupid Post And Messages)
UN definicións. Nenguén di ser spammer. Un aténtico spammer non se recoñece como tal. E máis, nenguén coñece a nengún spammer en persoa. Non hai fotos nen declaracións públicas deles

DOUS o mellor amigo dun web(on) master é o spammer. O mellor amigo do spammer é el mesmo

TRES L$$I, LPI, NPI (Nen Puta Idea) veñen a ser a mesma cousa pra o spammer

CATRO (gatos) $GA€ algún día tódolos spammers terán a súa e vivirán da internet e os seus usuarios. Boeno, en eso xa está a $GA€, eles e os políticos

CINCO por el culo...

SEIS e nove, xuntos e nesa orde. 69 e o número da sorte dos spammers. Non se sabe de spammers que non sexan spammers porno

SETE troll. Todo usuario ou calquera que ouse meterse cun spammer de seguida será chamado: troll

OITO Chamar troll non é un insulto. Spammer si

NOVE Cada gremio ten a súa palabra máxica. Pra os magos é abracadabra. Pra os spammers é proxy

DEZ Padre noso spammer: Bill Gates que estás nos pcs e na web...

ONCE eles teñen máis "vista"

DOCE o spammer non ten culpa é víctima... de si mesmo

TRECE gafes. Os spammers son gafes
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 27-04-2007 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza!(te) http://chuza.org (final)


:-) Iste era un artigo que estaba pendente vai moito tempo. Pero precisamente por o paso do tempo a idea ía mudando. En principio ía ser unha "explicación" do enfoque da páxina. Para co tempo ir desmitificando a web 2.0 (web 6.9)

Democracia participativa
Así lle chegaron a chamar vai moito, moito, moito tempo. A ise enxendro da web 2.0 Non era tal, nunca o foi e endexamáis quen inventou tal definición tiña puta idea do que estaba a falar
Neste enlace pódese ver a participación dos usuarios http://chuza.org/topusers.php?sortby=1
[Gracias a ghanito polo enlace]

CHUZA(TE)
O nome di ben ás claras o que é a web 2.0 (chuza!)

parece mentira que nos escandalicemos de "chuzar novas por quen as envia e non polo contido" porque eso leva ocurrindo dende o principio de chuza...
Por Berto (presundo administrador de Chuza!) dito en:
http://chuza.org/historia/escravitude-em-nafarroa-2/

As palabras do web(on)master están ditas precisamente nunha "nova" duplicada. Eu mandara a mesma nova antes e fora descartada http://chuza.org/historia/descuberta-en-nafarroa-unha-trama-de-trafico-de-esclavos-portus/

Istas cousas pasan na web. Resulta escandaloso que o administrador da páxina non sexa quen de mander certa "coherencia." Xustiza se diría noutros tempos.

Votacións
Como a fraude é evidente. Se recoñece (e acepta) a existencia de mafias prostitutivas nas votacións. E algún lembrando ao oeste pretende que sexamos nós os usuarios co noso proprio mecanismo quen arranxemos a desfeita pois alá vamos...

Ista é a páxina chuza!(te) con publicidade á esgaio:


A cousa podería ser doutro xeito:

A diferencia entre ambas empregando Firefox chámase Adblock Aos usuarios interésanos o contido das páxinas. Non a publicidade invasiva e que nada aporta.

Adblock plus

Con ise pequeno engadido a FF non hai máis publicidade que se resista. Que a aturen os que a cobran!
Xa temos solucionado medio problema da web 2.0

Votacións
As votacións na web 2.0 son unha fraude o web(on)master, os seus amigos e mafia vótanse entre eles e contra os que non son dos seus. Hai solucións a ista situación pero nós non somos web(on)master e non somos quen de poñelas en práctica así que nos quedan os proxys ;-)


A cebola é o ingrediente primordial

http://tor.eff.org/index.html.es


Tor é un programa moi sinxelo de empregar que traballa cunha rede global de proxys. Permite votar ás veces que che pete unha nova
Zona de descarga:
http://tor.eff.org/download.html.es


Nesta nova publicada sobre Menéame(la) falan das posibilidades de Tor na web 2.0
http://noticiastech.com/wordpress/?p=144

Hai tamén un complemento a tor chamado Vidalia
http://vidalia-project.net/

Que o pasemos todos ben. E como dicía Galli: Menéame es como un juego ao que lle poderiamos responder ... e nós non temos porque aceptar polbo como animal de compaña

Conclusións
A web 2.0 de seguir así caerá en mans dos spammer (xa o está) a cousa ten solución. Xa se fai en certa medida esixindo ser usuario rexistrado pra enviar "novas" ou postear. A cousa pasaría por só permitir as votacións a usuarios rexistrados e tamén por facer que sexamos os usuarios quen elixamos aos spammers Resulta evidente que os web(on)master non poden nen saben acabar con eles. A cousa sería moi sinxela:

Solución
Xa se está a facer ao crear a figura dos "amigos." Persoas que ti elixes e asociaste a eles. Sería facer xusto o contrario. Só habería que dar aos usuarios a posibilidade de ignorar a quen non interese. Elexindo ista opción pasarías a non ver nen leer o que posteen. As novas e os comentarios o proprio programa se ocuparía de non amosarchos

Isto xa se fixo nos foros de Terra. Cando alguén facía publicidade ou posteaba chorradas os proprios usuarios llo advertían. Se continuaba ca súa actuación pinchabas en ignorar Non volvías ver nada do que posteaba. O Spammer desaparecía nunha semana, dúas o máximo

Sobre ista "nova" (engadido)
Ista nova foi enviada a Chuza! polo propio administrador da páxina. Bertiño:
http://chuza.org/historia/as-mafias-da-web-2-0-medo-resentimento-e-anonimato-o-caso-chuza/


E a Menéame(la) por Champagnat
http://meneame.net/story/lobbys-2.0-llegan-meneame-regionales-gallego

O que non sabe bertiño nen Champagnat é que o nick Nemigo con 1853 post está a súa conta "Deshabilitada" en Menéame(la)
http://weblogs.mundo-r.com/weblog/page/nemigo?entry=spam_en_men%C3%A9ame

Comentarios (10) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 07-04-2007 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal