Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

xuizo franquista contra o galeguismo [en A Coruña]
hoxe escribiuse otra páxina no auto odio que vivimos na galiza. O xuizo contra carlos callón da mesa pola normalización ligüística. O delicto? Pedir que se cumpra a lei... que un funcionario (xuiz decano) cumpra a legalidade. O que en calquera país é unha obriga neste é un despropósito.

De onde sae ista xente? Será certo que a xudicatura segue no franquismo?



xuntanza na porta do xuzgado

Xa dentro convidados polo xuzgado-perseguido e ca presenza do acusador-inquisidor poidemos asistir á pantomima legal. A xuiz foi recusada por non seren imparcial. O galeguismo activo ten moitos inimigos no país. Quedamos pra outra volta.

Pero deberamos velo polo xeito positivo
se o sistema xudicial ten tempo e recursos pra istas parvadas é que está mellor do que din. Nada de aturullos nen falta de medios...


http://galiciaconfidencial.com/nova/9649.html?pag_com=1#comentarios
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 10-02-2012 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
Prohibido tirar fotos [en Ikea]
vai uns meses asistiamos á excelente nova: Ikea fora condeada pola axencia de protección de datos. Os suecos (facendo o proprio) tiñan cámaras de tv enfocando á rúa. Non o podía facer e foron multados por iso.

Hoxe dan un paso novo a ningures. Teñen posto nas portas que NOS non podemos tirar fotos na loxa.
Ilegal é poñer cámas de tv enfocando á rúa e sen base legal impedir que os cidadáns-clientes tiremos as fotos que nos peta no Ikea ou en calquera lugar público. Pra máis escarnio lembrar que os días da inauguración a xa petada PC City tentou impedir que un cliente tirase fotos. Ata chamaron á policía que confirmou que non se podía prohibir tal.


imaxe do esperpento

http://www.cocinaintegral.net/noticia/multa-40.000-euros-para-ikea/64785

Non vaia a ser o demo que lles pase algo coma isto:

Un policía se persigue a sí mismo tras confundirse con un ladrón en las cámaras de seguridad
http://blogs.republica.com/republica-insolita/2012/02/08/policia-cctv/
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 08-02-2012 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
“O mundo ao revés: este xuíz denuncia a quen pide que se cumpra a lei!” [en Franquismo]
O mundo ao revés. Un xuiz denunciando a un cidadán por falar galego, pedir que se fale galego e esixir que se cumpra a lei: o topónimo de A Coruña é ise non hai outro.

O día 10 asistiremos a outra desfeita co idioma de Rosalía no xuzgado de A Coruña. O galego é un idioma que a moita xente molesta. Outros non queren entender e defender e así nos vai.
Un pobre funcionario que vive noutros tempos tentando ameazar aos cidadáns... isto xa se viveu moitos anos e rematou cun vello soterrado no valle dos caídos e moitos nostálxicos chorando polo ben que vivían con el.




Carlos Callón será xulgado por recriminar ao xuíz decano da Coruña que incumprise a Lei de normalización lingüística

A Mesa lanza un manifesto perante o xuízo do seu presidente o vindeiro 10 de febreiro e convoca unha concentración de apoio

“O mundo ao revés: este xuíz denuncia a quen pide que se cumpra a lei!”



O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e portavoz da plataforma unitaria Queremos Galego, Carlos Callón, será xulgado o vindeiro 10 de febreiro na Coruña nun caso que a entidade non dubida en cualificar de “criminalización das opinións e da lexítima defensa do noso idioma”. Aínda que a denuncia fora inicialmente desestimada, tanto co apoio do xulgado como da Fiscalía, un recurso do denunciante desencadeou a vista que se producirá a semana próxima.

Reproducimos a continuación o texto do manifesto, para o cal A Mesa recolle apoios a través do correo-e imprensa@amesanl.org:

Queremos xustiza para a nosa lingua
Non á criminalización da súa defensa!

O dereito a podermos vivir en galego en Galiza encóntrase cada vez máis desamparado. Por unha banda, as administracións que teñen a principal encomenda de velar pola defensa do noso idioma, como é o caso da Xunta, non cumpren co seu deber e realizan inxustísimas políticas na súa contra. Ademais, a pouca lexislación que existe para garantir os nosos dereitos lingüísticos é vulnerada.

Desde 1983, a Lei de normalización lingüística, aprobada por unanimidade no Parlamento galego, recoñece que os nosos nomes de lugar teñen como única forma oficial a xenuína, a galega. Diferentes sentenzas e ditames xudiciais déronlle unha e outra vez a razón a toda a xente que se mobilizou, de xeito firme e cívico, para demandar o seu cumprimento ao longo de todos estes anos. Porén, mesmo algo tan básico como isto dista de ser aplicado sen problemas por parte dos poderes públicos.

O vindeiro 10 de febreiro o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e portavoz da plataforma Queremos Galego, Carlos Callón, será xulgado por unha denuncia que presentou contra el o xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián. O motivo é que Callón replicou unhas declaracións que os medios de comunicación puñan na boca de Fraga Mandián no transcurso dun xuízo: “No tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo La Coruña”.

Con anterioridade, o mesmo maxistrado defendera o incumprimento da Lei de normalización lingüística no referido a toponimia porque, segundo el, a cuestión do nome da cidade herculina estaba sub iudice; non era verdade: nese momento xa houbera mesmo varios ditames do Tribunal Constitucional apoiando o uso único do topónimo A Coruña. Así mesmo, nun documento, como resposta a un veciño, tamén chegou a argumentar que el usaba La Coruña e non A Coruña por un erro ortográfico. É unha burla, porque o “erro ortográfico” persiste unha e outra vez e, con el, a vulneración dunha lei básica, con todo o peso simbólico de que quen está a protagonizar todas estas situacións é un xuíz.

O mesmo maxistrado xa ocupou titulares en varias ocasións nos medios de comunicación pola súa campaña particular contra a lingua galega. Por exemplo, cando denunciou un veciño da Coruña, Eduardo Álvarez, despois de que este solicitase recibir as notificacións no idioma do país e co topónimo oficial da cidade, dereitos ambos aos que está asistido pola lexislación. Foi no transcurso deste proceso xudicial, criticado polo presidente da Mesa, cando decidiu presentar a denuncia contra Carlos Callón. Como esta situación foi criticada publicamente por Carlos Aymerich, tamén presentou outra denuncia contra este deputado, que xa foi desestimada polos tribunais. O mundo ao revés: este xuíz denuncia a quen pide que se cumpra a lei!

No caso da denuncia contra Carlos Callón, nun primeiro momento o xulgado, co apoio da Fiscalía, decidiu desestimala e arquivala. Porén, o xuíz decano presentou unha apelación, que desencadeou no xuízo do vindeiro día 10.

As persoas que asinamos este escrito queremos:

1. Manifestar o noso apoio ás persoas denunciadas polo maxistrado Antonio Fraga Mandián só por daren exemplo na defensa do noso idioma, sempre de xeito cívico, democrático e legal, como é o caso de Eduardo Álvarez, Carlos Aymerich e Carlos Callón.

2. Chamar a participar na concentración que se realizará o día 10 de febreiro ás 12 h diante do Xulgado de Instrución Número 2 da Coruña (rúa Monforte, s/n).

3. Reclamar que se deixe de criminalizar a defensa do galego. Non pode ser que un xuíz denuncie unha e outra vez a persoas que non cometen máis delito que defender o cumprimento da Lei e, con ela, a promoción e defensa do noso idioma.

4. Alzar a nosa voz para que todos os poderes públicos sen distincións cumpran e fagan cumprir a Lei de normalización lingüística, en aspectos tan importantes como o uso da toponimia nas súas formas correctas e oficiais ou o dereito a podermos utilizar e recibir información en galego nas diferentes administracións, tamén na de xustiza.


http://amesanl.org/gl/novas/amosar/id/120

Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 04-02-2012 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
exercendo a democracia antes e despois das eleccións [en Crise]
antes
das eleccións púxenme en contacto co partio político ao que quería votar pra o concello... fixenlles un par de consultas e suxerencias en materia ambiental. As miñas propostas xa estaban no seu programa electoral. Mandáronme un PDF resumo onde o poñía... dixeron. Eu non o vía tan claro pero a cousa deixeina aí

agora
vai unhas semanas decidín informarme de como ía o cumprimento do programa-ideario. Non houbo resposta. Insistín (cacholán que é un)... outra vez sen respostas. O enderezo de correo electrónico era un burato sen fondo. Entón mandei o mail a Compostela. Man de santo. Reenviárono ao concello e entón si houbo resposta. Pero tardaron outra semana en concretar data. Que me pasara por alí un luns en horario de empresario rico: ás 12 da mañá.

Boeno, se non hai outra. Confirmada hora e data quedamos en ver in person a situación. Por mail non eran quen de responder.
Non era a primeira vez que tiña falado en persoa con algún político sobre a situación do concello... vai anos algo se conseguira. O concello solicitou cartos pra poñer o primeiro punto verde da comarca.
Hoxe o obxectivo é (obviamente) a compostaxe sería un puntazo a nivel de toda galiza ser quen de iniciar un proxecto viable en materia de compós.

QUE NON non houbo maneira en máis dunha hora de convencer ao político local pra que dera o paso. Todo eran problemas, dúbidas, falta de cartos (non custa un can a compostaxe) medo ao erro, falta de apoios institucionais... que non vamos. Hai tódolos medios pero falta vontade e decisión. O proxecto como moito era pra o rural. Pra que os paisanos deixasen de botar a herba do xardín no colector do lixo.

O fracaso total... a día de hoxe se a calquera político lle preguntas que aprendeu da crise a resposta é clara: non aprenderon nada.



http://adega.info/info/090121joomla/ultimas-novas/689-o-qthink-tankq-da-xunta-e-o-lobby-incinerador-contraataca
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 02-02-2012 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal