Nemigo Galiza |
|
Non son partidario dos blog |
|

|
Nemigo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Antenas ilegais [en móbil] |
|
Vai uns días publicaba la opinión de A Coruña que había na cidade 43 antenas ilegais de VODAFONE e que non sendo poucas querían poñer 34 ilegais máis.
http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2011/02/07/empresa-telefonia-movil-opera-43-antenas-ilegales-pretende-instalar-31/465039.html
por que
Visto dende fora non se entende. Como pode ser que unha empresa teña algo ilegal? Non é un bar ou pub dunha rúa. É unha multinacional das máis grandes do mundo. Incapaz de cumprir a legalidade? Como se chega a ista situación?
Pode que a explicación estea en como funciona todo nas telecomunicacións da España. Por un monopolio de timofónica. Como se compite con alguén que ten o 90% do mercado?
Vai uns meses instalouse unha antena nun campo de fútbol... si, hai antenas de móbil nos campos de fútbol e dentro dos colexios tamén. Non tardou nen unhas semanas en actualizar timofónica a que XA tiña alí.
Onde hai competencia timofónica apreta e mete cartos. Difícil diferenciarse así na oferta e facer clientes. Onde non hai ninguén timofónica non gasta un can. O servicio é sempre pobre e a competencia inexistente.
Pero volvamos á cidade...
Por que hai antenas ilegais na cidade? Os concellos non se queren mollar. Dar unha licencia pra unha antena sempre molesta a alguén e poñer as antenas leva cartos e tempo. Se esperan a ter a licencia non poñen unha antes de anos. Se teñen a licencia pode que non lles deixen instlala... alegacións e problemas legais. Ponse (cobran as subcontratas) e se non protesta ninguén aí queda posta. Despois xa se pedirán papeis.
solución
Todo pasaría por ter sentidiño. Hai sitios onde non pode haber unha antena, non son axeitados. E onde se pode debería poñerse sen máis. É necesario e polo tanto debe entenderse así. Cumprir a legalidae e actuar con transparencia. Non é o caso. |
|
|
|
|
|