Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cambre Oleiros maio de 2007
Estamos en ano electoral. Vaites, quedan menos meses e aínda os políticos non escomezaron a cantar coma as chicharras. Será en maio de 2007 pero algún xa pensa en ampliar o espectro político e botarse ás rúas aproveitando a coincidencia de datas co maio do 68.

New Topic


O texto en si mesmo:
Se necesita gente (!) con iniciativa e inquietudes políticas de izquierdas para formar parte de un partido político de reciente creación en Cambre y Oleiros
Preguntar a vuestros padres por el movimiento de Mayo del 68
Nosotros (?) queremos hacer Mayor de 2007
Llámanos o ponte en contacto con nosotros al (sic)
Tfno: 669 677 78?
E-mail: partidopinca@yahoo.es

O texto está publicado en castellano e posto nun taboleiro da anuncios da universidade de A Coruña. Fantástico non hai menos que dicir.

Se necesita gente Non son persoas, son xente. Nada de sentimentalismos. A xente é pra facer bulto?
con iniciativa vaites, xente pasiva non vale
e inquietudes políticas Os que teñan iniciativa pero sen motivacións políticas que se absteñan. E os políticos pasivos tamén
de izquierdas Só valen os de esquerdas, sen concretar máis
para formar parte de un partido político Ten a súa lóxica pedir inquietudes políticas non vaia a ser unha secta. Que será peor?
de reciente creación Xa está o peixe vendido. Fixeron a metade do chollo sen consultar. Agora hai que atopar quen se faga cargo e o pague
en Cambre e Oleiros Con isas limitacións xeográficas. Para qué carallo poñen o anuncio en A Coruña?
Preguntar a vuestros padres por el movimiento de Mayo del 68 Mande? E logo non o podedes explicar vosoutros mesmos? E como que lle preguntemos aos nosos pais polo maio do 68? Pero cantos anos teñen os que fan ise novo partido? 40? 50? E buscan xente na universidade? Supoño (e espero) que non será da súa mesma idade
Tfno: 669 677 78?
E-mail: partidopinca@yahoo.es
Un teléfono (móbil) e un enderezo electrónico. Non parece que sexa un partido con moitos posibles. Non teñen nen sede
Comentarios (3) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 18-02-2007 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
Netiqueta pra web(on)masters
Neste despropósito ao que nos levan os gurús da web 2.0 hoxe damos un paso a nengures. Cando nunha web hai tangana sempre aparece un nerd falando da netiqueta. Da netiqueta dos demáis, os usuarios. Coma Dustin Hoffman en Toodsie na que facía de muller que tiña que aconsellar a outra muller mallada. Que fose a un psicólogo lle poñía no guión. Non dixo tal. Dixo o que diriamos todos (excepto os mod) malla ti nel a próxima vez. TRIUNFOU hoxe mallamos nós nos web(on)master.

NETIQUETA PRA WEB(ON)
Un Definicións, web(on)master nunca es ti, sempre os outros. Usuario-troll, todos. Flames... os biosbardos e pantasmas

Dous O contido das páxinas o fan os usuarios. Ti tranquilo, non fagas ren. Agarda que así moitos chergaron a rico

Tres Os usuarios deben estar rexistrados, a ser posible pola policía. Un auténtico e toca pelotas web(on)master debe esixir o rexistro dos usuarios

Catro Pedazo de cafres usuarios. Daslles a posibilidade de expresarse e están a falar mal de ti e os teus. Serán trolls

Cinco Por el culo te la... Obvio. Ou que pensaches ao te conectar?

Seis Oh, se iste número tivese un nove detrás... agarda un momento que teño que ver un par de páxinas

Sete O teu server é o mellor. O mellor da china, claro

Oito Proxy? Non tal. Os proxy só os pode empregar o web(on)master. A IP do usuario é miiiiñaaaaa. A cebola nen na ensalada, non vaia ser o demo

Nove Fala mal de Bill Gates. Iso da sona. Máis todos empregan o seu software ás agachadas pra todo. A páxina dun auténtico e fanatizado web(on)master está optimizada pra implorer

Dez Alguén sabe ao que se adican os web(on)master antes de ser web(on)master? Non. Non o sabe nenguén porque os web(on)master son coma os bugs. Aparecen por todas partes pero nenguén sabe de onde saíron

Once Publicidade, publicidade, publicidade... de pornografía e prostitución obviamente

Doce Se chegaches ata aquí e es web(on)master xa non te lembrarás ren. Imprime a etiqueta e si. Pégaa aí mesmo. Así cando a quites serás un web(on)master pelón

* Nerd é alguén que sabe 50 posturas pra facer o amor pero non coñece a nengunha muller
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 15-02-2007 15:52
# Ligazón permanente a este artigo
Guantánamo & iraq
Ista canción xa ven de lonxe, 11-S pode ser a data de inicio.
A infamia do 11-M se responde ca desfeita legal de Guantánamo

New Topic


http://www.amnistiainternacional.org/



QUE PECHE GUANTÁNAMO XA!
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 10-02-2007 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal