Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AP 9 permítase el gesto [en galiza]
non vai moitos anos a autoestrada do atlántico estaba en ruina económica. No seu día foi unha infraestructura pioneira pra a Galiza. Non había ordenadores cando se fixo a "autoestrada" a bigoera loca era o máximo en deseño. Esto explica moitas das curvas da estrada

A día de hoxe cando todo o mundo ten prisa e boa parte da galiza necesita das comunicacións con portugal a estrada é imprescindible. Imposible ir dende a coruña ata vigo sen autoestrada

Vai un ano o escándalo produciuse cando os incendios forestais queimaron boa parte da galiza e a abandonada estrada estaba chea de toxos. Nalgunhas zonas NUNCA se desbrozara o terreo. Eso na galiza ven a significar que os arcéns eran monte. Entón a protestas da xunta e indignacións do pobo os "xerentes" do enxendro automobilistico puxéronse mans á desbrozadora e durante meses estiveron a podar (e talar) os arcéns

Chegou o inverno e mentras no cebreiro se podía pasar pola A6 cuberta de neve en ordes audasa non é quen de evitar o xeo na estrada

Resultado: ducias de carros no taller. Audasa di que si botou sal, será que en ordes o frío é máis intenso. Non se entende que na autoestrada habendo estacións meteorolóxicas e tendo partes do tempo non sexan quen de evitar a desfeita

Para que pagamos? De que serve unha autoestrada que no verán non son quen de cobrar nas peaxes e hai atascos? De que serve unha autoestrada cortada polos incendios, inundacións, xeo, tránsito...?

Cómo é posible que a autoestrada teña o mesmo número de carriles de cando se fixo vai décadas? Superado o seiscentos seguimos polas mesmas corredoiras?
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 06-12-2008 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal