Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fontepeixe [no Agro]
Unha das grandes paixóns que os galegos temos esquecido é pasear polo agro. Pode que coma pobo moi ligado á terra ollar unha paisaxe ou ir por unha corredoira non nos chame xa. Todo esto é un erro. Por calquera sitio que vaias fora da Galiza ves a "autóctonos" que collen o carro e pasan o "finde" visitando lugares próximos á súa casa. Sae ben de prezo e resulta entretido. Pero na Galiza os climax estremos: invernos de vento, choiva e frio e veráns de calor non axudan. Non é doado organizar algo cuns días de antelación cando non sabes se será practicable. O noso agro precisa de nós. Que o visitemos e nos interesemos por el. É fermoso e ten recunchos dignos de ver. O noso patrimonio arqueolóxico é unha xoia por descubrir e as nosas aldeas lugares que merecen a nosa atención.

Ata que alguén teña o sentidiño de promocionar esto así seguiremos. Veremos moreas de xente nas catedrais, na fervenza de horario tabulado ou visitaremos o museo que ten un bar ás portas quetecagas.

Fontepeixe no agro



fontepeixe
O pequeno lugar feito por labregos que cada día fan o chollo e coidan da terra segue sen ter recoñecemento. Non é doado vivir aillado, tódolos días iguais. Afastado si pero merece moito máis do que ten esta xente. Ollade a foto: é unha boa iniciativa. Peixes nas fontes do país. Non eses pailáns carteis da xunta onde pon auga non potable. E cando é potable poñen algo? Pois non. Os peixes están mantidos eso é que a auga é boa.

esta imaxe na voz

http://www.lavozdegalicia.es/album/galicia/2012/12/27/chapuzas-gallegas/01101325542423570378745.htm
Comentarios (1) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 21-11-2014 16:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal