Nemigo Galiza |
|
Non son partidario dos blog |
|

|
Nemigo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
De qué me sirve llorar [en Narón] |
|
Dicía a canción...
Pero no día a día ven a ser o mesmo. Dando unha volta por Narón (si, en narón danse voltas e ás veces ata revoltas) paseime polo castro do Petouzal, que non sabía que se chamaba así. Pensaba que era do Couto.

O que se ve é un dos muros da croa (o único que queda) o resto foi esnaquizado para facer unha leira na que plantar millo xa vai anos (me temo.) Os galemos somos xente moi económica e eu son dos que estou a agardar para ver os polígonos industriais baleiros re-convertidos en leiras de patacas e hortas de nabos (que ven a ser para o que se empregan agora.) Vai non moitos anos empregábanse para pastar cabalos e cabras (como agora.)
Volvendo ao Petouzal, o castro do couto. Non hai como ser fenosa e facer o que che peta. Poñer unha liña de alta tensión sobre un castro e cando molesten as árbores mandas un grupo de traballadores precarios con maquinaria pesada, desbrozadoras de cadeas e motoserras a "limpar" o monte. Tanto ten que o Castro do Couto sexa a orixe histórica dun concello e que estea protexido e catalogado por Patrimonio. Fenosa ten outros criterios. Xe pillan o Coliseo romano fan unha macrodisco que ri ti de Ibiza.
Os feitos xa foron postos en coñecemento do concello de narón, a fenosa (multinacional especuladora SA) tanto lle ten. |
|
|
|
|
|