Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

baseado na fibra óptica [en R]
O outro día vin este monólogo de cable R -> http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/r_e_as_lendas_urbanas

puntualizacións:
Calquera pode despregar unha rede de fibra. Certo... calquera que teña PERMISO do propietario das infraestructuras polas que pasa isa rede de fibra. Se é nas cidades permiso do concello. Se é entre cidades permiso da xunta ou do estado (dependendo de quen sexa a estrada) se é entre comunidades da comunidade autónoma, etc
Vai uns meses rechou un cabo de fibra... en MADRID e a rede de R foise ao tacho. Parece evidente que non hai tantos nin tan bos "carriers"
Tampouco se entende moi ben que se diga que R minimiza (ou pon ten poucas conexións con outras redes?) cando nos propios papeis de R pon moi claro que se as fibras que non son de r se alugarán as mínimas posibles. Lembrar tamén que a interconexión entre cidades NON é de R. Contrariamente ao punto 1 onde se di que calquera pode despregar unha rede de fibra: zapateiro, fai a túa propia rede entre as cidades galegas


Penso que vai bastante ben resumido o "conceto"

Engadir como proba de que R non é un operador baseado na fibra óptica: se R puxese o dobre de km de fibra óptica a velocidad de conexión dos clientes de R sería A MESMA

R é un operador baseado no cable coaxial. Sería bo que R dese exemplo abrindo a súa rede a outros operadores. Permitir que dean altas na súa rede como fan na de timofónica. Iso si sería un bo exemplo de libre mercado

presunta resposta
Nemigo, efectivamente é así o que dis. E como iso pois a rede eléctrica ou a de gas. Cada vez que imos a un concello novo hai que solicitar os permisos pertinentes e de obra ao concello, á deputación, á Xunta, ao Goberno Central... Vamos, ao que xestione a infraestrutura concreta.

É máis, nalgúns concellos temos moitos problemas con este tema e por iso se descartou tirar rede alí, porque non había maneira. Así que simplemente é ir petar ás portas doutro e ver se lle interesa que despreguemos rede.

De onde sacas que a rede entre as cidades non é de R? Temos un anel interurbano de fibra. Uns 1.400 kilómetros de rede que interconectan as principais poblacións galegas

Efectivamente R ten unha bora rede de fibra óptica, completamente sobredimensionada... nas cidades. A interconexión entre cidades faise con fibras alugadas a outros "operadores" unión penosa, gas, etc
Sería bo saber como R tira un cabo dende vigo a coruña... pasando por concellos polos que R non da servizo. Que din nises concellos?

Certo que hai casos que no seu día foron calificandos de inexplicables Como cando R fixo una rede de fibra óptica dende Ferrol ata As Pontes. Todo moi interesante. Máis tendo en conta que R non ofrecía servicio en As Pontes Non había rede en As Pontes nin clientes aos que atender. Se o entende alguén que avise
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 10-11-2010 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal