Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Marca España [en Error]


Son usuario dende vai moitos anos da marca Fagor. Non a emprego a nivel profesional por motivos varios: imposibilidade de acceder á súa tecnoloxía, falta de información técnica e desinterés. Recoñezo o mérito que ten crear e manter unha empresa tecnolóxica no páramo industrial español. Loitar contra a burrocracia e as institucións parasitarias e contra intereses comerciais-prostitutivos (cobro de comisións). Pode que por todo esto decido ser usuario particular dos seus produtos aínda que a maioría das veces non entenda o que fan nin para que. Non entendo quen deseña os seus produtos e dubido que os empregue algunha vez. Non pode ser o que se ve neles: deseños deficientes, acabados dubidosos e usabilidade descoñecida. Agora, enténdese menos que fabriquen en Francia. ¿Que se pode fabricar en Francia que non se poda fabricar en Euskadi? Por máis voltas que se lle dea o cooperativismo é como o cumunismo: boas ideas pero non funciona. Penso que calquera que teña traballado nunha emprese medianamente teconlóxica e con máis de dúas persoas decátase que non todo o mundo sabe o mesmo nin vale para o mesmo. E non ten senso perder horas en explicar cousas a xente que non é quen de entendelas e moito menos de facer o que debe. É por esto, e por máis cousas, polo que unha estrutura cooperativa de decisións (ollo! non confundir ca democracia) non pode funcionar. Non ten sentido votar se algo funciona ou funcionará. O resultado técnico non depende da votación. Por esto ven a ser polo que unha empresa tecnolóxica necesita xente que saiba e que poida. Non é o caso de fagor. Que si saben pero ás veces non lles deixa. Aí temos a situación actual: quen dixo mercar brandt? e quen dixo mercar caprabo? Está claro que foi unha decisión tomada dende arriba que pagarán todos.

Made in France, buy in Spain
Non se entende que fabricando en Francia se poida competir no mercado. Fabricas alí para vender en España? Xa me dis ti os prezos aos que sale esto. Xa no cumio da tolemia boa parte dos pequenos electrodomésticos fabrícanos ou mellor dito: mércanos na china. ¿Que me estás a contar? Pódese dicir que es de aquí, fabricando alí e competindo en ningures?

As decisións equivocadas levan a erros. E os erros teñen consecuencias. Sería unha mágoa perder a Fagor como fabricante de electrodomésticos pero o camiño feito está errado. Non ten senso mercar tódolos compoñentes a outras empresas, algunhas das cales fabrican en alemaña. Alemaña ten prezos para competir? Volvemos ao inicio, se vives de apretar parafusos e non tes deseño e ademáis fabricas caro... tes tódolos ingredientes para o desastre.

Vai unhas semanas a lavadora deixou de ir. Imposible atopar información técnica en internet do que lle pasaba ao aparello. F8 erro motor. Con eso xa non din maís. Chamada ao SAT de Fagor, nin idea do que fallaba. Engadía o home ademáis que non tiñan a chen chamar para pedir axuda técnica. A única opción foi levar a lavadora ao taller e alí trocar pezas ata acertar co fallo. Xa ves ti a quen lle vendes esto.

Pode unha empresa deixa vendidos a clientes e técnicos? A penúltima de fagor é dicir que son de aqui. Onde é aquí? Francia? Alemaña? China?
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 28-10-2013 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal