Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Probando un carro eléctrico [en Sotavento]
Sotavento é un pargue eólico experimental. Parece ser que alí as empresas proban os seus prototipos de muiños antes de poñelos en producción.

http://www.sotaventogalicia.com/galego/index.php

Alí ademáis de ter unha vivenda na que se poñen en práctica tódalas melloras enerxéticas que a moitos nos gustaría ter. Dende un deseño climático. Unha vivenda ben aillada (a base de calquera aforro enerxético) e unha morea de tecnoloxía, electrónica e informática... quen poidera ter iso na casa!

Pódese visitar o parque cando se queira, sempre que o tempo e os prazos o permitan. Alí pra sorpresa nosa tiñan un carro 100%... e nolo deixaron probar dar unha volta nun carro eléctrico, o soño de calquera ecoloxista... tolo?




O carro é un Citroën C3 moi chusco. Por fora a estética (sen contar os vinilos) é a dun gasolina pequeno. Por dentro o espacio está moi aproveitado. Collen ben catro persoas e un pequeno maleteiro. Baixo o capó só están os controis do carro, unha pequena batería pra a electrónica e pouco máis. Baixo o carro están as baterías. Tódolos baixos do carro son baterías. Nada que ver co enxendro do Prius. Feo en estética, incómodo por dentro (cun morto entre os asentos) e unha electrónica que non serve pra nada. No eixo de atrás ten o motor.

A conducción é realmente boa. Só ten dous pedais. Acelerador á dereita e ao lado o freo (como calquera carro) Non ten pedal de embrague. O carro tampouco ten engranaxes pra as marchas. So palanca pra ir pra diante, a tras e estacionamento. O taboleiro é espartano coma o de calquera carro pequeno. Indicador de velocidade, consumo e autonomía. Cando deixas de acelerar ou freas entra o freo eléctrico que recarga batería.

O carro vai ben suave. Sen tiróns nen variacións bruscas de velocidade. Ten unha autonomía de máis de 100 km e pode chegar a 160 na autoestrada... se non lle tes medo aos picoletos nin a quedar sen carné.

Dixéronnos que o carro custaba uns 27 000 euros O prezo está fora de órbita pero cando o poidan poñer nun prezo razonable terá mercado. Por 10 mil euros venderíanse como roscos

http://www.citroen.com/
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 31-10-2011 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
Código de Colores cables telefónicos [en Pares]

creative commons
No chollo sempre se agradece un pouco de información.
Listaxe de pares telefónicos, código de colores
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 21-10-2011 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal