Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

máis que dicir [en chollo]
vai unhas semanas posteaba aquí a "oferta de emprego" dun dos nosos "empresarios" Os mesmos que teñen millóns de parados no país, os mesmos que dende europa lles din que as empresas non son competitivas (unha merda, vamos)

Pois hai respostas. O home non contento con pedir traballadores con bo nivel de hixiene (sic) e comparar o chollo con kunta kinte di:



Si poño paridas para que me mandas o curriculum? Non era mellor que montaras ti a tua empresa? igual logo te desinflabas. Filosofos, xa tuvemos moitos aquí. Eu conseguin todo a base de ver, escoitar, calar e traballar.



Mira, non sabes nada de min, nin eu de ti. Solamente che digo que aquí se dí o que hay de frente, e si lle dou un toque de humor se quero e me apetece, porque na miña empresa a xente ben a traballar en equipo e somos unha piña, debe ser por eso porque estamos con boa cara as 9 da mañan e as 11 da noite se se hay que quedar algún día. Xente que poña cara de porco da mañan a noite xa tamos cheos de botala fóra.



Esta vez non son a señora de recursos humanos, son o que acaba de chegar de tirar cable nun hospital de aquí ben cerca, porque ainda sendo jefe son dos que me ves co mono coma o que máis.



Non son o dono da coruña, pero si que me sobran colaboradores e contactos do mundo das telecomunicacións e informática de toda a volta. Sé un pouco máis humilde e non te ganes enemigos tan pronto porque o que teño que facer e reenviar esto a 30 ou 40 correos.



Igual tuveches unha mala experiencia donde estuveches, pero non en todos os sitios se cocen fabas (o contrario do refrán)




Resposta:
eing?
Eu non che mandei ningún CV, paréceme que estás equivocado de pe a pa. Dígoche que a túa "selección" de persoal roza a falta de respeto (ves que fino o poño?)
Que monte eu unha empresa? Boa idea. Mira que non se me ocurrira a min! Proba ti a mandar o CV a unha empresa e xa me contas

Que ten que ver o senso do humor o que escribes ti?
Onde está a graza en dicir cousas como: bo nivel de hixiene? Pode que non teña o teu nivel de humor (fijo que non) pero sei algo de respeto. Eu non ando por aí pedindo xefes que non sexan uns porcos (e coñezo moitos... xefes digo e porcos tamén)

Tampouco sei se kunta kinte ría co que vivía cada día pode que algún negro lle vexa a graza a tomar a coña a escravitude pero seguro que a moitos facer contos con iso o considerarían unha falta de respeto. Xa podes ver que hai outras opinións

Levo o suficiente tempo traballando en "telecomunicacións" (non en tirar cable) pra saber que non tedes a quen chamar nin a donde ir. E iso... sábeo calquera na coruña (e fora tamén) Pero non te preocupes afortunadamente hai chollo na coruña (que coñezas ti e non) e fora da coruña tamén. Onde pagan máis (de isto case en calquera sitio)

Faite un favor a ti e a isa empresa que dis fixeches co teu chollo. Antes de meter o zoco pregunta e fala con alguén máis, o que pos ti nas "ofertas de emprego" non o pon ninguén nin na coruña nin en ningures non vaia a ser o demo que algunha das túas seleccións de persoal remate nas mans de algún cliente e non lle guste. Non serías o primeiro ao que chaman a dar explicacións

Ah, e podes mandar isto a quen che pete
saúdos

Vivimos nun país no que se a unha páxina a criticas por facer "melloras" chorras e teñen máis que dicir pois os "empresarios" non poden ser menos. Vamos os traballadores son como as patacas: están pra papar nelas e cando te fartas dasllas aos porcos
Comentarios (3) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 28-10-2010 01:16
# Ligazón permanente a este artigo
fora o vaticano da galiza [en papá]
Visítanos o xerarca nazi pederasta do vaticano. Debemos estar ledos, nos din. Non se di nada das víctimas do vaticano. Da súa pederastia. Os homosexuais reprimidos e homófobos que dirixen a igrexa católica seguen a vender as súas pallas mentais. Non queren renunciar ao poder que lles dan as súas manipulacións. De escándalo é a historia da igrexa católica. A súa constante persecución á libertade. Viven na idade media. No odio. Apoian a calquera que lles dea poder por moi asasino que sexa. O franquismo foi e segue a ser o seu día a día. A súa violencia é a nosa miseria. Fora o vaticano da galiza. Non á financiación da igrexa católica con fondos públicos



Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 27-10-2010 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
Por rematar co conto... [en spam]
O Spam é lexítimo. Chegas á casa e tes a caixa do correo (a do portal e a do mail) chea de spam. Valeiras a caixa, a do portal, no colector do papel pra reciclar e a do mail sinxelamente borras sen máis

Penso que os que envían todo ise lixo saben (deberan saber) que o seu "traballo" non interesa a moita xente... pero non nos debemos enganar. Eles non queren que lles digas que o seu non che interesa e moito menos que non serve pra nada.
A minúscula parte do escrito que alguén le e tenta aproveitar xustificou o seu

a leria quérena continuar...
http://www.cabozo.com/taboext.php?grupo=taboleiro&id=500877&nick=LegnaLof

1.- eu fun usuario de isa páxina, vin (como o pode ver calquera) o que hai e o que non. Non fai falla dicir moito máis. Algún día terán algo que ofrecer (ou non) ata entón van pola paleta de cores

2.- ninguén coñece a ninguen, pero todos vemos de que vai cada un

3.- vamos, que cabozo implementou a función TITANLUX necesaria na web 2.0 pero desactivando a opción pantone (valoración de cores)

4.- despois de facer spam e visto que o spam é iso e remata onde remata o spam patalexan (ven a ser o resumo)

5.- (ven a ser a resposta a unha actitude... macarra?)

6.- autismo na web 2.0 os usuarios galegos estamos en varias web pero os admin viven no autismo endogámico

7.- ... é ler a ista xente e pensar... de verdade paga a pena perder o tempo alí?

8.- houbo eleccións en cabozo? por que algúns din falar en nome dos demáis? en cabozo alguén recibiu patente de corso e vendo telegaita xa sabe o que facer: la calle es mía que dicía o vello

9.- e dalle: a "dirección" de cabozo (noutros escritos o equipo) que fale por si mesmo. Os usuarios xa diran o que queiran cando queiran

10.- saben encaixar críticas?

11.- Nemigo, segue ti só coa túa peli, co teu bla, bla, bla... que canto máis falas máis en evidencia quedas (o mellor de todo o texto)
Ti tranquilo, de min xa me ocupo eu. O problema es ti que falas por varios... ou eso dis

pra os usuarios de cabozo
Dicía marx (groucho) nunca pertenecerei a un clube que me acepte como membro. Eu nunca formaría parte de unha web na que admitan á equipa de cabozo. Noraboa aos que seguen alí, ten moito mérito






resumo de respostas
1.- Eu son usuario de onde me sae... non entendo moi ben iso de: aínda es usuario... E logo teño que deixar de selo pra criticar?
Non son eu o que presumo (nin fago spam polas cores de iste blog) as novidades de cabozo dende vai un ano son... A paleta de cores! Xa o dis ti mesmo

2.- (nin a ese nin a ningún)

3.- ? Se vai un ano non había nada e agora as "novidades" son as cores... pois ao punto primeiro

4.- Eu non teño relación ningunha ca dirección (o equipo) de latrica os problemas ou amizades que teñas alí son asunto teu. Eu como usuario emprego o que me gusta e o que non... pois non (isto xa empeza a ser reiterativo)

5.- Voltamos ao punto primeiro. Novidades tintanlux desactivada a valoración pantone

6.- Non es consciente de ata que punto fas o ridículo

7.- nin o tentes. O último recurso do incompetente é a violencia. O penúltimo o insulto, dicía asimov

8.- Ti non falaches en nome do equipo de cabozo. Iso é mentira. Falaches (dicías falar) en nome dos usuarios de cabozo

"Por iso esiximos unha rectificación e as súas desculpas para todos aqueles usuarios de Cabozo que se sentiron ofendidos polos seus comentarios.

O equipo de Cabozo." (sic)

9.- Punto anterior. A dirección de cabozo que fale por si mesma. Non representa a usuario algún. O día que entendas iso aforrarás moito chollo

10.- eing? Estasme ti a criticar por non me gustar as melloras de cabozo? Non, se algún máis que autista parece de conxo. Home de deus: se non che gusta el corte inglés iso ao corte inglés traelle ao pairo é máis non esperan eles que sexas ti o que acepte as críticas. O mundo ao revés!

11.- punto anterior. Agora vai resultar que os afeccionados ao fútbol non poderan opinar de como xoga o seu equipo. Deben aceptar (os afeccionados) as críticas... do presi, o mister e os xogadores?

Cabozo for life!

eing? Non teño nin idea de en que webs están os do equipo de cabozo! Como vai ser unha falta de coherencia estar onde eles están? Vamos... que se algún é de facebook debo darme de baixa alí? Sabes se algún dos do equipo de cabozo teñen móbil, carro ou ven tv?

Boeno e xa para escachar ca risa: as cores de iste blog son anteriores a cabozo



---
@mokina
Pero que ten que ver co que falamos con que cabozo o faga un, dous ou dous e tres cuartos? Facebook fíxoo un cativo que poñía nunha páxina as fotos de xente e os usuarios puntuaban as fotos. Hoxe ten centos de millóns de euros. Non sei se repartiu algo cos que comezaron de usuarios nesa páxina. Inditex o fixo un rapaz que repartía camisas en bicicleta. E por iso xa non se pode opinar de zara?
Non seguimos con ise "argumento" porque iríamos ao ridículo. Se as críticas dependen de onde vas e de onde ves... poís voltamos á idade media. As críticas, opinións e valoracións son polo que se está a facer

Está moi ben que ti vaias onde che pete e esteas onde queiras... pero non te equivoques. Estás nunha páxina na que a equipa (de dúas persoas, como din os gomaespuma) fala (di falar) en nome dos usuarios. E isa mesma equipa critica a quen valora as súas "melloras" Vamos que moi democrático non parece

o do autismo (punto 6 non se entendeu)

6.- Cabozo é unha web totalmente independente. Cabozo non ten nada que ver con Chuza. Ningún dos membros de Cabozo temos nada que ver con Chuza. Ningún dos membros de Chuza teñen nada que ver con Cabozo. Aínda que non temos nada contra Chuza ( e mira que nos choveron paus por parte dun grupo de usuarios de Chuza ), é máis, consideramos que no seu día foi unha das maiores achegas á rede galega e agradecemos que nos nosos inicios nos puxesen desinteresadamente o cabozo banner na súa web... cal é a intención de Nemigo para compararnos unha e outra vez cunha web que leva tempo criticando?

Que ten que ver chuza co que estamos a falar? Pois nada... autismo? A partires de aí algún fixo unha pelotea mental

Se non son partidario dos blog que fago tendo un? Mira, tampouco son partidario dos coches e teño un. Leo la voz, e non me gusta, e vexo telegaita, tampouco me gusta... Un día fágoche caso e deixo de traballar. Porque mira que me gusta pouco

Se eu estou nunha páxina (refírome como usuario activo e aportando) e alguén a critica paréceme ok. É democrático e lexítimo. Agora que a dirección de isa páxina teña (aquí pos ti o adxetivo) de protestar-criticar por isas opinións iso é... se mo contan non o creería

Sabes ti como chaman a facebook en cabozo? O CARALIBRO Pensas ti que aos de facebook lles gusta? Pensas que os usuarios de FB deberán ir a cabozo a... a dicir que? Que FB o fixo un rapaz subindo fotos nunha web? Que os que están en FB están alí porque lles peta?

Hai un dito chinés: pregunta o que non saibas e quedarás como un burro 5 minutos. Non o preguntes e serás un burro toda a vida. Claro que neste caso sería máis axeitado o castellano: a donde fueres haz lo que vieres
Que adaptado sería: se non sabes aceptar as críticas non vaias a ningures. Ou mellor queda na túa web que alí non che irán dicir nada... ou pode que si
Comentarios (4) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 15-10-2010 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
Apologies ou outra vaca no (blojo) millo [en Galiza]
veño de ver toda ista leria:

http://www.cabozo.com/taboext.php?grupo=taboleiro&id=500877&nick=LegnaLof






Algunhas partes do texto parecen estar feitas... por un becario a tempo parcial subcontratado por ETT sen remuneración, obviamente.

Atención a isto:



...
Por iso esiximos unha rectificación e as súas desculpas para todos aqueles usuarios de Cabozo que se sentiron ofendidos polos seus comentarios.

O equipo de Cabozo.


Nota: É probable que os responsables de Chuza e os moitos seguidores desa web tampouco se sintan moi afagados polas túas palabras
(sic)




Eu son usuario de cabozo (e tamén o fun de chuza!), non o emprego por motivos evidentes...

Pero como un usuario de cabozo ou chuza se vai sentir molesto porque pregunten pra que serven as "melloras" que fai a dirección dunha páxina? Pero ista xente le o que escribe?

A fin da chuza! foi o día que un tal bertinho decidiu votar os comentarios. Decidiuno el sen falalo con ninguén. Era unha mellora... supoñemos e foi o inicio da fin.

Non se entende moi ben que alguen se queixe (a equipa de cabozo?) por unha opinión cando unha das respostas que se dan é: é unha cuestión de estética, de mellora estética Pois pra colores hai gustos, din. A un gustaralles e a outros non. De tódolos xeitos non me vexo como cliente de el corte inglés e que me pidan que me desculpe. Sería tan absurdo que nin o plantexa ninguén

En poleiro propio
Pode que á equipa de chuza... quero dicir cabozo lle iría mellor se puxesen algo da súa parte en escoitar e aceptar (e tamén asumir) críticas. Ao mellor aprenden algo

O que queira ver o inicio do "pique" -> http://latri.ca/view/post:411850#comments

Todo ven de un chiste moi bo de tip e coll.
Cando a coll lle dan un vaso toma un grolo e di:
-Que bueno está padre, dónde lo tiro?

Foi exactamenete o mesmo que se lle dixo a bertinho de chuza! cando puxo o de votar comentarios e botou a web ao tacho. "Mellora" que ninguén pediu e supuxo o inicio da fin de chuza!
Podemos comprobar que na web galega non saben nin de retranca, humor e moito menos de "respeto" a ises usuarios que segundo eles representan

Pra os usuarios de cabozo
Agora pode que sexa mellor que aproveites pra pensar se che compensa ser "colaborador" de isa páxina. Xa ves o que pasa cando alguen pregunta por que se fai tal ou cual troco. Por preguntar, nin sequera se critica só se pregunta. Que pasará cando TI como usuario protestes a isa mesma dirección de cabozo? Que diran? Que esperas que che digan?
Comentarios (3) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 14-10-2010 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal