Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Dereitos civis na galiza [en Picoleto]
Xa vai meses o movemento polos dereitos civis contaba o caso en Pontevedra dus picoletos aos que nun curso de formación lles indicaban que apuntasen as matrículas dos carros que levaran colantes independentistas. Isto é ilegal. Apuntar aos que levan colantes, non levar pegatas independentistas (puntualizo por se está a leer algún pepero)

O asunto foi levado aos xuzgados e está pendente o asunto. Os beneméritos se sentiron indignados polos feitos. (Por seren acusados ollo, que a eles que alguén dea esas ordes nin lles merece unha investigación interna)


O MpDC solicitaba que se enviase ao ministerio di interior (español) unha solicitude sobre o asunto. Preguntando se existían tales datos. Pois xa hai resposta

Pois viñeron pola miña dous picoletos a traela. Imaxe de enriba. Tras interesarse por se tiña licencia de armas. Deuse unha situación subrealista. Os picoletos queixándose de que as botas que lles daban no cuartel lles facían dano nos pes e os chalecos os tiñan que pagar eles

As prioridados do imperio parecen ser manter aos nativos cautivos mentras que os servos non teñen nen pra chofa
Comentarios (1) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 26-10-2008 01:15
# Ligazón permanente a este artigo
Cabo R [en Penoso]
vimos de padecer a pésima planificación da cabliera enxebre. R nun exemplo de nula previsión pasa tódalas conexións de internet por un só cabo a madrid!

Falla ise cabo e galiza xa non ten internet. Así son as empresas galegas. Se falla algo quedan (deixannos) co cu ao aire

Non hai explicacións, unha gravación no 1445 di que teñen problemas en internet e que xa o saben. Colga. Pois iso, a ninguén se lle ocorreu ter unha alternativa pra sacar o tráfico da galiza se lles falla o enlace mesetario. Non pensaron en portugal nin en asturias. Santiago e madrid. Non hai máis

R, empresa chea de becarios e estudiantes en prácticas. Iso pagamos, unha das facturas máis altas pra que a ninguén se lle encendan as poucas luces
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 17-10-2008 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
GB denuncia á Mesa [en Galiza]
novo episodio surealista na Galiza. A suposta organización Galiza Bilingue ameaza con denunciar á mesa pola normalización linguistica. Os defensores do mesetario non están de acordo co traballo activo a prol do uso cotiá do galego na galiza e pensan en actuar de xeito retrógrado

Será pra escachar ca risa cando a mesa saque os papeis (e os colores) de casos como a imprenta que cobra máis por chollos en galego. As gargalladas escoitaranse ata en New York

Paco vazquez pode estar tarnquilo os pailáns seguen na súa teima reduccionista contra todo o que sexa acadar un uso normal do galego
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 13-10-2008 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
a web 2.0 fraude [en Internet]
os que levamos suficientemente na internet, dende antes da explosión www, vemos con desconfianza (eu mesmo) a chamada web 2.0 eu a chamo web 6.9 Penso que é máis descriptivo e achegado á súa realidade

Cando xurdiu ise enxendro fun dos que dixen que non era nin democrática nin participativa. De todo nos chamaban aos que opinabamos así. Hoxe xa non din nada de iso. Asúmese como tal o fracaso "democrático" da web 2.0

O spam estaos a matar

Ista nova
http://www.cotizalia.com/cache/2008/10/10/noticias_56_fondo_falcone_apuesta_millones_euros.html
Aviso a la banca: el fondo de Falcone apuesta 580 millones de euros contra Santander, BBVA y Popular

Foi enviada a menéame(la)
http://meneame.net/story/apuestan-600-millones-hundimiento-bursatil-santander-bbva
Apuestan 600 millones por el hundimiento bursatil del Santander y el BBVA

A nova ía camiño de ser publicada. Non chegou a tal. Foi descartada e o usuario baneado

"Por non cumplir as normas da páxina"

Por ello descartado este envío y baneado al autor por violar reiteradamente esta norma (con esta u otros cuentas).

A web 2.0 ten iso. Dous amigos e cero de democracia
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 10-10-2008 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
fiesta española [en SCQ]


Co gaio da festa da raza. Vense de organizar actividades alternativas non endogámico-elitistas

SE LO QUE NOS FIGESTES... NOS ÚLTIMOS 525 ANOS

celebra umha grande Fiesta Españhola no C. S. O Pichel (Santa Clara, 21, Compostela), a festa do 12 que se fai no 11.

http://seioque.com/index.php/fiesta+espa%F1hola;

Pois nada, a pasalo ben. E non invitedes aos picoletos

Comentarios (1) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 07-10-2008 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal