Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

e un día en que chegou a ser nada [en 2016]

Corazón



Este é un bloc ou sinxelamente unha páxina (im)personal, na que volcar (ou deixar ao remollo) a frustración por todo o que non vai ou debera ir doutro xeito, na miña opinión. Vai moitos anos que está operativo este enxendro dende entón trocaron moitas cousas, troquei eu e non sei se foi a mellor.
Hoxe é un texto diferente, demasiado personal para ser un blog sen pretensións. Hoxe trocou todo para ser outra cousa, non sei se mellor ou igual. Pero si sei que sera diferente.
Xa non estou ca persoa que para min foi durante 11 anos o máis importante. Pero durante todos esos anos non o sabía, non quixen decatarme do que tiña. E como as cousas boas e importantes doulle máis valor cando xa non está.
Cando se iniciou este blog tiña medo de dicir o que sentía, non quería falar de min. Pensaba que me podía doer o que dicía ou o que os demáis poideran entender das miñas palabras. Penso que dende entón aprendín a dicir máis cousas e a dicilas doutro xeito. Non estou certo de que sexa agora o día de amosalo

Vai moitos anos, demasiados, comecei o meu camiño como “profesional” traballando. E digo como profesional por que foi o meu primeiro traballo e todo era ilusión. Querer facer as cousas ben e sentirme orgulloso do que estaba a facer. Era nunha pequena grande empresa non lonxe de Compostela. Entraba de noite e saía de noite. Non vía a ninguén no chollo ata a hora de comer. Tódolos días eran iguais, iguais de desoladores. Tiña o que pensaba que quería na vida, un traballo nunha empresa forte e en poucos meses tiña contrato indefinido. Na empresa había outros traballadores que eran xa a 2 ou 3 xeración na empresa. Empezaran co vello vai máis de cen anos.
Pero non tiña nada. Era eu e o traballo. Un día lera no xornal ao medio día un anuncio dunha asociación que organizaba unha cea festa. Pareceume voa idea ir. Apuntara o número e cando volvía á casa pola noite, no medio dun camiño escuro entre árbores chamei. Facíame ilusión ir a esa festa, ver xente e pode que alguén por erro me saludase. Chamei e pedíronme un número de tarxeta para facer a reserva. Puxen sobre o chan da estrada escura e baleira todo o que levaba na carteira, baleireina buscando a tarxeta, ás apalpadas ca luz da lúa e do teléfono que mercara cun dos primeiros soldos que cobrara, atopeina e cando volvín coller o teléfono para dicir o número xa colgaran. Alí quedei, so. Naquel camiño a ningures, sen ninguén coñecido e a ninguén lle importaba. Era aquelo o quería ser na miña vida? Alguén so, nun traballo igual tódolos días? Decidín que non podía ser así, quería ver outro mundo e atopar a alguén. Marchei dun trabalo fixo sen nada, e durante meses busquei outro traballo. Aquela desoladora imaxe sempre me seguiu a cantos traballos fun e se pensaba que estaba mal ou o traballo era duro, lembrábame só naquel camiño a ningures, e lembraba que a ninguén lle importaba.

Pronto comprendín que viaxar por traballo e ter unha relación de parella era “casi” imposible. Ninguén aturaba estar separado meses e non saber se ao volver.... volvería a ese camiño só. Pero un día todo cambiou. Pensaba que sería igual de mal. Unha muller cun corazón de ouro fixouse en min. Nunca me atrevín a preguntarlle que vira en min. Pero ás semanas de coñecernos tivemos unha liorta non lembro o motivo e pensei que a próxima vez que falásemos lle diría que cada un debera ir polo seu camiño. Eso pensei en facer ao falar por teléfono, xa o tiña decidio. Pero ela pediu vernos para falar. Pensei que era máis xusto e correcto (ou menos impresentable) dicirlle falando en persoa que cada un debera marchar polo seu camiño. Estabamo xuntos e falábame de que o intentáramos que podería funcionar. E frente a ela estaba este parvo pensando como meter no medio do seu falar un impresentable que cada un marchase polo seu camiño. Non souben entón o motivo para non facelo. Non vía que tivésemos feeling. Case non nos coñecíamos pero ela tiña fe en nós. Durante os meses seguintes pensaba só se teríame iquivocado en non seguir cada un o seu camiño. Agora sei o que vin entón, decateime moitos anos despois. Tiña un corazón de ouro, é unha muller sinceira, xenerosa e boa. Pero entón non o puiden ver.
Pasamos anos xuntos e eu agardaba que en calquera momento rematara todo. Pasaba cada ano xunto a ela sen me decatar. De cando en vez lle dicía que algún día aquelo remataría, o tiña visto en máis xente e sabía que podía pasar. Ela mirábame e non entendía o que lle dicía, estabamos ben xuntos e eramos felices. Por que aquelo ia rematar? Os anos seguiron pasando, cada día que voltaba despois de meses fora da casa, a chamaba e eu agardaba que en calquera momento me dixera. Non volvas ou xa non quero estar contigo. Pero sempre volvía xunto a mín... agora sei que era eu o que ía xunto a ela. Non desfacía a bolsa. Tiña na casa todo na bolsa para marchar en calquera momento.... polo traballo ou por que ela me dixese: vaite. Non quería poñer nada meu non caixón ou pola casa. Tampoco tiña moito que poñer ou levar. Era eu, a bolsa, o coche... e a miña soidade. Se pasaba varios meses fora era ela a que se achegaba para que nos vesemos a metade de camiño. Un fin de semana en algún sitio... que non queriamos ver. So estar ela e eu.
En 11 anos de tódalas veces que me dixo que me quería eu ningunha llo dixen. Demasiado cobarde e orgulloso para dicir o que sentía por ela. Ela preguntábame se a quería eu quería dicirllo pero non lle podía mentir, a quería pero pensaba que aquelo remataría co tempo e sería duro para os dous. Non quería facerlle mal. Despois de once anos xuntos pensei xa estariamos xuntos sempre. Que eu levaría flores á súa tumba ou que sería ela a que espallaría as miñas cinzas...
O destino tiña outros plans. E un día os pequenos problemas de cada día medraron máis que o noso amor. Os proxectos xuntos esvaecéronse e os problemas cas nosas familias enchérono todo. A súa familia, a miña, a falta de tempo para estar xuntos os dous. Vin que alquel día no medio da nada, só nun camiño, de noite... volvía a estar só. O día que pensei que xa nunca chegaría, si chegou. E todo rematou. Non lle puiden dicir entón o importante que fora para min. Só fun quen de marchar, deixar todo o que xa nunca tiven. Volvimos falar para explicarnos e tentar comprender o que xa non podia ser. Tiven que ser honesto e dicirlle que todo rematara, que a quería demasiado para seguir nunha relación que remataría mal, con discusións e sen futuro. O día que nos despedíamos falamos de todos esos anos xuntos, do moito que nos queriámos e de como as nosas familias nos separaban. Falamos dos proxectos que xa non serían dos dous, porque non eran de ninguen.
Hai que ser honesto, dicir onde estás, que sintes e se algo non pode ser hai que compartilo. Ocultar o que se sinte non serve para nada, alónxate de ti e das persoas que queres.
E hoxe estou so, baliero, non teño nada do que pensaba ter construido en 11 anos? Non hai respostas, hai portas pechadas, corazóns baleiros, rotos, soños que foron día a día. Que lonxe o vexo todo. Se non fose porque vivín cada minuto de esos anos. Ela estaba ao meu lado nos momentos malos, nos que pensas que ninguén pode axudar. Estar aí é o importante. E ela estaba, os dous estabamos xuntos. Sós.
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 04-01-2016 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal