Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Charlie Hebdo [en París]
Son tempos de barbarie e intolerancia. Algún que levamos na internet dende os anos 1990 (o acceso que tiñamos a internet eran libros nos que falaban da rede e dunha conexión inalcanzable pola Timofónica) Dende entón temos visto de case todo. Case sempre estamos envoltos en liortas pola liberdade de expresión, a crítica, a retranca e máis concretamente en liortas políticas. Todo o que non pensa como os que levan as páxinas é un izquierdoso vermello tirando a comunista de corea do norte. Non se sabe case nada de corea do norte pero eles saben perfectamente como funciona aquelo e certifican que os que non pensan coma eles son de alí.

Charlie Hebdo



Volvendo a internet, moitas veces coincidimos en liortas varias. Tanganas montadas por presuntos web(on) master que perpetran páxinas que teñen a mesma estrutura e organización que os cortijos andaluces. Eles prostitúen as páxinas e os demáis deben aplaudir cas orellas. Cando todo esto sale da internet (pasa pouco) a cousa vaise das mans.
Agora con isto da internacionalización e ca teima de empresas e gobernos de explotar a outros pobos e países a cousa foi a peor. Sempre se empregou a relixión para discriminar e xustificar a violencia. O analfabetismo fixo o resto.

O acontecido en Francia (a saída de nai das protestas contra uns debuxos de pésima calidade artística e ningunha calidade intelectual) levou a que uns mediocres vivan á conta de todos. Monto unha tangana e que me subvencionen. Eso funcionou. Pero esto non xustifica a violencia aínda que si a explica.
O acontecido víase vir pero ninguén quixo evitalo. Na españa vivimos situacións semellantes cando a coroa censurou a El Jueves por denunciar a incompetencia e corrutela na que vive a monarquía española. Calan cal putas os nosos políticos, afeitos a censurar. Facer escarnio non é libertade de expresión. Ata nos rexímenes máis tiránicos faise escarnio. Os chistes sobre Franco ou Hitler no seu tempo eran moito. Pero que nos tenten vender a busca do cabreo alleo, a falta de tacto ou cando menos de bo gusto... non pode colar.

Eu non son Charlie Hebdo pero tampouco son Aznar, nin teño nada que ver co exército español torturador de prisioneiros en iraq. Tampouco teño nada que ver con leis que impiden dicir as verdades da igrexa católica, as súas corruptelas e incompetencias.
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 10-01-2015 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal