Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

viaxando pola memoria histórica do franquismo [en Paradores]
un pode viaxar e a pouco que o faga pode chegar a unha conclusión: os hoteis son malos. Uns máis que outros. Co tempo chegas a outra conclusión os paradores son os únicos hoteis con personalidade propria. A explicación é moi sinxela -> non son hoteis.
Ao non ser hoteis non os ves como tal e entón é cando che poden gustar. Son edificios pra ver e pasear por eles.

No número 39 da revista de paradores... paradores ten revista e ata páxina web... non todo na administración son o pasado. Ou pode que si. Na páxina 10 da súa revista (aínda non dispoñible na internet pero o estará co tempo) pódese ler:


Cuentan que en el año 1963 Franco, acompañado de su
ministro Manuel Fraga, estaba recorriendo la zona a la
búsqueda de una ubicación para un nuevo parador de
turismo. Llegados a un alto desde donde se divisaba la
península de Monte Boi, fue el propio caudillo quien de-
cidió el lugar elegido". La historia la recuerda Enrique
Carneiro, conserje del parador desde quese inauguró en
1966..."



páxina 10 do número 39 da revista de paradores

Alguén poidera sorprenderse de que franco en 1963 tivese tempo, el e mais o seu ministro fraga, pra andar á busca de ubicacións pra paradores. A día de hoxe ningún ministro ten tempo pra isas teimas pero os tempos de franco eran outros... e as historias as mesmas.

pódese facer apoloxía do franquismo con cartos do estado
pra que serve ter memoria histórica se ao final a revista de paradores ensalza a franco, o franquismo e os seus ministros?
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 26-01-2012 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
morreu o vello fascista [en asasino]
por fin

tras moitos anos de padecer ao vello fascista. Franquista convencido. Nunca renegador do sufrimento que el o réxime do que foi colaborador necesario fixo xa está entre os seus: NO INFERNO alí poderá berrar que o inferno é del. O mesmo inferno que fixo pra moitos que o padecemos e tivemos que aturar... a iste nazi.


o fascista en acción

Todo o odio que iste impresentable creou. O seu sectarismo. A persecución á que someteu a tódolos que non eran da súa corda. O constante desprezo aos que non "pensaran" coma el. Ninguén pensaba como el, nin coma el nin coma franco. Era manterse no poder a toda costa. Por riba de todos e de todo.

Un cidadán poñerndo orde na desfeita. Fraga franquista con tódalas letras, nada de demócrata nin gaitas

Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 15-01-2012 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
xusticia cega (e moito) en policías contra xitanos [en Ferrol]
Veño de ler esta nova:

Cerca de 25 años de cárcel por la agresión a policías en Catabois (Ferrol)

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2012/01/13/cerca-25-anos-carcel-agresion-policias-catabois/0003_201201F13C4996.htm

Os xitanos non mataron a ninguén. Que ninguén se equivoque. 25 anos no caldeiro, VITENCINCO ANOS por unha tangana. Nin o condeado polo asasinato de Marta del Castillo ten tal condea.



Uns axentes de policía (de paisano) entran nun campamento xitano, eles sos. Ameazan a un señor maior (isto non o pon na nova) de loito. A xente indígnase, protesta, a cousa vai a máis e de aí ármase unha trifulca. Os xitanos son xente orgullosa e solidaria. Reaccionan.

Cando aconteceron os feitos... ou mellor dito: cando se soubo da desfeita (vai anos) os axentes da orde (e a lei?) dixeron que foran ameazados cunha escopeta de canóns recurtados. A tal escopeta foi entregada entón no xuzgado polo avogado dos xitanos demostrando que a tal escopeta non tiña os canóns recurtados era: MENTIRA, A POLICÍA MENTIRA

Agora sea a sentenza e resulta que a tal escopeta apareceu ANTES de eles entrar no campamento (e non se menciona nada dos canóns recurtados) O que fora unha consecuencia da discusión (final) pasa a ser o motivo da liorta. O vello de loito xa non se menciona por ningures. Entón tampouco se falou de que ninguén resultase con secuelas e taras. Agora resulta que hai minusvalías nos policías. ¿O Irixo dous? Un axente cunha eiva de máis do 50% que lle impide traballar na policía pero non ir de feirante polas feiras? E os veciños anos no caldeiro.

Pois xa vemos como está o sistema xudicial na españa:

-Asasinado dunha menor -> 20 anos no caldeiro

-Montaxe policial -> 25 anos no caldeiro (pra os xitanos)

E xa de traca falar de 200 mil euros de indemnizacións. Hai xente morta que non custou tantos cartos. Xente ferida en accidentes con secuelas moito máis graves non chegaron a cobrar nin a décima parte de isto

conclusións
o sistema xudicial herdado do franquismo necesita reformas urxentes. Democratizacións que impidan que minorias socials sexan discriminados e criminalizados. Perseguidos como non o é delincuente algún no país. Non pode ser que un "corpo policial" de nula formación e utilidade estea a prostituir a legalidade. Nun campamento xitano non ocurre nada que obrigue a que dous policías de paisano entren como uns elefantes nunha cacharrería. Hai que ter unha profesionalidade, un saber estar e facer. E xa na utopía pedir un trato correcto por xente prepotente e analfabeta que pensa ser superior aos que os padecemos e pagamos cos seus soldos. Cartos tirados.

xornalistas pailáns
xa de traca é que os xornalistas dean unha versión e só unha dos feitos. Non teñan nin a decencia nin a vegonza de falar co avogado dos xitanos pra dar a súa versión dos feitos ou cando menos decir que a versión que eles (e os policías) deron no seu día foi outra

competencias
Lembrar tamén que as competencias en materia de armas son da garda civil. A policía nacional non ten competencias. Se alguén comete unha infracción de armas (non se cometera ningunha) debe ser a GC quen se faga cargo. Por moita policía nacional que houbera se alguén comete unha infracción de tránsito debe ser a policía local ou a GC quen se faga cargo. A policía nacional non pon multas de transito, non é a súa competencia
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 15-01-2012 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
turismo no porto exterior Punta Langosteira [en Arteixo]
Veño das obras do porto exterior da coruña... non hai palabras. Maquinaria pesada de obra sen matrícula por estradas de uso público (ou non)
Segundo a garda civil de Arteixo se hai un accidente paga o seguro da obra.

Atención: se un vehículo sen matrícula fora dunha obra, carente de matrícula, ten un accidente paga o seguro da obra. Dito tal cual



dummper de obra sen matrícula por unha estrada de uso público


pero a cousa non remata aquí, A estrada pola que circulan é de fenosa (de novo información de primeira man da garda civil de arteixo) como a estrada é de fenosa (?) poden ir por aí...


a obra do porto exterior en punta langosteira é como o guadiana. Aparece, amplíase, ocupa e deixa ao cidadán sen accesos ao mar

-Pra que queres ir ata o mar? (de novo a guardia civil de arteixo sección pes no chan)





Se queres acceder a zonas libres e de acceso público segundo a sinalización non se pode acceder PASO CORTADO entón vas pola costa... súbeste ás rochas, escalas polos acantilados, vas por un espigón en construcción no que eses mesmos camións botan pedras de toneladas... así é como se accede segundo a garda civil de Arteixo. Ademáis non tes razón en queixarte, non se pode pasar, din



estrada cortada que impide o acceso ao mar (SIGPAC)
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 09-01-2012 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal