Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comunitel vs. BA.st (pro L$$I)
Iste enxendro de blog é so para como o título dí: cut and paste aproveitar o que fan outros e non dicir ren a nenguén. Faremos hoxe unha excepción, porque é domingo e me peta.

A revendedora de telecomunicacións Tele 2 protestou por un post publicado en BA.st no que se falaba da cobertura que ofrecía (Tele2 se entende, BA.st non ofrece nada que se saiba.) Non só protestou, iso xa o facemos os usuarios de telecomunicacións, ademáis denunciou a BA.st por non retirar ise post.

Dende BA.st din (máis ben pouco e mal) que non retirarán o post se non é por orde xudicial (cabezóns que son algúns.) Boeno, pois enfrentados os bois e cruzados os cornos vivimos outro episodio do despropósito da L$$I

En barrapunto

http://ciberderechos.barrapunto.com/article.pl?sid=07/01/26/139205&from=rss



A fiscalía mete a culler no asunto e agora o asunto está en responsabilizar ao autor do post vía IP Impresionante

Resumindo a historia
Un usuario bocadepez pon un post con información que pode ser interesante pra outros usuarios (ata aquí todo correcto.) Comunitel di que non lle parece ben e BA.st di que naranjas de la china. Está posteado en granito, non moven nada. E que culpa ten o usuario de todo isto?
Pois debe ter culpa porque lle queren cargar o morto. Se o post molesta será función do administrador da web ou dos mod quitar o post. Así de sinxelo. Se o administrator se encoña e os de comunitel se poñen tontos debe pagar o bocadepeixe o pato? NON pois claro que non.

IP
Outra desfeita en todo iste despropósito é o da IP. Que non dirán a ip do usuario ata que o pida o xuiz. Din dende BA.st e no lo aseguran (?) Lembremos que a IP está considerada pola propria axencia de protección de datos como dato confidencial. Só pode ser revelado (como o terceiro milagre de fátima) a petición do interesado ou por orde xudicial. A IP dos servidores de BA.st non ten validez legal algunha
Aceptar isa IP como probatoria sería como se che entran a roubar na casa e ti vas á comisaría cunhas pegadas que ti mesmo recolliches na casa. Escacharían ca risa ata os cadetes en prácticas.

Pero a cousa non remata aquí. Quen ten acceso ao servidor de BA.st ademáis do administrador? Pois rwx e piezas Cando entreguen no xuzgado isa presunta IP do autor do post que pode pasar? Pois que isa persoa negue os feitos, posiblemente. A IP en si mesma podería non significar nada. Chamarían entón a rwx e piezas a declarar ao xuzgado como testigos. Non poden mentir, sería delicto. Josh pode mentir porque é imputado, iso dirallo ata o xuiz. Boeno, o xuiz diralle que pode mentir o de imputado xa llo lembrará o seu avogado.
No xuzgado preguntaranlle aos supermod (nerd) cal é a súa relación con BA.st e se teñen acceso ao servidor. Outra das preguntas pode ser se teñen posteado algunha vez como usuarios anónimos (bocadepez.) Do xuzgado poden sair como imputados. Pode que chamen tamén a declarar aos demáis mods da páxina e lles fagan as mesmas preguntas. Que dirán á pregunta de se postearon algunha vez como "bocadepez"?

Seguridade do servidor de BA.st
Pregúntome se algunha vez foi hackeado o server de BA.st. Que dirá o administrador (imputado) a isa pregunta? Podería unha terceira persoa (non vinculada a BA.st) entrar no servidor e trocar os log das IP? Sería outra posibilidade que desautorizaría a IP que amosen.

Conclusións
Comunitel está no seu dereito en defender a información que considera confidencial e sensible. Emprender as accións que considere oportunas contra quen viole ista norma.
BA.st como calquera outra web pode acollerse á liberdade de expresión (xa o ten feito!) e publicar a información. Debería tamén seguir nesa línea e protexer ás súas fontes (cousa que di non fará.)
A cabezonería de BA.st non debería perxudicar aos usuarios se uns é outros queren mirar quen mexa máis lonxe que non salpiquen
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 28-01-2007 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
Cut & Paste
Cut & Paste
Podería ser o título de calquera blog. Copiar, pegar e non dicir ren ao autor.




Penosas son situacións que se dan na Web 2.0 (mellor chamada web 6.9) como a descrita en

http://www.gorkalimotxo.net/blog/index.php/2007/01/05/todos-somos-delincuentes/

A Historia do pobre oso ruso MITROFAN Sacado do circo, emborrachado e cheo de larpeiradas foi ceibado pra que un rei dun país moi lonxano lle pegase uns tiros e como segue a historia aquí:

http://chuza.org/historia/investigan-en-rusia-se-o-rei-juan-carlos-cazou-un-oso-borracho/


E o que acontece cando se fan brincadieras ca "familia real":
http://chuza.org/historia/fiscalia-querela-se-contra-deia-e-gara-por-fazerem-brincadeiras-de-mitrofan/
Quen lle ía dicir ao oso de feira borrachuzas e larpeiro que remataría formando parte da historia monárquica do sucesor nomeado por franco.

Resulta inexplicable que se persega a alguén por bromear sobre a "familia real" iso faino moita xente incluso de xeito inconsciente (nunca mellor dito)
http://chuza.org/historia/grandes-momentos-de-la-voz-de-galicia/

Pero se alguén lle parecen poucas as fotomontaxes sobre as súas maxestades pode visitar a páxina de Milinko.com:
http://www.milinkito.com/Family.php?pag=11


A solución a todas istas situacións absurdas é ben sinxela...


Terceira república XA!



Vindeiros Cut & Paste


Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 14-01-2007 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal