Nemigo Galiza |
|
Non son partidario dos blog |
|

|
Nemigo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Netiqueta pra web(on)masters |
|
Neste despropósito ao que nos levan os gurús da web 2.0 hoxe damos un paso a nengures. Cando nunha web hai tangana sempre aparece un nerd falando da netiqueta. Da netiqueta dos demáis, os usuarios. Coma Dustin Hoffman en Toodsie na que facía de muller que tiña que aconsellar a outra muller mallada. Que fose a un psicólogo lle poñía no guión. Non dixo tal. Dixo o que diriamos todos (excepto os mod) malla ti nel a próxima vez. TRIUNFOU hoxe mallamos nós nos web(on)master.
NETIQUETA PRA WEB(ON)
Un Definicións, web(on)master nunca es ti, sempre os outros. Usuario-troll, todos. Flames... os biosbardos e pantasmas
Dous O contido das páxinas o fan os usuarios. Ti tranquilo, non fagas ren. Agarda que así moitos chergaron a rico
Tres Os usuarios deben estar rexistrados, a ser posible pola policía. Un auténtico e toca pelotas web(on)master debe esixir o rexistro dos usuarios
Catro Pedazo de cafres usuarios. Daslles a posibilidade de expresarse e están a falar mal de ti e os teus. Serán trolls
Cinco Por el culo te la... Obvio. Ou que pensaches ao te conectar?
Seis Oh, se iste número tivese un nove detrás... agarda un momento que teño que ver un par de páxinas
Sete O teu server é o mellor. O mellor da china, claro
Oito Proxy? Non tal. Os proxy só os pode empregar o web(on)master. A IP do usuario é miiiiñaaaaa. A cebola nen na ensalada, non vaia ser o demo
Nove Fala mal de Bill Gates. Iso da sona. Máis todos empregan o seu software ás agachadas pra todo. A páxina dun auténtico e fanatizado web(on)master está optimizada pra implorer
Dez Alguén sabe ao que se adican os web(on)master antes de ser web(on)master? Non. Non o sabe nenguén porque os web(on)master son coma os bugs. Aparecen por todas partes pero nenguén sabe de onde saíron
Once Publicidade, publicidade, publicidade... de pornografía e prostitución obviamente
Doce Se chegaches ata aquí e es web(on)master xa non te lembrarás ren. Imprime a etiqueta e si. Pégaa aí mesmo. Así cando a quites serás un web(on)master pelón
* Nerd é alguén que sabe 50 posturas pra facer o amor pero non coñece a nengunha muller |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|