coca cola, a mítica multinacional. Exemplo de imperialismo yanki está a facer (outra) nova campaña publicitaria. O machacón e infantil "chispa de la vida" deu paso a un consello de "consumir" coca cola local. Existe iso?
Mira a etiqueta da dúa coca cola e busca que sexa da túa zona, din
Pódese facer iso? Un producto imperialista alleo ao 100% á nosa cultura pode ser local?
Todo isto véndese como un compromiso ecolóxico, de aforro enerxético (!)
Isa é a versión coke. Agora o outro punto de vista
Coca cola está a ter moitos problemas co seu plantexamento. Moitas fábricas que compiten entre si. Así pode ser máis barata unha cocacola feita en alemaña que na españa. E na españa pasa o mesmo, a envasada en barna pode ser máis barata que a feita en asturies
Iste solape de mercados só ten unha solución: o control (ou dise manipulación?) do mercado propio de coca cola. Ata entón tócanos a nós facer de comisarios comerciais de cocacola. Ata que chegue a slim coke!