Nemigo Galiza |
|
Non son partidario dos blog |
|

|
Nemigo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
conxuro na noite de san xoan pra web 2.0 [en meigas] |
|
escoitei dicir hoxe que pra ista noite buscarían conxuros na internet. E pensei eu que razón teñen. Hoxe todo o mundo está a buscar información na rede pra calquera cousa. Que menos na noite de san xoan. Algo poñerá na rede que poida ser de axuda. Dende aquí aporto o conxuro web 2.0 no século XXI. Que perdoen os vellos e puristas de isto dos meigallos. Porque meigas hainas e trasnos sobran
CONXURO WEB 2.0
Igredientes pra tres persoas (menos son parella e máis multitude)
-Unha peceira (non vale mac)
-Alcohol, que non sexa de jarrafón pero tampouco de marca
-Algo pra remexer (o líquido, se entende)
-Sucre, doce ou tamén mel
-Aljo de caña (do país)
-Especias, tamén valen se son normais
-Aljún ingrediente proprio, por iso de personalizar e customizar
UN chimpar todo no caldeiro, importante poñer cara de que se sabe o que se está a facer (lembrar alcaldes en campaña)
DOUS arremexer, tamén se di mixturar, hai quen só lle da voltas
TRES aprejuntar aos presentes que queren pouco, moito ou irán cheos
CATRO é o número máximo de voltas que se lle debe dar ao caldeiro en cada quenda
CINCO...
SEIS mal si no lo veis
SETE nin se che ocurra ser o primeiro en probar o mexunxe
OITO meijas fora!
NOVE gurús tamén fora! (vaia o demo neles)
DEZ toma outra vez
ONCE non te poñas cego
DOCE cacharos en total |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|