Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

En crisis allea [en galiza]
nestes días estamos a ver a iniciativa en publicidade de dúas empresas jallejas Televes (agora xa sen tilde) e La Voz de (caixa) Galicia ambalas dúas do seu xeito tentan chegar a máis clientes

Televes unha vez modificado o nome da empresa. Será que iso de ser internacional non vende con tilde. Pensarán o mesmo en Citroën ca súa diéresis? Parece que non. Pois Televes optou por facer campaña a prol da tv HD cun camión... Como di a canción eu pra ser feliz quero un camión. Eles tamén pero o seu é mercedes ->

http://hdtv-tour.com/



Os tempos non están pra menos. Pero un se pregunta: tiña que ser mercedes o camión? Non hai en españa marcas de camión ou mesmo na galiza? Non lle interesa a Televes apoiar ás industrias da galiza? Que aporta Mercedes que non poida aportar... URO ? -> http://urovesa.com/es/

Penso que televes podería ter feito o seu tour con un vehículo fabricado en santiago perfectamente e amosar o compromiso ca industria da cidade. Ben que os beneficia a todos ter empresas competitivas, un tecido forte en compostela

La Voz de (caixa) Galicia

Na mesma liña autista está la voz. Ven de facer unha promoción na que "regala" coches... Audi A3
Como todos ben deberíamos saber audi e o seu modelo A3 deixan moitos cartos na galiza ou vai ser que non deixa un can

As empresas do auxiliar do automobil jallejo están en horas baixas e como axuda la voz? Pois xa se ve

Terá menos glamou o picasso pero deixa bastantes máis cartos na galiza e de seguro que sería un detalle que os milleiros de traballadores da galiza agradecerían pero non foi

Conste que Faro de Vigo tampouco regala coches de citroën. De quen pensarán isas empresas que viven? Pensarán que venten mundos e moreas na alemaña? Pensarán que os traballadores galegos que teñen (temos) que marchar fora da galiza a buscar chollo non vemos todo isto?

Falta orgullo de ser galego. Mentalidade de país. Miras de facer negocio e industria. Malamente podemos pensar en fabricar e vender cando non somos quen de mercar o noso. Así nos vai
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 03-05-2009 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal