Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Che oleiros [en insulto]
"... hay personas que han venido desde cuba a esta inauguración pagando el billete de su propio bolsillo... "
(gelo dixit) Sábado, 28 de xuño de 2008



O Che

gelo é un curioso persoaxe que exerce de alcalde en Oleiros. Oleiros é un pequeno concello preto de A Coruña que soubo aproveitar isa proximidade e facer de ela o seu crecemento. Lugar residencial de moitas persoas que traballan en A Coruña e na zona próxima. Un concello que sería terreo sen uso e case sen valor pasou a ser zona cotizada e apreciada. O alcalde autoproclamado comunista nun concello de clase NON obreira. Xente q vive bastante ben en comparanza cos concellos veciños

As maiorías non son boas pra o exercicio da democracia e o respeto polos demáis. Así alternativa dos veciños (así se chaman) poido levar (e traer) oleiros durante moitos (pode que demasiados) anos

O alcalde comunista dun concello burgués, fixo e desfixo (en proporcións opinables.) En Oleiros vívese ben, iso parece. Pero gelo foi máis lonxe. Episodios como o derribo dun muro particular sen un só papel e as posteriores ameazas da policía local ao propietario remataron co alcalde en suposto fora de xogo político. Gelo volveu (a si mesmo) e con máis forza. Fixose ata promotor inmobiliario no seu proprio concello (nunca mellor dito.) Situacións absurdas como gelo dicindo que expropiaba os terrenos pra facer beirrarúas porque en oleiros o terreno era moi caro (sic) Ou dicindo que el investía os seus cartos como tódolos galegos (que máis quixeramos nós que ter o seu "ollo" pra os negocios inmobiliarios.)

O alcalde comunista (e rico) adicou rúas a Liste, á república española ao che... Non é dabomdo pra o alcalde. E decideu (nunca mellor dito) poñer unha estatua ao che. Persoaxe de dubidosa humanidade e de méritos discutibles. O alcalde se xustifica (non ten maiorías e o que lle queda) con que se puxese unha estatua á virxe non se protestaría. Boeno, descoñezo as similitudes entre a virxe e o che. Penso que a virxe non matou a ninguén. Do che non poden dicir o mesmo. Cuba é unha dictadura e o proprio che se desentendeu dela e de fidel cando viu que aquelo era máis do mesmo

180 000 euros
Agora o alcalde deixa outra mazá envenenada. Non hai unha estatua a Ganhi que ten bastantes máis méritos que o che e non matou a ninguén o che...

Protestaríamos se se pon unha estatua relixiosa nun lugar público. Pra iso están "os templos" ou as tabernas. Protestamos contra unha estatua ao che. Tamén protestaría se lla puxesen á CIA ou a Bush


GELO, PÁGALA TI E POLA NA TÚA CASA




Cámara ilegal na rotonda onde está o "monumento" a "O Ché"

falar ca boca chea sen cancelas
Por momentos a inauguración e os discursos foron subindo de despropósito. Unha presunta xornalista fichada a locutora a pé de rotonda criticaba moi solta ela aos que protestabamos contra os 180 000 euros gastados na estatua. Segundo ela o desplifarro fora máis na cidade da cultura (con dos cojones) En política habería que ter máis vergonza "el y tú más" debería ser desterrado vai moitos anos. Pero non. Dis que eu son malo... ti es peor
E o cidadán que carallo é? Paga a megalomanía de uns e outros e non pode dicir ren ou agardar que se teña sentidiño. Señora: protestamos contra a cidade da cultura, protestamos contra o monumento ao che... pero protestamos polos despilfarros e polas homenaxes a persoas de dubidosos méritos. Non protestamos porque o fagan os da dereita, os da esquerda ou os de arriba contra os de abaixo. Y quítate tú pa ponerme yo, non é a solución

O alcalde comunista de oleiros perpetrou a palabra. Falou pero non pra explicar os méritos, fazañas e bo facer do che que o farían merecedor dunha homenaxe. Non, o alcalde falou de bush, da guerra e de guantánamo. Dun satélite que foi derribado por un mísil (soa a coña e o é, pero falou diso.) Do malo que é todo iso (hai alguén que non o saiba xa?, e que carallo teñen todas isas lerias ca estatua do che?)
A dereita non ten nada que facer en oleiros, di o alcalde comunista

insulto
un picoleto despois da inauguración (con máis bos modos que idea) nos dicía aos que alí protestabamos ante a oscena exhibición dunha homenaxe a un asasino. Que asasino era un insulto e el tiña que actuar no momento que se produxesen insultos. Consultado de seguido se era insulto chamar fachas aos que alí protestabamos non houbo resposta máis que o silencio

Insulto é dicir que a isa inauguración ven xente de cuba pagando do seu propio peto o billete de avión Iso si é un insulto. Insulto á intelixencia. Insulto ao pobo cubano que pasa fame. Insulto aos que son represaliados en cuba. Insulto á liberdade

Che Guevara - Anatomía de Un Mito (Completo 1:10:08)


Fusilamientos? Sí
Fusilamos y seguiremos fusilando
Nuestra lucha es una lucha a muerte

(el che dixit)
Asamblea General de las Naciones Unidas el 11 de diciembre de 1964



O fillo de "o Che" non entende as críticas ao monumento ao seu pai en Oleiros
«Sempre aparecen inimigos ao pensamento do Che, vino varias veces, pero non recordo que pase en España» Camilo Guevara
http://www.avoz.com/galicia/2008/06/28/0003_6943500.htm?idioma=galego

reaccións delincuentes
Publica la voz de (caixa)galicia un artigo sobre a inauguración. Di nel que cando os que alí estabamos protestando contra isa homenaxe ao che e lle chamamos asasino ao che. O alcalde comunista de oleiros se dirixiu ao xefe da policía local de oleiros para que identificase a ises delincuentes

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/06/29/0003_6946282.htm?idioma=galego

Se non fose porque gelo é de sobra coñecido, el e as súas formas carentes de respeto a outras opinións e persoas (apoia á dictadura cubana por exemplo) Así que os que diciamos asasino á efixe do che somos -> delincuentes Que pouquiña memoria ten iste home. Parace ser que non quere lembrar que el chamou a Sharon asasino. Tivo que intervir o ministerio de asuntos exteriores e ata o mismísimo fraga (parece ser que cando falou con el non era fascista dos que nada teñen que facer en Oleiros) e retirou a súa campaña de insultos (?) contra o representante democráticamente elexido en Israel

http://www.libertaddigital.com/noticias/noticia_1276237753.html

http://www.lukor.com/not-esp/internacional/0411/16195742.htm

http://www.elmundo.es/2004/11/17/mundo/1720367_impresora.html

http://www.nodo50.org/unidadcivicaporlarepublica/opinion%203/intifada%20en%20oleiros.htm

E podería publicar bastantes máis enlaces do asunto. Gelo chamando ASASINO a Sharon. Ninguén lle chamou a el DELINCUENTE


hemeroteca da desfeita
Di o xornal que se independiza da mañá -> "Sólo seis exaltados vecinos, con gritos contra el régimen castrista, intentaron, sin lograrlo, entorpecer la inauguración." Asinado por PAOLA OBELLEIRO

Non sei con quen falou ista muller, debo ser un dos seis a quen non preguntou. Nada teño que ver con oleiros. Exaltados di? Estivemos calados mentras gelo despotricaba as súas pallas mentais. Só se protestou cando dixo que viñera xente de cuba pagando o billete do seu propio peto. E cando se descubreu a estatua chamando ao che o que todos que queiran saben: é un asasino Fumos nós insultados e nos tentaron agredir. Foron dúas persoas un señor maior con intoxicación e unha señora maior histérica superada polo evento que foi bater cun menor de idade por certo. En ningún momento nos achegamos ao monumento nin se impediu que outros se achegasen

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/siempre/Oleiros/libre/elpepuespgal/20080629elpgal_15/Tes

Outra vaca no millo 20 minutos
Sin embargo, una decena de personas increpó al alcalde...
Nadie "increpó" ao alcalde. Coreouse asasino dirixido ao che. Ese monumento é un insulto aos centos, miles de víctimas. Nunca se pode erixir un monumento a un asasino e moito menos facerlle unha homenaxe
http://www.20minutos.es/noticia/393961/0/che/oleiros/coruna/

Listaxe de blogs sobre iste despropósito
http://cronicasbarbaras.blogs.com/crnicas_brbaras/2008/06/el-ch%C3%A9-de-oleiros.html

Moi boa reflexión cunha conclusión moi clara: a culpa de todo isto é do PP, PSOE e BNG teñen maioría os tres. Suficiente pra chimpar a seoane pra cuba
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 27-06-2008 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal