Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Dolmen de Dombate [en restauración]

Dolmen de Dombate baixo cuberta festeira


como xa fixera máis veces achegueime ao dolmen de Dombate. Lembro de pequeno unha excursión alí. Ver aquelas pedras xuntas, un entorno rodeado de piñeiros. Subir ao dolmen e entrar nel
Vai un ano, cando estaba cuberto por un toldo penoso voltei por alí. O lugar está rodeado dun peche. Todo parecía abandonado
Este fin de semana voltei por alí. Para ver se era certo o dos traballos de investigación e a dignificación do entorno. Hai unha inmensa carpa de feira cubríndoo todo. A lo menos parece que xa se toma en serio a deputación de A Coruña Dombate. A idea que teñen é construir unha estructura de madeira sobre o Dolmen, un museo ao seu redor. Que se poida ver e que estea protexido da choiva, do sol, do vento... da xente

Dombate transmite algo. É algo sinxelo, directo, cotiá. Cas pedras cas que os nosos antergos facían os seus castros fixeron ise dolmen

Se visitas agora dombate unha amable guía che explica o que é ise monumento e o que pretende facer a deputación. Antes ca min estaba a falar con outro home que se mostraba decepcionado Decepcionar Dombate?

Historia
Cando se estaban a construir as pirámides e Stonehenge galiza entrou na historia. Ao mesmo tempo que ises pobos. Nun recuncho da Galiza os nosos devanceiros acadaron a inmortalidade
Galiza acadou conciencia de seu. O tempo pasa e eles quixeron deixar a súa pegada nel. Os seus descendentes, os demáis pobos saberían que na Galiza vai 5000 anos o tempo parouse en Cabana de Bergantiños

Dombate, o dolmen, as súas pedras, o esforzo en construir o seu monumento non daría mellor vida ao seu pobo. Non terían as súas xentes máis pra comer, nen mellores roupas, a terra non sería máis fértil o clima máis xeneroso nin os seus guerreiros máis bravos. Non necesitaban nada de iso nin pretendían demostralo

O seu esforzo. A súa organización social. O xeito en que vían o seu entorno e a súa vida. Iso é Dombate
Dende 5000 anos mandáronnos unha mensaxe. Eles non tiñan os medios dos que construiron as pirámides, nin eran tanta xente como a que fixo stonehenge pero fixeron o dixeron o mesmo -> somos inmortais

DECEPCIÓN é a cidade da cultura
DECEPCIÓN é a tvg
DECEPCIÓN é a RAG
DECEPCIÓN é o canibalismo do pobo galego
DECEPCIÓN é a ignorancia

O noso pasado nunca decepciona. O noso pobo nunca decepciona

Imaxino ao pobo que fixo Dombate. As xentes sudando baixo o sol, os cativos xogando ao redor. Os vellos mirando cos ollos húmidos como se ordenan as pedras e se honraba aos mortos. As mulleres ledas de que todos estean xuntos

Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 23-06-2008 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal