Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

RealAG sempre en GALIZA [en redacción]
http://www.avoz.com/galicia/2008/06/08/0003_6886803.htm?idioma=galego


venme de sorprender (outra vez) a REAL Academia Galega dicindo que o nome da Galiza é Galicia o único, grande e libre nome é -> Galicia

G A L I C I A


Castelao errado, medio pobo galego enganado, o país en pleno proceso de catarsis ante tamaño descubrimendo da REAL academia galega.
Lembremos que se ten solicitado á carca institución posicionamentos claros en defensa da toponimia galega. Non moveron un dedo. Agora a bipartita xunta consúltalles como se chama galiza. Mira que podían consultar cousas. Pero non. Eles queren saber o nome da Galiza. E quen mellor pra dicilo que a institución "real" e franquista

Dende o autismo que caracteriza ás institucións académicas (non se enteran da sociedade, da cultura e moito menos do país.) pero saben dicir agora que isto se chama GALICIA. Manda carallo! Galicia canibal, que se dicía. E pregúntome eu: se saben que o nome é galicia porque non o dixeron antes? Claro! E que non lles preguntaron. Todo isto lembra ao chiste de ise que naceu e non choraba. Fixo a primeira comunión sen falar. Rematou os estudios sen dicir ren. Foi facer o servicio militar e volveu sen falar. Todo o mundo pensaba que era mudo. Cando tiña corenta anos dixo un día na cea:
-mamá, a sopa está fría

Todos quedaron abraiados. Sabía falar!
A nai preguntou. E porque non falaches antes?
-Todo estaba ben ata agora!

Pois nada, xa sabemos que a RAG ten lingua (agora queda por demostra que teñan cerebro)

De tódolos xeitos foi unha boa cousa que en san caetano pensaran na RAG pra saber cal é o nome da galiza. Alguén se imaxina se fixesen a consulta no blogomillo... (miedo me dan)

NOTA lembrar que a real academia galega ten como membro honorífico a un tal francisco franco baamonde claudillo de españa por la gracia de dios. Ou foi ao revés?

http://blogoteca.com/arandeeira/index.php?cod=4015

A mesa pola normalización linguistica pon un pouco de senso nas senís declaracións da REAL academia galega

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=11&idNoticia=311295&idEdicion=909

Máis exemplos de sentidiño no chollo
http://www.avoz.com/galicia/2008/06/10/00031213098270291293357.htm?idioma=galego

Paso á acción directa:
e mail enviado ao museo da REAL academia galega, copia

srs,
como vostedes ben saben francisco franco baamonde e mailo seu irmán (así como fraga iribarne) forman parte do staff da real academia galega. Gustaríame saber se isto terá remate algún día, ou ben vostedes chimpalos fora!

Tamen quixera consultarlles a vostedes sobre as súas vinculacións políticas. Hai que ser monárquico pra pertencer á REAL academia galega? Consideraron vostedes a posibilidade de chamarse REPUBLICANA academia galega?

Xa por último pedirlles escusas por non dirixirme a vostedes en inglés. Sería máis pijo e cool
SEMPRE EN GALIZA
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 08-06-2008 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0