Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

arquipélago gulag [en historia]
vai moitos anos que tiña pendente ler este libro mítico. Máis pola sona que acadara que por interese propio. Sabía da desfeita que contara e algunha vez tentara lelo pero sen tempo nin costancia.
É un bo libro, ben escrito, mellor estruturado e sobre todo con contido. O autor escribe e describe o horror que viviu en primeira persoa. Resulta sorprendente que fose quen de xuntar tantos dados. Nin hoxe existe en españa un relato contundente dos campos de traballo do franquismo. Este home foi quen de describir un sistema de horror. Un sistema afeito a destruir todo e a todos. Calquera e inimigo do estado ou dos que din ser o goberno. Todos son cómplices do horror, por acción ou omisión. Que facer nun país que está en guerra, revolución e autoodio? Nada se podía facer. Todo e todos formaban parte dunha maquinaria represora, asasina e afeita a purgar inimigos certos ou inventados.

Calquera liña do libro e demoledora. O autor non da voltas nin tenta recrearse ou facer máis vendible o medo. O simple feito de ter existido campos de traballo... curiosa expresión. Pódese traballar a 30 baixo cero sen roupa, ferramenta e morto de fame? Claro que non. O obxectivo non era facer ningunha infraestrutura que tampouco tería uso nin xustificación. Todo era un xeito de purgar aos que poderían ter sido non afíns.
O sistema xudicial experpentico facía o resto. Para que xuzgaban á xente se as acusacións, as probas e os delitos eran falsos? Era necesario que o acusado confesase delictos inventados para acusalo de cousas absurdas e condeado a penas desproporcionadas.
Non penso que sexa un libro contra o comunismo. Comunistas tamén eran perseguidos e asasinados. Era unha sociedade en loita con si mesma. Sorprende que en plena guerra civil ou en guerra contra os nazis continuara ca súa loita interna. Sacando a soldados do frente (como o propio autor) para mandalos aos gulags.

O autor visitara españa nos tempos de franco convidado por íñigo para unha entrevista (o réxime gustaba moito de atacar os demáis sistemas ignorando as vergonzas propias) Non sei se cheguei a ver esa entrevista pero pareceume que si. Ademáis a descrición dela que facía íñigo era surealista. Parecía o autor un señor maior contando a guerra civil (tan ben coñecida agora) O propio autor eloxiaba a libertade na españa de franco porque vira nas rúas de madrid quioscos onde vendían xornais estranxeiros. Ignoraba el que en españa non se saben idiomas e á xente tanto lle tiña o que dixeran fora. Xa se ocupaba o réxime de desprestixar calquera crítica exterior.

O libro pódese ler e penso que aporta unha visión dunha etapa da historia. Axuda a entender a situación actual de rusia. Se alguén pensa que atopará unha descrición detallada do funcionmento dun gulag que o esqueza. Non é eso nin para eso. Non é un relato ao estilo dos campos de exterminio nazi. Os gulag non eran eso. Describe a maquinaria que mandaba a milleiros de km a millóns de persoas. Ese horror.
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 07-09-2017 04:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0