Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

audiencia nazi-anal [en franquismo]

charlie



Vai uns días sabiamos que os titiriteiros deixaban de estar acusados de facer apoloxía do terrorismo. Algúns xa sabíamos que nunca fixeran tal, que todo era unha manobra do PP para criticar a Ahora-Madrid, facer ruido e continuar cas súas teimas para conseguir réditos políticos (a mesma merda franquista de sempre) Chegouse a situacións tan absurdas como dicir que na obra de títeres aparecía un monicreque dunha monxa, non pasou tal, era unha bruxa (que ven a ser o mesmo) pero proba que se fala sen saber e que o tal xuiz (prevaricador en tempos de policía onde xa facía montaxes policiais) segue as consignas da fiscalía do opus.

Agora tocáballe ao yihadista de narón (sic) un home acusado de facer camisetas. Todo o mundo sabe que o mundo das camisetas xera xente moi perigosa, e se non o sabe tanto ten que xa se ocupan outros de actuar contra esta xente. Pois resulta que o pobre home ten que acudir a un xuizo en madrid (?) pero non lle pagan a viaxe. Non todo o mundo é político de sobre e cazo ou ten familia na administración e o traballo non lle dé para visitar a capital do reino e pasar polo ritz. Pois di que non vai, lóxicamente. O camiño de santiago non pasa por Madrid precisamente e a outra opción de declarar por video conferencia (que carallo vas declarar nun xuizo se fas camisetas?) non lles vale aos xuices do estado español, non vaia a ser o demo que terminen as súas montaxes nos programas de telelixo.
Pois a mellor opción da audiencia nazi-anal (herdeira e continuadora do tribunal de orde público franquista) foi deter ao home e metelo en Teixeiro. Para que? Pois como nos tempos da inquisición, cando se quería meter medo á xente só facia falta facela chamar. Xa abondaba para ter ao personal na igrexa tódolos domingos.
Nos tempos de franco pasaban estas cousas, a xente remataba no caldeiro e os xuices xusticieiros facían apoloxía do réxime fascista... e seguimos igual.

A única e lóxica solución a estas montaxes é rematar con esa institución franquista que non ten a máis mínima utilidade e só serve para inventar delitos e acusar a cidadáns. Se non hai terrorismo non ten senso algún a AN
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 09-07-2016 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0