Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

La piratería de software es un robo [en PLC]
Veño de ler a frase na páxina web dunha coñecida (e desprezada) marca de electrónica.

La piratería de software es un robo.

En pleno século XXI segue a haber dinosaurios-$GAE na industria electrónica. ¿Como pode ser que unha empresa que traballa no sector industrial teña esa mentalidade rentista? ¿Como pode ser que unha empresa que tiña un campo de traballo no campo de Auschwitz con traballadores forzados (máis de 50.000) chame pirata a alguén? ¿Cómo pode ser que a empresa que fixo o gas con que se gaseaba nos campos de concentración teña esta mentalidade...?

Pois así é. Os que vivimos a tecnoloxía dende vai anos sabemos da súa evolución e involución. De como dende as empresas en moitos casos se negaron a esa mellora tecnolóxica. De como miraban con desprezo e desinterés os esforzos.
No caso concreto da tecnoloxía de PLC (autómatas programables) estas empresas negáronse a investir no sector. Dos esforzos de usuarios e empresas (empresas de soft) tiveron que facer xunto ca industria para facer o seu propio soft á marxe das grandes marcas e como estas vendo que non eran quen de acadar ese nivel remataron mercando o soft de estas empresas e VENDÉNDOO COMO PROPIO Non gastaron un can en facer o esforzo e agora son piratas os demáis?

Cada día que pasa un vólvese máis amigo do Creative Commons... faise máis partidario de compartir información. De que serve que unha empresa se empantane en tecnoloxía se non a comparte con ninguén? E ese non é o maior problema: o maior problema é que non permita que os demáis melloren o soft... e ademáis es pirata!
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 18-06-2013 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal