Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Rema, non preguntes porque che dou co látego [en Wikipedia]
Son usuario da wikipedia vai moitos anos. Usuario escéptico. A idea é boa, non teño problema en recoñecelo. Pero como case todo as boas ideas sen unha supervisión democrática petan.

Unha das primerias páxinas que visitara vai moitos ano fora sobre Rianxo pero a páxina non se chamaba así. Poñía Rianjo non sorprende nin escandaliza. Teño idade dabondo e vin: El Ferrol del Caudillo ata en tapas de alcantarilla novas ben entrados os 80.
Pero o que resultaba inexplicable era a "defensa" que alí se facía do termo "Rianjo" a ansia que había por vender o invendible, xustificar o inxustificable e darlle nos fociños aos que non eran dos seus.
Marchei de alí e durante anos negueime a calquera colaboración co enxendro da wikipedia.

O tempo pasou e a wiki foi medrando (fagocitando textos) e cos millóns de persoas ociosas e algún lacazán acadou un punto crítico. Axudou a teima das enciclopedias en papel ao negarse a evolucionar. Elexiron o destino dos dinosaurios. Calquera delas posta na internet deixa en bragas e en ridículo (que ven a ser o mesmo) a iste totum revolutum que é a wikipedia.

Ca volta á wikipedia (darlle outra oportunidade) a teima segue. Os topónimos seguen a meter medo. Ata o todo poderoso google baixa a texta e pon a toponimia en galego. Mapas da franquista DGT tamén pasan polo aro. A wikipedia non. Segue ca súa teima e agora sentados e cagando sore o diccionario da RAE din que os topónimos son en castelán.
Na wiki en inglés, francés, italaliano, alemán... en todos menos en castellano póñenos en galego. Eles non, están por riba de todo e de todos. E non te equivoques, alí non hai sitio para ninguén que pense e diga o contrario.

Ata a Xunta peperia lles ten tirado das orellas:
La Xunta recordará a la Wikipedia la ley de toponimia http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/03/04/galicia/1330893122_027679.html

conclusións
Tódolos monopolios son malos e na web peores.

Na wikipedia o lema podería ser ise: Rema e non preguntes porque che dan co látego.
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 28-06-2012 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal