Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Experiencia propria en eBay [en Boi]
Son dos que chegou a eBay tarde. Con isto de viaxar polo chollo non lle vía a ventaxa a mercar por internet (erro meu) Miraba pra eBay e pensaba nos web(on) master e na súa ven coñecida incompetencia (máis que demostrada) Confirmouse o que xa sabía nesa parte da historia: non son mellores que as empresas e negocios rexentados por lacazáns e ladróns cos que tratas cara a cara. Muy cara, como din les luthiers

Pero cheguei a eBay xa escaldado e non me sorprendeu o negativo (había menos do que pensaba) nin as ventaxas de mercar dende a casa. Algunhas moi boas como atopar cousas que non están no mercado

Teño amosado aquí o caso de un pobre home que tentaba vender un selo de España de 1850 con dentes. Por aquelas datas os selos non tiñan dentes, non se inventou ata uns anos despois. Así llo dixen ao rapaz pero el insistiu en que era auténtico o selo e que valía miles de euros. Se era auténtico valería millóns, sería un selo que viaxou no tempo!

O sistema é bo en si. Deixar que os particulars merquen e vendan. Ata aí a idea non é nova pero tal como a plantexan eles é mellor. Dun xeito máis global e ofertando cousas sinxelas ou de pouco custe.

Resulta o sistema algo estrano pro o usuario de a pe. Ebay non garante que o vendedor teña o producto que anuncia nin lle garante ao vendedor que chegue a ver os cartos do que puxa.

Pero o sistema funciona. Pos algo á venda. Os usarios rexistraos puxan e o que mexe máis lonxe queda co gato.

Isa é a teoría. No tempo que levo na páxina teño puxado, ganado e pagado artigos que non recibín ou non eran como me dicía o vendedor. ¿Que fixo eBay? NADA ista é unha das grandes eivas do enxendro. Pero tamén é certo que pra mercar produtos de moito valor mellor tomar outras garantías. Mercar a empresas e pagar por un sistema con tarxeta.
O peor de eBay pode ser ter que pagar comisións se empregas un banco que non teña acordo co teu. Danche un pau que te deixa dobrado. Paypal vai pero é caro e non gustan as súas comisións confiscatorias.

resumindo
si se pode mercar en eBay, o sistema funciona pero mellor entrar con precaución e aconsellado por alguén que saiba. Hai demasiada información e tes que saber pescar nela pra atopar o que necesitas e non sair esfolado.

Teño pendende mercar no estranxeiro (fora da CE) na china. Teño moita curiosidade por ver como vai todo e se na aduana (alfandega) poñen problemas. Contan historias pra non durmir nestes casos e o risco de quedar sen cartos nin producto é moito se non te sabes mover (que ven a ser o meu caso) Pero como o gato fuxe da auga cando escalda... ata queimar o fuciño non parareir (me temo)


exemplo de artigos ridículos en eBay
Comentarios (1) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 27-04-2012 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 La verdad que tienes toda la razon el mu#blgtk08#ndo con lo que nos dejas aqui, sin duda.
Comentario por Seguros de Coche (07-05-2012 10:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal