Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Visita ao Pazo de Mierdás [en Sic]
Veño de ver o pazo de mierdás (sic)
Un, ás veces, ten as súas teimas e algunha máis allea. Primeiro xa o ano pasado tentara visitar o acubillo dos franco pero non fora posible. As listaxes de espera ou dise de visita? estaban máis pretas que as da seguridade social. Asi que houbo que agardar a outra volta. Co PP no poder, ou na desfeita como se os ve, non parecían lembrar obrigas alleas pra dicirlle aos franco que o que é teu non só é teu. Pois a semana pasada voltaron as visitas pero a desfeita de prosegur (que raro non?) estivo a piques de voltar a deixarme fora. Tras varios correos informando primeiro que xa se podía visitar o pazo (segundo eles a xunta non fixera pública a listaxe) ista semana parece que foron quen de atinar ca data. Pedira unha hora pero déronme outra e ao chegar á porta non estaba apuntado en ningunha... como eramos poucos e calados: pra dentro.

Todo alí mete medo. Esta abandonado ou directamente en ruina. O xardín botado a monte e as casas auxiliares deixadas como tiñan o país os franco: en ruina.

O pazo é unha chea de estilos mal xuntados e peor combinados. Unha morea de pedras que din representar moitas cousas pra dentro da confusión só deixar claro que non había estilo nin xeito algún. Ver isas estancias que pretenden aparentar e non son máis que unha palleira chea de obxectos fora de contexto. O acubillo de xente pailana, creida e sen estilo algún... como eran eles

Penoso todo. Un bo exemplo dos tempos do caudillo de españa polo padecemento do pobo. 60 mil metros cadrados de monte e prado a nada.


pazo de mierdás
Comentarios (2) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 20-04-2012 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Yo tengo muchisimas ganas de vajar alli porque siemp#blgtk08#re me han dicho que es un sitio realmente precioso!
Comentario por Farmacia (07-05-2012 10:45)
2 ola,
home precioso, precioso non é... ten o cutrerío do franquismo. Ven a ser como visitar e#blgtk08#l valle de los caídos. Unha peza máis do franquismo e outro xeito de achegarse ao decadente imperio
Comentario por Nemigo (08-05-2012 14:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal