Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UTE Punta Langosteira, sen riscos [en Arteixo]
xa vai unhas semanas contaba a sorpresa (xa menos) que levei ao ver maquinaria de obra (dumpers e excavadoras sen matricula) traballando fora da obra do porto exterior da Coruña. Nun camiño de uso público (e alleo á obra) a UTE puxo carteis prohibindo o paso de persoas alleas á obra e polas bravas podíache pasar un dumper cunhas rodas de case dous metros de diámetro ao lado. A min pasáronme.


polas bravas, paso cortado por obra ¿que obra se a inspección de traballo di que non é tal obra, que está fora da obra?

veño de recibir a resposta á denuncia que presentei na inspección de traballo. Denunciaba á UTE por circular vehículos de obra e persoal por zonas nas que hai persoas alleas á obra. Risco pra todos.


resposta da inspección de traballo desenténdense da desfeita

É interesante o texto polo que di e máis aínda polo que non pon. Non aclara se viron os vehículos sen matrícula fora da obra Nin se viron a isa mesma maquinaria pasando preto de traballadores e persoas alleas á obra.
Si di que non é competencia súa os riscos que poida haber porque persoas alleas á obra (sen relación contractual ca UTE) poideran ter por pasar por alí. OLLO A ISTO.


A T E N C I Ó N se alguén ten un accidente cunha de isas máquinas non é competencia da inspección de traballo, din eles.
Os riscos das persoas alleas á obra non son competencia súa, din. E non fan nada.
O que non se sabe é como é posible que saiban diferenciar entre os riscos das persoas alleas á obra e das persoas que traballan alí... se están no mesmo sitio e sometidos aos mesmos riscos (¡todos pasamos polo mesmo sitio!)

Si teñen a obriga de impedir que os traballadores estean sometidos a riscos por isa mesma maquinaria pero como está fora da obra... non.

Se alguén o entende que avise.
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 04-03-2012 03:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal