Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Asalto ao contador da luz [en tecnoloxía]
Na entrada anterior falaba da nova estratexia de unión penosa. Abandoando o plantexamento de empregar a rede de cable R pra ler os contadores. Da desfeita que supuxo impoñer unha estratexia de despregamento por todas partes sen mirar a rendibilidade nin a busca de dar servicio de telecomunicacións. Todo iso sería pagado por unión penosa. Poñer a lectura dos contadores en cada casa a disposición da eléctrica. Todo aquelo xa non é así.
A tecnoloxía, a evolución tecnolóxica, deixou obsoleta unha rede e abriu outra (a rede eléctrica vía PLC)

non se pode engadir ren sobre o dito..



... as build dun contador eléctrico actual (falta o chip de comunicacións)...

compre (ou non) facer unha análise de como funcionan istes novos contadores
sobradamente coñecido son as limitacións dos anteriores contadores. Os seus erros e as limitacións técnicas que tiñan. Istes novos contadores dixitais son a "caña de españa" (nunca mellor dito) En tempo real (en directo) saberán o que estamos a consumir, a potencia empegada e saberán se alguén está a chuchar do contador sen pasar polo banco.

técnica PLC
os contadores por si mesmos son bastante sinxelos para o que estamos a ver. Teñen un controlador pra as funcións de cerebro da besta (do contador non da eléctrica) un circuito de medida e outro de comunicacións.
A nós o que nos pode interesar é o circuito de medida... o que nos vai ao peto.

Se miramos o contador veremos que ten un LED que parpadexa. Polo que pon no propio contador. Cada mil de ises parpadexos é 1 kw de consumo. A máis consumo máis parpadexo a menos a éléctrica morre.
Vendo o contador e o esquema (as build) adxunto ademáis de ese led emisor hai outro receptor. De xeito que leva ise impulso ao chip de conta. Poideramos pensar que se falla un dos dous leds o chip falla e o contador deixará de sablearnos... PERO NON se volvemos ao esquema vemos que leva unhas resistencias que fan o mesmo chollo... cobrar!

a pagar... sen máis
Pontear as entradas do contador (a fase) non fai que o contador deixe de contar.
Desconectar o neutro tampouco para o contador.

As comunicacións do contador fanse vía PLC, rede á que temos acceso.

Actualización -> https://www.facua.org/es/noticia.php?Id=6541
máis información sobre a desfeita dos contadores e as eléctricas
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 20-12-2011 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal