Nemigo Galiza |
|
Non son partidario dos blog |
|

|
Nemigo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Contadores da luz vs cable R [en PLC] |
|
Nesta viaxe a ningures no mundo das telecomunicacións nas que uns subimos antes, outros máis tarde e todos de cando en vez asistimos a unha nova desfeita.
Gas Galicia (manda carallo co nome) antes chamada Unión Penosa está a trocar os contadores da "luz"
Non o fan por que estean a decatarse da obsolescencia tecnolóxica na que nos teñen, non. A cousa é que xa vai anos que deberan trocar a chatarra por algo con máis tecnoloxía. Agora os contadores son "dixitais" antes eran A OLLO A ollo era como os miraban. A ollo e a mal ollo porque nunca coincidía o que poñía na factura-roubo co que marcaba o mal contador (de contos.) Agora prometen o maná: telelectura
máis amodo
Pero contar a historia polo final é de artistas consagrados ou malos becarios.
Vai moitos anos (cando eramos máis mozos) dende Unión Penosa argallaron un plan (tiñan un plan pra todos nós)
Perpetrarían unha empresa de teleco e farían que tódolos contadores se poidense ler a distancia. Pero pra vender iso e deixar que os coitados indíxenas non puxeren pejas dixeron que era pra ofrecer tv por cable. Tv, internet e un obsoleto teléfono.
A cousa colou e na galiza e por todas partes R perpetrou a súa rede
e ata hoxe
Aquel chollo inicial co gaio de ofrecer telecomunicacións (e ler contadores) trocou. R xa non é jalleja (tan jalleja) e os contadores que está a trocar as herdeiras de unión penosa non necesitan a rede de R. Nin a de ninguén. Son lidos por PLC, polas propias liñas eléctricas
Debéramos reflexionar sobre o acontecido (ou pasar olímpicamente, as dúas opcións son lexítimas) ¿Por que nos están a vender a imposibilidade de ofrecer internet a prezo razoable ou nos negan ter unha tarifa plana en móbil? A tecnoloxía queda obsoleta antes que colapsada


PLC non? |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|