Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

“O mundo ao revés: este xuíz denuncia a quen pide que se cumpra a lei!” [en Franquismo]
O mundo ao revés. Un xuiz denunciando a un cidadán por falar galego, pedir que se fale galego e esixir que se cumpra a lei: o topónimo de A Coruña é ise non hai outro.

O día 10 asistiremos a outra desfeita co idioma de Rosalía no xuzgado de A Coruña. O galego é un idioma que a moita xente molesta. Outros non queren entender e defender e así nos vai.
Un pobre funcionario que vive noutros tempos tentando ameazar aos cidadáns... isto xa se viveu moitos anos e rematou cun vello soterrado no valle dos caídos e moitos nostálxicos chorando polo ben que vivían con el.




Carlos Callón será xulgado por recriminar ao xuíz decano da Coruña que incumprise a Lei de normalización lingüística

A Mesa lanza un manifesto perante o xuízo do seu presidente o vindeiro 10 de febreiro e convoca unha concentración de apoio

“O mundo ao revés: este xuíz denuncia a quen pide que se cumpra a lei!”



O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e portavoz da plataforma unitaria Queremos Galego, Carlos Callón, será xulgado o vindeiro 10 de febreiro na Coruña nun caso que a entidade non dubida en cualificar de “criminalización das opinións e da lexítima defensa do noso idioma”. Aínda que a denuncia fora inicialmente desestimada, tanto co apoio do xulgado como da Fiscalía, un recurso do denunciante desencadeou a vista que se producirá a semana próxima.

Reproducimos a continuación o texto do manifesto, para o cal A Mesa recolle apoios a través do correo-e imprensa@amesanl.org:

Queremos xustiza para a nosa lingua
Non á criminalización da súa defensa!

O dereito a podermos vivir en galego en Galiza encóntrase cada vez máis desamparado. Por unha banda, as administracións que teñen a principal encomenda de velar pola defensa do noso idioma, como é o caso da Xunta, non cumpren co seu deber e realizan inxustísimas políticas na súa contra. Ademais, a pouca lexislación que existe para garantir os nosos dereitos lingüísticos é vulnerada.

Desde 1983, a Lei de normalización lingüística, aprobada por unanimidade no Parlamento galego, recoñece que os nosos nomes de lugar teñen como única forma oficial a xenuína, a galega. Diferentes sentenzas e ditames xudiciais déronlle unha e outra vez a razón a toda a xente que se mobilizou, de xeito firme e cívico, para demandar o seu cumprimento ao longo de todos estes anos. Porén, mesmo algo tan básico como isto dista de ser aplicado sen problemas por parte dos poderes públicos.

O vindeiro 10 de febreiro o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e portavoz da plataforma Queremos Galego, Carlos Callón, será xulgado por unha denuncia que presentou contra el o xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián. O motivo é que Callón replicou unhas declaracións que os medios de comunicación puñan na boca de Fraga Mandián no transcurso dun xuízo: “No tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo La Coruña”.

Con anterioridade, o mesmo maxistrado defendera o incumprimento da Lei de normalización lingüística no referido a toponimia porque, segundo el, a cuestión do nome da cidade herculina estaba sub iudice; non era verdade: nese momento xa houbera mesmo varios ditames do Tribunal Constitucional apoiando o uso único do topónimo A Coruña. Así mesmo, nun documento, como resposta a un veciño, tamén chegou a argumentar que el usaba La Coruña e non A Coruña por un erro ortográfico. É unha burla, porque o “erro ortográfico” persiste unha e outra vez e, con el, a vulneración dunha lei básica, con todo o peso simbólico de que quen está a protagonizar todas estas situacións é un xuíz.

O mesmo maxistrado xa ocupou titulares en varias ocasións nos medios de comunicación pola súa campaña particular contra a lingua galega. Por exemplo, cando denunciou un veciño da Coruña, Eduardo Álvarez, despois de que este solicitase recibir as notificacións no idioma do país e co topónimo oficial da cidade, dereitos ambos aos que está asistido pola lexislación. Foi no transcurso deste proceso xudicial, criticado polo presidente da Mesa, cando decidiu presentar a denuncia contra Carlos Callón. Como esta situación foi criticada publicamente por Carlos Aymerich, tamén presentou outra denuncia contra este deputado, que xa foi desestimada polos tribunais. O mundo ao revés: este xuíz denuncia a quen pide que se cumpra a lei!

No caso da denuncia contra Carlos Callón, nun primeiro momento o xulgado, co apoio da Fiscalía, decidiu desestimala e arquivala. Porén, o xuíz decano presentou unha apelación, que desencadeou no xuízo do vindeiro día 10.

As persoas que asinamos este escrito queremos:

1. Manifestar o noso apoio ás persoas denunciadas polo maxistrado Antonio Fraga Mandián só por daren exemplo na defensa do noso idioma, sempre de xeito cívico, democrático e legal, como é o caso de Eduardo Álvarez, Carlos Aymerich e Carlos Callón.

2. Chamar a participar na concentración que se realizará o día 10 de febreiro ás 12 h diante do Xulgado de Instrución Número 2 da Coruña (rúa Monforte, s/n).

3. Reclamar que se deixe de criminalizar a defensa do galego. Non pode ser que un xuíz denuncie unha e outra vez a persoas que non cometen máis delito que defender o cumprimento da Lei e, con ela, a promoción e defensa do noso idioma.

4. Alzar a nosa voz para que todos os poderes públicos sen distincións cumpran e fagan cumprir a Lei de normalización lingüística, en aspectos tan importantes como o uso da toponimia nas súas formas correctas e oficiais ou o dereito a podermos utilizar e recibir información en galego nas diferentes administracións, tamén na de xustiza.


http://amesanl.org/gl/novas/amosar/id/120

Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 04-02-2012 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
exercendo a democracia antes e despois das eleccións [en Crise]
antes
das eleccións púxenme en contacto co partio político ao que quería votar pra o concello... fixenlles un par de consultas e suxerencias en materia ambiental. As miñas propostas xa estaban no seu programa electoral. Mandáronme un PDF resumo onde o poñía... dixeron. Eu non o vía tan claro pero a cousa deixeina aí

agora
vai unhas semanas decidín informarme de como ía o cumprimento do programa-ideario. Non houbo resposta. Insistín (cacholán que é un)... outra vez sen respostas. O enderezo de correo electrónico era un burato sen fondo. Entón mandei o mail a Compostela. Man de santo. Reenviárono ao concello e entón si houbo resposta. Pero tardaron outra semana en concretar data. Que me pasara por alí un luns en horario de empresario rico: ás 12 da mañá.

Boeno, se non hai outra. Confirmada hora e data quedamos en ver in person a situación. Por mail non eran quen de responder.
Non era a primeira vez que tiña falado en persoa con algún político sobre a situación do concello... vai anos algo se conseguira. O concello solicitou cartos pra poñer o primeiro punto verde da comarca.
Hoxe o obxectivo é (obviamente) a compostaxe sería un puntazo a nivel de toda galiza ser quen de iniciar un proxecto viable en materia de compós.

QUE NON non houbo maneira en máis dunha hora de convencer ao político local pra que dera o paso. Todo eran problemas, dúbidas, falta de cartos (non custa un can a compostaxe) medo ao erro, falta de apoios institucionais... que non vamos. Hai tódolos medios pero falta vontade e decisión. O proxecto como moito era pra o rural. Pra que os paisanos deixasen de botar a herba do xardín no colector do lixo.

O fracaso total... a día de hoxe se a calquera político lle preguntas que aprendeu da crise a resposta é clara: non aprenderon nada.



http://adega.info/info/090121joomla/ultimas-novas/689-o-qthink-tankq-da-xunta-e-o-lobby-incinerador-contraataca
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 02-02-2012 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
viaxando pola memoria histórica do franquismo [en Paradores]
un pode viaxar e a pouco que o faga pode chegar a unha conclusión: os hoteis son malos. Uns máis que outros. Co tempo chegas a outra conclusión os paradores son os únicos hoteis con personalidade propria. A explicación é moi sinxela -> non son hoteis.
Ao non ser hoteis non os ves como tal e entón é cando che poden gustar. Son edificios pra ver e pasear por eles.

No número 39 da revista de paradores... paradores ten revista e ata páxina web... non todo na administración son o pasado. Ou pode que si. Na páxina 10 da súa revista (aínda non dispoñible na internet pero o estará co tempo) pódese ler:


Cuentan que en el año 1963 Franco, acompañado de su
ministro Manuel Fraga, estaba recorriendo la zona a la
búsqueda de una ubicación para un nuevo parador de
turismo. Llegados a un alto desde donde se divisaba la
península de Monte Boi, fue el propio caudillo quien de-
cidió el lugar elegido". La historia la recuerda Enrique
Carneiro, conserje del parador desde quese inauguró en
1966..."



páxina 10 do número 39 da revista de paradores

Alguén poidera sorprenderse de que franco en 1963 tivese tempo, el e mais o seu ministro fraga, pra andar á busca de ubicacións pra paradores. A día de hoxe ningún ministro ten tempo pra isas teimas pero os tempos de franco eran outros... e as historias as mesmas.

pódese facer apoloxía do franquismo con cartos do estado
pra que serve ter memoria histórica se ao final a revista de paradores ensalza a franco, o franquismo e os seus ministros?
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 26-01-2012 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
morreu o vello fascista [en asasino]
por fin

tras moitos anos de padecer ao vello fascista. Franquista convencido. Nunca renegador do sufrimento que el o réxime do que foi colaborador necesario fixo xa está entre os seus: NO INFERNO alí poderá berrar que o inferno é del. O mesmo inferno que fixo pra moitos que o padecemos e tivemos que aturar... a iste nazi.


o fascista en acción

Todo o odio que iste impresentable creou. O seu sectarismo. A persecución á que someteu a tódolos que non eran da súa corda. O constante desprezo aos que non "pensaran" coma el. Ninguén pensaba como el, nin coma el nin coma franco. Era manterse no poder a toda costa. Por riba de todos e de todo.

Un cidadán poñerndo orde na desfeita. Fraga franquista con tódalas letras, nada de demócrata nin gaitas

Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 15-01-2012 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
xusticia cega (e moito) en policías contra xitanos [en Ferrol]
Veño de ler esta nova:

Cerca de 25 años de cárcel por la agresión a policías en Catabois (Ferrol)

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2012/01/13/cerca-25-anos-carcel-agresion-policias-catabois/0003_201201F13C4996.htm

Os xitanos non mataron a ninguén. Que ninguén se equivoque. 25 anos no caldeiro, VITENCINCO ANOS por unha tangana. Nin o condeado polo asasinato de Marta del Castillo ten tal condea.



Uns axentes de policía (de paisano) entran nun campamento xitano, eles sos. Ameazan a un señor maior (isto non o pon na nova) de loito. A xente indígnase, protesta, a cousa vai a máis e de aí ármase unha trifulca. Os xitanos son xente orgullosa e solidaria. Reaccionan.

Cando aconteceron os feitos... ou mellor dito: cando se soubo da desfeita (vai anos) os axentes da orde (e a lei?) dixeron que foran ameazados cunha escopeta de canóns recurtados. A tal escopeta foi entregada entón no xuzgado polo avogado dos xitanos demostrando que a tal escopeta non tiña os canóns recurtados era: MENTIRA, A POLICÍA MENTIRA

Agora sea a sentenza e resulta que a tal escopeta apareceu ANTES de eles entrar no campamento (e non se menciona nada dos canóns recurtados) O que fora unha consecuencia da discusión (final) pasa a ser o motivo da liorta. O vello de loito xa non se menciona por ningures. Entón tampouco se falou de que ninguén resultase con secuelas e taras. Agora resulta que hai minusvalías nos policías. ¿O Irixo dous? Un axente cunha eiva de máis do 50% que lle impide traballar na policía pero non ir de feirante polas feiras? E os veciños anos no caldeiro.

Pois xa vemos como está o sistema xudicial na españa:

-Asasinado dunha menor -> 20 anos no caldeiro

-Montaxe policial -> 25 anos no caldeiro (pra os xitanos)

E xa de traca falar de 200 mil euros de indemnizacións. Hai xente morta que non custou tantos cartos. Xente ferida en accidentes con secuelas moito máis graves non chegaron a cobrar nin a décima parte de isto

conclusións
o sistema xudicial herdado do franquismo necesita reformas urxentes. Democratizacións que impidan que minorias socials sexan discriminados e criminalizados. Perseguidos como non o é delincuente algún no país. Non pode ser que un "corpo policial" de nula formación e utilidade estea a prostituir a legalidade. Nun campamento xitano non ocurre nada que obrigue a que dous policías de paisano entren como uns elefantes nunha cacharrería. Hai que ter unha profesionalidade, un saber estar e facer. E xa na utopía pedir un trato correcto por xente prepotente e analfabeta que pensa ser superior aos que os padecemos e pagamos cos seus soldos. Cartos tirados.

xornalistas pailáns
xa de traca é que os xornalistas dean unha versión e só unha dos feitos. Non teñan nin a decencia nin a vegonza de falar co avogado dos xitanos pra dar a súa versión dos feitos ou cando menos decir que a versión que eles (e os policías) deron no seu día foi outra

competencias
Lembrar tamén que as competencias en materia de armas son da garda civil. A policía nacional non ten competencias. Se alguén comete unha infracción de armas (non se cometera ningunha) debe ser a GC quen se faga cargo. Por moita policía nacional que houbera se alguén comete unha infracción de tránsito debe ser a policía local ou a GC quen se faga cargo. A policía nacional non pon multas de transito, non é a súa competencia
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 15-01-2012 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
jujel



La Lista de Sinde