Hoxe Cut & Paste


Nemigo Galiza
Non son partidario dos blog

Nemigo
 CATEGORÍAS
 Vaino ver ->
 lixo na web
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Venres 8 de agosto a partir das 17’30 h., na porta principal do Pazo de Meirás. Bodorrio alternativo [en Meirás]
Hoxe, venres 8 pola tarde, en Meirás (Sada) A Coruña

Pola dignidade do pobo galego debemos amosar o noso rexeitamento ao uso de bens que son do pobo polos herdeiros (merdeiros) do asasino franco

O pazo de meirás é do pobo galego. A nós debe voltar. En meirás hoxe, pola dignidade da galiza

Amosar que nós si temos a representatividade lexítima do pobo galego, somos nós e non eles quen debe estar nese pazo

Debe ser o pobo quen decida

Non ao roubo
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 08-08-2008 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
8 de agosto manifa no Pazo de Meirás [en Bodorrio]



O vindeiro venres 8 de agosto casa a filla do televisivo Jimmy Giménez Arnau e Merry Martínez-Bordiu. O pai non está convidado, parece que non é da corda dos franco. A familia franco está de celebración no pazo de meirás. O pobo galego será convidado de pedra na exhibición das propiedades que os franco aínda teñen na Galiza. Durante 40 anos foi ben pouco o que tivemos na galiza pra celebrar por conta da familia do caudillo de españa por la gracia de dios O pazo de meirás é agora dos herdeiros de franco

O pai da moza despacha con retranca en: Vanitatis.com que no entiende esa insistencia de la madre de “volver al lugar del crimen”. “Son ganas de j… las cosas. Si ella (Mery) se casó conmigo en el pazo y salió como salió, para qué repetir la historia. Yo creo que donde tendrían que celebrar el matrimonio es en el Vaticano. Ahí no tendrían problemas. O ya puestos, en la Catedral de Burgos. En esa ciudad instaló Franco su cuartel general de la masacre. ¿Qué si espero la invitación? No, hace muchos años que sali del museo de cera”, dice

Si señor, a jimmy se lle pode acusar de moitas cousas pero é quen de saber e dicir como son os franco

Para tan sinalado día está convocada manifa na porta do pazo (somos o pobo, pero na porta.)

Somos o pobre do pobo galego
pra nós nunca hai maio
pra nós sempre é inverno...


http://sadamasdigital.wordpress.com/2008/06/01/se-cargan-la-ultima-boda-de-un-franco/

Véxase a Carmen Franco entrevistada por María Eugenia (no soy periodista) Yagüe:




santa rita, rita, rita. Lo que se da no se quita
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 03-08-2008 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
R podería pasar a caixanova [en Galiza]

Este peixe podería estar pasado, non ten boa pinta


Unión Penosa (un dos máximos accionistas de R) podería deixar de selo. A que noutrora fora a promotora da cableira enxebre xa non gusta de R. Quen fora promotor e alter ego da cableira jalleja alónxase máis da Galiza

R naceu como un proxecto (tolo?) de Unión Penosa, dotar Galiza de rede de cabo propia. Foron centos os millóns que Unión Penosa enterrou na galiza. Levantáronse rúas, pecháronse empresas, abríronse zanxas e non quedou recuncho da galiza urbana (e algo da rural) na que os directivos da coruña e vigo deixaran sen furar

Unión Penosa gastou moitos cartos en R e fixo tamén moitos máis

o soño de R
Un dende o seu posto como profesional puxo o grao de area ao proxecto durante tres anos. E hoxe algo de ledicia me da pasear polas rúas da galiza e ver o feito (e perpetrado.) Non son quen de mirar ao chan, só miro ao alto. Aos cabos que polas fachadas van (poderían ir mellor.) Fixemos o que poidemos e nos deixaron pra que a galiza tivese un presente tecnolóxico na internet. Se se acadou abondo xa hai xente opinando a todas horas

Dicíase que o obxectivo de unión penosa en R eran os contadores da luz. Tan parvo aparato sería substituido por un modem que en tempo real levaría os datos de consumo polas redes de R ata as centrais de unión penosa. Xa non poderá ser (ou si.) Agora a rede pasará a outro dos que apostaron por ela Caixanova

Alguén se estará a preguntar porque non Caixagalicia? Pois non é caixa galicia porque eles cando se fixeran os concursos pra as concesións administrativas fixeran bloco con: La Voz de Galicia e non pillou cacho. Quizá algún entenda agora porque durante anos cable R tiña unha páxina de publicidade na Voz de (Caixa)galicia
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 03-08-2008 00:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
de juana chaos na rúa [en Inxusticia]
o asasino de juana chaos, aquel que festexaba con torta e champán, os asasinatos dos seus compañeiros terroristas está na rúa (de novo.)

Vinte cinco asasinatos perpetrados que lle saíron ben baratos. Os tres de O Eixo, que non mataron a ninguén, foron condeados a 10 anos no caldeiro

http://ostresdoeixo.info/blog/

O sistema xudicial da españa ten o seu senso. Que eu non vexo nin me sinto quen de comprender. Pero algo debe ter que cando pasas istas cousas (e case peores) nos din que deben ser aceptadas (con resignación engadiría eu.) Vamos como se nos cae un lóstrego enriba, se afunde un buque na costa ou nos toca ser presidente de mesa electoral venche a ser o mesmiño. Sonche cousas que veñen de moi enriba (e de detrás.)

De juana chaos asasinou
De juana chaos pertence a unha organización terrorista
De juana non gusta da comida no caldeiro e aproveita pra perder ises quilos de máis
De juana é un moustruo dunha sociedade con carencias democráticas
Comentarios (2) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 02-08-2008 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
netiqueta pra trolls [en Web]
Veño de sorprenderme ao ver que non hai netiqueta pra tolls! Os troll, os máis citados na web por web(on) master (xunto coas súas nais) non teñen folla de ruta www. Incrible!

Curiosamente as netiquetas son para que os usuarios NON sexan trolls! Consideran aos usuarios troll que hai que impedir se manifesten. Como os greenlings hai que telos afastados da auga e aos trolls da web

Que sería da web sen os troll? Xa estariamos repoñendo la casa de la pradera tódolos días. Os geek vai tempo que levarían autorradio no monopatín. Os web(on) master xa terían sacado as esvásticas como páxina de inicio...

UN O troll é democrático. Ti pode que nunca sexas web(on) master, mod (nerd) ou gurú pero todos podemos ser trolls

DOUS A moderación (censura) evita a proliferación de trolls (1 mito web)

TRES Os troll xurden por xeración espontánea efecto greenlings

CATRO O troll non nace nin se fai: é putativo web

CINCO Contra o troll a fin xustifica os medios

SEIS Troll & spam (touciño e velocidade)

SETE A igrexa te excomulga o web(on) master faite troll

OITO O troll é un ser non recuperable socialmente pra a web

NOVE Se o troll ten páxina web pasa a chamarse web(on) master

DEZ Troll (Internet) Non existe a especie fora do hábitat web

ONCE O troll ten compoñente pirómana (flame) e cociñeira. Tende a brasear ao web(on) master

DOCE Ante o troll sacar crucifixo offtopic

TRECE Todo o que non é da corda do web(on) master e as súas pallas mentais é troll

CATORCE Os troll están documentados históricamente. Un tal Xesús foi o primeiro troll dicindo aquelo de: un de vós hame traizoar antes de que cante o galo

QUINCE En caso de ataque troll: poñer os pc en círculo
Comentarios (0) - Categoría: Blogoteca Burroteca - Publicado o 29-07-2008 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
jujel