Nasas


pan (apto para dietas sen gluten)



Que saboroso!!!

Hoxe,
en Teo (Centro Sociocultural Rosalía de Castro - Cacheiras),
ás 22.00 horas
última oportunidade de gozar (tolérase desfrutar, segundo virus académico) da posta en escena de Pan con VOLTA E DÁLLE teatro.

PAN é unha innovadora proposta que mestura teatro e danza, así como música ao vivo. O resultado dun proceso de creación colectiva dirixida por catro directores e unha coreógrafa, cunha temática diferente: a tradición perdida das mallas. Unha tradición que simboliza a perda dos valores da colectividade e do esforzo dentro da sociedade galega, eminentemente rural non hai tanto tempo.

Nós non puidemos ir á animación que fixeron hoxe polas rúas de Teo os actores e as actrices da obra para promocionar a obriña e o saboroso pan de Cea. Mais, iso si, alí estaremos para ver novamente a obriña.

Parabéns logo ao Concello de Teo por esta e outras accións que contribúen a prestixiar a nosa lingua e cultura.



Lanses (1) - Categoría: arrastres - Publicado o 26-09-2008 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
o mar tamén ten mulleres
En recordo de Toñita
que nos falou da liberdade da escuma branca,
dos tesouros da ribeira de Canelas
e das ilusións que lle acabou roubando un golpe de mar.



A SARA, PERCEBEIRA NA ILLA DE ONS

Hoxe quixera, irmá de pel curtida,
instalarme no adentro dos teus ollos
e atesourar en min eses abrollos
que te fixeron forte e destemida.

Hoxe quixera estar na rocha ardida,
collida da túa man, fronte ós abrollos
que puxeron ó mundo de xeonllos
ante a Galicia ergueita, anque ferida.

Sara de dignidade, percebeira
que pariches os fillos e os criaches
coas escumas do mar que te azoutaba.

Galicia chora hoxe, compañeira,
mais ti non vas chorar, porque gañaches
ese amencer que outrora se albiscaba.


Das Elexías de luz (2006) de Mª Victoria Moreno,
desde Ardentía, núm. 4
Lanses (2) - Categoría: arrastres - Publicado o 24-09-2008 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
dinamizador, artista, galán e poeta...













































[tirado do xornal delunsavenres]


Presidente da CTNL; artista, de Artes (Ribeira); quería ser escritor e xa o é, galán da normalización...
un crack!!!!

Lanses (8) - Categoría: arrastres - Publicado o 24-09-2008 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal