Nasas


IV Feira do Desenvolvemento Sustentable Agro de Camba e V Festa da Fatura

(nova elaborada por Mingos)



O domingo 16 de setembro é o día da IV Feira de Desenvolvemento Sustentable Agro de Camba. E, dentro de tal evento, desenvolverase, nun marco incomparable (no campo da feira de Río -Rodeiro-), a V Festa da Fartura.

Se queres agrandar o espíritu, "degustar os mellores sabores do país" (a frase é de Séchu Sende), botar un conto, encher o ollo, botar unhas pezas e uns aturulos, vémonos alí.

As prazas son limitadas (para as primeiras que cheguen). Difunde a información que volo han de agradecer.

Ah!, e se tes algo que expoñer, algo que contar ou algo que cantar agraceceranche a túa colaboración.


Lanses (1) - Categoría: arrastres - Publicado o 14-09-2007 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
manuel maría
CANCIÓN PRA CANTAR TODOS OS DÍAS

Hai que defender o idioma como sexa:
con rabia, con furor, a metrallazos.
Hai que defender a fala en loita rexa
con tanques, avións e a puñetazos.

Hai que ser duros, peleóns, intransixentes
cos que teñen vocación de señoritos,
cos porcos desertores repelentes,
cos cabras, cos castróns e cos cabritos.

Temos que pelexar cos renegados,
cos que intentan borrar a nosa fala.
Temos que loitar cos desleigados
que desexan matala e enterrala.

Seríamos, sen fala, unhos ninguén,
unhas cantas galiñas desplumadas.
Os nosos inimigos saben ben
que as palabras vencen ás espadas.

O idioma somos nós, povo comun,
vencello que nos xungue e ten en pé,
herencia secular de cada un,
fogar no que arde acesa a nosa fe.





Lanses (6) - Categoría: arrastres - Publicado o 08-09-2007 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal