Nasas


cansazo

[A foto é de Suso Díaz]


chea de cansazo... igual que aquel ano que cargara unha para setembro (malia nosa idade e estar ligadas indirectamente á escola, seguimos a contar os anos polo curso escolar)

Foi este un curso raro:

-Primeiro tivemos que cambiar de estudos; despois, unha chea de dúbidas e problemas coa matrícula. Nese medio tempo exploramos propostas por libre, traballamos con liberdade mais sentindo o medo da soidade do papel, das gravadoras, da voz, de levar o peso da xornada sen unha fronteira clara. Polo medio algunhas ausencias.

-O ano novo, que agora xa comezou a ir para vello, trouxonos seguridade. Recuperamos o pracer do traballo, o (re)encontro con vellas e vellos compañeiros e co balbordo de xornadas desorganizadas, o traballo na distancia. Non pasaran dous meses e todo se cae abaixo. Sabémonos fráxiles mais non nos sentimos soas neste momentos imprevistos de bechos e habitantes estraños.

-Intentamos retos imposíbeis. Este ano aínda non nos tocou a nós. Disfrutamos da alegría dos que van saíndo e das novidades que nos achegan.

...hoxe saimos á rúa coas nosas últimas notas do traballo que non rematamos. O acompañamento foi do mellor: un inglés, un señorito galego e un francés. O primeiro do melloriño, o segundo na miña libretiña e o terceiro aquí o deixo...



... nós puxemos música allea aos nosos poemas.

E de xeito imprevisto, cando baixamos pola rúa cargando co cansazo e co sono atrasado escoitamos unha muller que formaba parte dun grupo de cinco persoas:

-Y allí he estudiado yo. Y está que sube es la Rúa de las Ruedas y esa otra la de las Casas Reales.

A miña reacción espontánea foi mirar para o inglés e comezar a rir sen parar. Cando puiden parar apuntei no meu caderno o detalle. Cando o pechei, decateime que precisaba de urxencia uns días de descanso.

Entón, convencémonos e decidimos ir a Compostela






Lanses (2) - Categoría: arrastres - Publicado o 20-08-2008 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
sensacións ou non sei o que
un día intenso

sensacións, sentimentos, cambios e sorte
Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 12-08-2008 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
Debuxos



Entrégome ao meu traballo en corpo e alma.
Pero esta lentitude desanímame hoxe.
É o día, que me afecta. Máis escuro
cada vez. Chove e zoa o vento.
Prefiro contemplar que escribir.
Agora, nesta pintura observo
un mozo fermoso deitado xunto a unha fonte,
fatigado talvez de correr.
Que fermoso mozo! Que divino mediodía
se apoderou del para durmilo!
Paso longo tempo contemplándoo.
E así, na arte, descanso da súa fatiga.



[Konstantino Kavafis, Poemas canónicos. Rinoceronte Editora]


Lanses (0) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 05-08-2008 00:45
# Ligazón permanente a este artigo
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal