Nasas


semana branca do sector lácteo galego



Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 14-07-2009 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
cando pensabamos que tantas cousas era posíbeis!
Cando busco algo sempre atopo o que non busco,
velaquí un textiño que creamos nun obradoiro de escritura creativa con Antón Cortizas no Pazo da Peregrina de Ames. Que tempos, cando eramos pequenas e pensabamos que tantas cousas eran posíbeis! Por alí tamén andaba a Lucía e o Miluco. Hei preguntarlle polos seus textiños!




Este foi un dos meus, penso que andabamos en época electoral, nas municipais (van alá dous anos aproximadamente):


PROMETO pintar de vermello todos os paxaros
PROMETO encher de porterías os campos de fútbol do Concello
PROMETO que os cans de palleiro van conseguir o estatus social que lles corresponde
PROMETO encher o ceo de estrelas vermellas
PROMETO ás para a mocidade
PROMETO lentes graduadas para a xente
PROMETO xornadas de traballo
PROMETO mercados de troco
PROMETO dobre ración de lingua
(...)
PROMETO que nós PROMETEMOS que isto non son promesas, que isto van ser realidaes.
Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 03-07-2009 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
galego patrimonio da humanidade
GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Ata hai pouco tempo era un valor compartido, que formaba parte dos consensos básicos sobre os que se articulaba o autogoberno de Galicia, que o idioma galego era merecente dunha especial protección por parte dos poderes públicos. Ese valor partía da subordinación histórica dun idioma que foi sempre o das maiorías populares pero que tamén estivo sempre discriminado ou proscrito, salvo nos períodos en que Galicia e España gozaron da democracia. A liberdade e o dereito ao uso do idioma propio foron historicamente da man.

A pretensión de facer crer nunha inexistente imposición lingüística disimula o intento de liquidación do idioma galego e de supremacía do castelán. Os que tal sosteñen queren evitar a presenza do galego nas súas vidas para pecharse en ámbitos en que o castelán sexa o único idioma. Pero Galicia é unha sociedade na que se falan dúas linguas que, non se pode negar, están en situación de desigualdade, polo que o galego debe recibir unha especial protección. Só así se poderá afirmar que se actúa en xustiza e na procura da igualdade entre os dous idiomas.

Esa é a letra e o espírito da Constitución, do Estatuto de Autonomía, e da vixente Lei de Normalización Lingüística. As sentenzas do Tribunal Constitucional así o confirman. Sen embargo, o PP saíu do consenso. Pero gañar unhas eleccións non autoriza a destruír o que é unha das bases da convivencia na nosa sociedade e un dos signos da nosa existencia como país.

A sociedade galega que sente aprecio cara a súa lingua -independentemente de cal sexa o idioma no que se expresa usualmente- debe reclamar unha volta do PP a un terreo común. Tamén mostrar o seu acordo coas políticas de afirmación positiva para o idioma galego, que o propio PP impulsou desde a Xunta, e que non buscan senón a súa protección. O idioma de Galicia é un patrimonio da humanidade que debemos custodiar e garantir como medio de comunicación e de creación.
Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 03-07-2009 08:13
# Ligazón permanente a este artigo
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal