Nasas


25 de abril e feira nacional
hoxe é un día diferente por moitos motivos que sempre uniron a moita xente:

-Feira nacional do San Marcos en Noia
este ano tocoume festexalo o 22
mais durante todo o día
lembrarei os diferentes ritos
polos que calquera nativa debe pasar...

-25 de abril: seguiremos as novas na rede.

Grazas a Calidonia polos cartaces. O do noso blogue é un dos 100 que alí aparece.



Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 25-04-2007 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Albaroque da lingua
Escoitei no Barrio de San Pedro que o 16 de maio festa "raxada" e bulín a apuntarme disque é:

"para toda a XENTE DA LINGUA sen exclusión por razóns de idade, raza, opción ortográfica ou ideolóxica, discapacidade ou talento artístico: profes de academia, da pública ou da concertada ou da privada, sociolingüistas con título ou sen el, sociólog@s, técnic@s da normalización, psicolingüistas, ecolingüistas, artistas de toda caste comprometid@s coa lingua, xornalistas que aínda non se pasaron ao castelán, activistas sociolingüístic@s, cibernormalizador@s, mestres de a ferrado, veteran@s de guerra, guerrilleir@s en activo, estudantes e parad@s, neofalantes ou paleofalantes..., e, en fin, toda aquela xente ligada á normalización da lingua / toda a GENTE DA LÍNGUA sem exclusom por raçóns de idade, raça, opçom ortográfica ou ideológica ou talento artístico: profes de academia, da pública ou da concertada ou da privada, sociolingüistas com título ou sem el, sociólog@s, técnic@s da normalización, psicolingüistas, ecolingüistas, artistas de toda caste comprometid@s coa lingua, jornalistas que aínda non vos passastes ao castelám, activistas sociolingüístic@s, cibernormalizador@s, mestres de a ferrado, veteran@s de guerra, guerrilheir@s em activo, estudantes e parad@s, neofalantes ou paleofalantes…, e, em fin, toda aquela gente ligada á normalizaçom da língua".

O prospeuto para participar é moi clariño:
instrucións para se anotar, data... e outros xeitos de participar.

Vémonos alí.

Lanses (0) - Categoría: mareas - Publicado o 14-04-2007 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
para deterioros da lingua

coñecín a un deles no Concello de Ames
o rapaz xa tiña daquela traza
pintaba ben,
sabía de sociolingüística (ensinoume unha clasificación de falantes de galego aínda sen analizar por parte dos estudosos e das estudosas máis relevantes do país -para abrir boca "os do galegho da boca aberta"-),
e por riba é ghaiteiro (dos de verdade, eh?).
esta imaxe fíxoa para a portada dun calendario (ano 2007) do BNG de Rois

aghora xa é un traballador de verdade
xuntouse con outros dous
son do país
falan
escriben
pensan
deseñan
inventan
...
desde o barrio de San Pedro
para o mundo:
CEN LITROS METRO CADRADO

MOITA SORTE!!!!


Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 08-04-2007 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
novas da secretaría xeral
Chegan as novas da Secretaría Xeral de Política Lingüística...

e manda truco!!!!
o primeiro que contan é que
as novas tecnoloxías da lingua chegan ao Parlamento de Galicia co tradutor automático de Política Lingüística. A través dun convenio no que Política Lingüística lle cede ao Parlamento unha licenza para o uso desta ferramenta o Parlamento comprometese a promover a instalación, o coñecemento e o uso do tradutor entre o persoal que emprega os equipos informáticos. E desde logo, na mesma notiña falan do eficaz que é a ferrramenta.

E unha dille que si: “chegar esta ferramenta á sede do poder lexislativo de Galicia, para que tamén na forma os textos legais galegos amosen o compromiso desta institución coa defensa da lingua no seu uso máis correcto”.
E a outra dille que tamén: “contribuímos desde a Cámara galega a impulsar as medidas que garanten o dereito dos galegos e das galegas ao uso do idioma”.
E así esquecen outras cuestións
que parece seguen á marxe da lexislación vixente. Nas mesmas novas a propia secretaría manda unha doutrina para crentes ou indecisas.

Será que as cousas nesta Secretaría van de fe?

Lanses (0) - Categoría: mareas - Publicado o 03-04-2007 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
para as que non teñan vacacións
ou queden sen plan
e para que a cousa non sexa só penitencia
unha proposta de luz, solidaria e que alimenta (apta para calquera tipo de vixilia) nesta Semana Santa: cuarta edición da Festa do pan de Carballo e primeira edición da feira solidaria (PANXEA 2007).

Para o corpo e para o espírito: chocolatada, pan, queimada, produtos do comercio xusto, imaxes de Alejandro Zapico, obradoiros cos Picompé e co novo circo Manazas, documentais "Cabo Verde sabi!!" (Manolo Maseda) e "En tierra prestada" (Alejandro Zapico), música dos Veraneantes, Javi Javichi, son solidario: Raigañas, Batuko Tabanka e Fol de veneno; Turres Band e a gala solidaria co pobo saharaui que contará con Malvela, Fía na roca, Kepa Junkera e todas aquelas persoas que até alí se acheguen.
Lanses (1) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 03-04-2007 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
NOVAS XORNADAS DE LINGUA E LIITERATURA...
DA AS-PG E CIG-ENSINO

Xa está na rede o programa das XVII XORNADAS DE LINGUA E LITERATURA (20 e 21 de abril de 2007, Facultade de Ciencias da Educación -Escola de Maxisterio: avda. Xoán XXII, s/n Santiago de Compostela-)

INSCRICIÓN no 981 576 800 / 981 278 259 ou enviando o formulario de inscrición ao correo formación@cig-ensino.com.

Un programa pensado para a diversidade de profesorado e situación que atopamos nas nosas aulas: novas tecnoloxías, innovación pedagóxica, formación para "opositoras/es" ;-) , dinamización lingüística etc. e algunha que outra actuación estelar:

Algúns dos seminarios:

-Pautas para a elaboración de programación e unidades didácticas de lingua e literatura galegas I e II, por ALFONSO DE LA SANTÍSIMA TRINIDAD, profesor de lingua e literatura.

-Novo currículo de lingua galega e literatura de secundaria. Implicacións e propostas didácticas, por LUCIANO FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, profesor de lingua e literatura.

-Material de lingua galega para o alumnado inmigrante, por MERCEDES ESPIÑO, profesora de lingua e literatura.

-Webquest, cazas do tesouro e viaxes virtuais como recurso didáctico, por XOAN COSTA CASAS, profesor de lingua e literatura galegas e presidente da AS-PG.

-O cómic e o debuxo como ferramentas pedagóxicas por PEPE CARREIRO, debuxante.

Tamén MEDOS ROMERO e JAUREGUIZAR falarán da súa obra, SÉCHU SENDE mostrará o Método de autohipnose para falar galego ademais de contarnos outras historias e textos para traballar o conflito lingüístico,

e moitos outros... de moito proveito




Lanses (0) - Categoría: mareas - Publicado o 02-04-2007 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal